Pre­gun­tas e res­pos­tas so­bre a Semana da Pren­sa na Es­co­la

A pri­mei­ra Semana da Pren­sa na Es­co­la ce­le­brou­se en Ga­li­cia en abril de 1989. O vin­dei­ro luns ini­cia­re­mos a vi­xé­si­ma oi­ta­va

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de la Escuela - - EL PANEL DE LA - > Je­sús Ga­rri­do | jgs@re­pe­du­ca­dor.com

¿Por que tan­to em­pe­ño na ac­tua­li­da­de?

O pro­gra­ma es­co­lar, di­se, es­ta­blé­ce­se so­bre a apren­di­za­xe de es­tru­tu­ras que sir­van pa­ra un­ha aná­li­se da reali­da­de que xa foi ou vai ser no fu­tu­ro. As ma­te­má­ti­cas, as cien­cias, a his­to­ria, a li­te­ra­tu­ra, a ar­te, a xeo­gra­fía fí­xa­se nos ma­pas fei­tos, nos ca­dros col­ga­dos, nas le­tras no­bel, nas xes­tas his­tó­ri­cas com­ple­ta­das, nos ex­pe­ri­men­tos lo­gra­dos, nos números apli­ca­dos a reali­da­des xa vi­vi­das. A ac­tua­li­da­de é mu­tan­te ca­da día e rom­pe a quie­tu­de da es­co­la tran­qui­la. ¿Que che pa­re­ce?

Res­pos­ta: Pa­ra iso creou­se La Voz de la Es­cue­la en 1982, un suplemento se­ma­nal que ten por ob­xec­ti­vo ser un bu­ci­na­zo pa­ra dar­nos con­ta ca­da mér­co­res, a me­ta­de de semana, que nin un día máis só o li­bro po­de ser o ei­xo e re­cur­so úni­co de apren­di­za­xe. O suplemento re­cla­ma, pois, a ac­tua­li­da­de na au­la e eli­xe, como pre­mio, no­ti­cias que sem­pre po­den ser pró­xi­mas e te­ñen a súa hon­ra e ca­bi­da so­bre o pu­pi­tre.

¿Por que, pre­ci­sa­men­te, co xor­nal na es­co­la?

¿Non ten si­tio a te­le, a ra­dio, o mó­bil no­vo de al­tas ca­pa­ci­da­des? Adoi­ta di­cir­se que a te­le se ve e vai­se, a ra­dio óe­se e se mu­da, e o mó­bil fái­se­nos pe­queno pa­ra tí­tu­los gor­dos, tex­tos am­plos e fo­tos ao gran­de.

Non hai pan­ta­lla tan vi­si­ble como un xor­nal aber­to que des­bor­da in­clu­so, a do­bre pá­xi­na, o plano do pu­pi­tre en­tei­ro. E, ade­mais, nin a ra­dio nin a te­le te­ñen vol­ta atrás nin se po­de lo­grar con eles o avan­ce rá­pi­do do ollar so­no­ro e zig­za­guean­te nas pá­xi­nas pe­rió­di­cas. ¿Que opinas?

Res­pos­ta: ¿O xor­nal na es­co­la? A idea bá­si­ca foi, des­de sem­pre, tra­ba­llar co xor­nal na au­la. É de fá­cil ac­ce­so e lec­tu­ra, vai moi ben e en con­so­nan­cia co li­bro es­cri­to, coa maio­ría de re­cur­sos que a es­co­la con­ta­ba des­de en­tón pa­ra o desen­vol­ve­men­to do seu pro­gra­ma. Ade­mais, por­que o xor­nal non é in­que­do, es­tá aí, non se vai, nel bús­ca­se e re­bús­ca­se a no­ti­cia, re­cór­ta­se, pé­ga­se.

E, so­bre to­do, por­que o xor­nal non é, sen máis, un­ha lis­ta de no­ti­cias, se­nón o froi­to dun pen­sa­men­to co seu des­ta­que en tí­tu­los, am­pli­tu­de de pá­xi­nas, tex­tos de opi­nión, grá­fi­cos, po­de con­tras­tar­se con ou­tros me­dios e axu­da dese mo­do ao desen­vol­ve­men­to do sen­ti­do crí­ti­co nos alum­nos.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.