Con­cur­so de Mi­cro­rre­la­tos na Semana da Pren­sa

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de la Escuela - - EL PANEL DE LA 2 -

Fal­tan me­nos de quin­ce días pa­ra a Semana da Pren­sa na Es­co­la así que é un bo mo­men­to pa­ra co­me­zar a deseñar o plan de tra­ba­llo pa­ra esos días. ¿Que vos pa­re­ce­ría par­ti­ci­par no II Con­cur­so de Mi­cro­rre­la­tos de Pren­sa-Es­cue­la? ¿Ani­má­des­vos a crear un con­to bre­ve a par­tir dun­ha no­va do xor­nal? ¡Se­gu­ro que si!

Por se­gun­do ano con­se­cu­ti­vo, o pro­gra­ma de La Voz de Ga­li­cia desen­vol­vi­do po­la Fun­da­ción San­tia­go Rey Fer­nán­dez-La­to­rre pon en mar­cha es­ta ini­cia­ti­va na que a pro­pos­ta é moi sin­xe­la e atrac­ti­va: os par­ti­ci­pan­tes de­ben se­lec­cio­nar un­ha no­va de www.la­voz­de­ga­li­cia.es e, ins­pi­rán­do­se ne­la, es­cri­bir un mi­cro­rre­la­to de non máis de 800 ca­rac­te­res. Trá­ta­se de par­tir da reali­da­de pa­ra che­gar a fic­ción.

O cer­ta­me es­ta­rá aber­to a todos os alum­nos de 5.º e 6.º de Pri­ma­ria, ESO, Ba­cha­re­la­to e For­ma­ción Pro­fe­sio­nal de todos os cen­tros de Ga­li­cia, par­ti­ci­pen ou non no pro­gra­ma Pren­sa-Es­cue­la. Os tex­tos —un má­xi­mo de tres por au­tor— po­de­ran­se pre­sen­tar a par­tir do luns 7 de mar­zo, can­do co­me­za a Semana da Pren­sa. Ese día ta­mén es­ta­rán dis­po­ñi­bles as ba­ses do con­cur­so na web www.pren­saes­cue­la.es pa­ra con­sul­tar to­das as dú­bi­das.

O cer­ta­me desen­vol­ve­ra­se a tra­vés da pá­xi­na en Fa­ce­book de Pren­sa-Es­cue­la ( fa­ce­book/pro­gra­ma­pren­saes­cue­la). Un­ha vez ela­bo­ra­do o tex­to, tan só hai que pre­sen­ta­lo me­dian­te un for­mu­la­rio que se ato­pa­rá na pes­ta­ña Con­cur­so de Mi­cro­rre­la­tos des­ta pá­xi­na. Re­cor­da­de: má­xi­mo 800 ca­rac­te­res, sen con­tar o tí­tu­lo e o en­la­ce da no­ti­cia na que se ins­pi­ra, que ta­mén ha­be­rá que fa­cer cons­tar.

O pra­zo de pre­sen­ta­ción es­ta­rá aber­to do 7 ao 17 de mar­zo e des­pois vi­rán as vo­ta­cións do pú­bli­co ata o 30 de mar­zo. Os se­gui­do­res de Pren­sa-Es­cue­la en Fa­ce­book po­de­rán es­co­ller o seu re­la­to fa­vo­ri­to e vo­tar por el na pá­xi­na do pro­gra­ma na re­de so­cial. A crea­ción que ob­te­ña máis vo­tos se­rá a ga­ña­do­ra dun dos pre­mios do cer­ta­me. O ou­tro ga­lar­dón fa­ra­se pú­bli­co o 6 de abril, nes­tas pá­xi­nas e ta­mén na web www.pren­saes­cue­la.es, e co­rres­pon­de­rá ao mi­cro­rre­la­to se­lec­cio­na­do po­lo xu­ra­do, com­pos­to por xor­na­lis­tas e es­cri­to­res. Xa po­des co­me­zar a pen­sar...

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.