Un aga­sa­llo pa­ra to­da a vi­da

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de la Escuela - - ORIENTACIÓN EDUCATIVA - > Ana T. Jack

Os víncu­los afec­ti­vos se­gu­ros son fun­da­men­tais pa­ra un desen­vol­ve­men­to equi­li­bra­do

« Foi un neno. Chá­ma­se Mar­tín e pe­sa ca­se 3 qui­los e me­dio. A mamá es­tá can­sa­da pe­ro fe­liz». Es­te é a men­sa­xe que en­vía Álvaro aos seus ami­gos ape­nas uns mi­nu­tos des­pois de ter si­do pai por pri­mei­ra vez. Acom­pá­ñao cun­ha fo­to na que se ve ao be­bé ten­ra­men­te dur­mi­do so­bre o pei­to da súa nai, que so­rrí emo­cio­na­da a pe­sar do es­go­ta­men­to tras o par­to. Nes­tes mo­men­tos, o in­de­fen­so be­bé es­tá des­pre­gan­do un me­ca­nis­mo de su­per­vi­ven­cia esen­cial: o ape­go. A tra­vés des­ta con­du­ta ins­tin­ti­va, o neno bus­ca un la­zo afec­ti­vo (nes­te ca­so coa súa nai, que xa sen­te ese ins­tin­to de pro­tec­ción á súa cría des­de o pri­mei­ro mo­men­to) que lle ache­gue se­gu­ri­da­de, pro­tec­ción e coida­dos, tan­to fí­si­cos como emo­cio­nais. E é que o afec­to xo­ga un pa­pel fun­da­men­tal no desen­vol­ve­men­to do ser hu­mano, tan im­por­tan­te como a ali­men­ta­ción, os coida­dos fí­si­cos ou a pro­tec­ción fron­te aos pe­ri­gos. Mar­tín, como o res­to dos be­bés, ten un­ha ar­ma se­cre­ta en grao su­mo po­ten­te coa que atraer aos seus coida­do­res: o pran­to. Con el ase­gú­ra­se de que lle aten­dan, dean pa­ra co­mer, arro­len... Non fa­lla. El, a cam­bio, mos­tra­ra­se tran­qui­lo ou in­clu­so ri­sei­ro can­do as súas ne­ce­si­da­des se ve­xan cu­ber­tas.

A par­tir des­te pri­mei­ro ape­go, Mar­tín vai ir con­so­li­dan­do la­zos afec­ti­vos co seu pai, ir­máns, avós... trans­for­mán­doos e man­tén­doos ao lon­go de to­da a vi­da, o que lle pro­cu­ra­rá gran­des be­ne­fi­cios pa­ra o seu desen­vol­ve­men­to in­te­lec­tual, emo­cio­nal e so­cial.

Con to­do, non sem­pre os be­bés con­se­guen es­ta­ble­cer es­tes víncu­los. No ca­so dos ne­nos non que­ri­dos, aban­do­na­dos, mal­tra­ta­dos... fa­la­mos dun tras­torno do víncu­lo. Sen che­gar a es­tes ex­tre­mos, ho­xe en día a fal­ta de tem­po pa­ra de­di­car aos fi­llos po­de de­bi­li­tar es­tes la­zos afec­ti­vos, o que trae múl­ti­ples pro­ble­mas.

En con­cre­to, es­tas son as consecuencias duns víncu­los afec­ti­vos dé­bi­les ou au­sen­cia de ape­go fir­me en­tre pais e fi­llos:

1. Os pais te­ñen di­fi­cul­ta­des pa­ra in­fluír so­bre o com­por­ta­men­to dos seus fi­llos.

2. A co­mu­ni­ca­ción den­tro da fa­mi­lia é con­fli­ti­va, ca­se inexis­ten­te.

3. A for­ma de ac­tuar dos ne­nos ca­rac­te­rí­za­se po­la des­con­fian­za e o me­do, que en oca­sións se tra­du­ce en con­du­tas agre­si­vas e re­ta­do­ras.

4. Son ne­nos con bai­xa au­toes- ti­ma, que non se sen­ten me­re­ce­do­res do amor in­con­di­cio­nal dos seus pais.

5. O seu ren­de­men­to in­te­lec­tual, as súas re­la­cións so­ciais e o seu be­nes­tar per­soal ven­se se­ria­men­te afec­ta­dos.

6. En moi­tas oca­sións re­pí­ten­se os pa­tróns con­fli­ti­vos no fu­tu­ro con pa­re­llas, fi­llos...

Po­la con­tra, as van­ta­xes de es­ta­ble­cer uns víncu­los afec­ti­vos for­tes e sans cos fi­llos:

1. Fa­ci­li­ta a in­fluen­cia dos pais so­bre os fi­llos.

2. Fo­men­ta as ha­bi­li­da­des de co­mu­ni­ca­ción in­ter­per­soal.

3. Ache­gan con­fian­za, se­gu­ri­da­de nun mes­mo e for­ta­le­za.

4. Con­tri­búen a un­ha au­to­es­ti­ma sa.

5. Axu­da ao desen­vol­ve­men­to afec­ti­vo, so­cial e in­te­lec­tual.

6. Fí­xan­se os ali­cer­ces ne­ce­sa­rios pa­ra fu­tu­ros víncu­los afec­ti­vos se­gu­ros e sans (ami­gos, pa­re­lla, fi­llos...).

O be­bé mos­tra­ra­se in­clu­so ri­sei­ro can­do as súas ne­ce­si­da­des se ve­xan cu­ber­tas

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.