¿A no­ti­cia é un va­lor en­ga­di­do á apren­di­za­xe?

Moi ben. Pe­ro ¿que é un va­lor? En pri­mei­ra pá­xi­na vi­mos ho­xe en que con­sis­te en­ga­dir va­lor á apren­di­za­xe e as tres claves es­pe­ciais pa­ra lo­gra­lo: ope­ra­cións pla­ni­fi­ca­das, trans­for­ma­ción en bens e ser­vi­zos, apli­ca­ción de pro­ce­de­men­tos. Ago­ra ofre­ce­mos es­te

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de la Escuela - - NEWS -

O va­lor im­pos­to non é va­lor. A non ser por un­ha de­sas ra­ras coin­ci­den­cias de que al­guén que­re im­por­che al­go que a ti, por ou­tra ban­da, che ape­te­ce de ver­da­de. Pe­ro a pa­la­bra «im­po­si­ción» ten nor­mal­men­te un sen­ti­do con­tra­rio a li­ber­da­de. Por iso, os que vi­ven de im­pos­tos non vi­ven en li­ber­da­de. A non ser —e xo­gan­do coa pa­la­bra de fa­cen­da pú­bli­ca— que ve­xan cer­ta­men­te os im­pos­tos como un exer­ci­cio xus­to, aín­da que cus­to­so, do ci­da­dán li­bre. Aquí re­fe­rí­mo­nos a esa ou­tra im­po­si­ción de va­lo­res que nos to­ca vi­vir a todos. A li­ber­da­de con­sis­te, en de­fi­ni­ti­va, no exer­ci­cio da ca­pa­ci­da­de de to­mar de­ci­sións en por si: un mes­mo é quen eli­xe e non va­le o que ou­tro tra­te de im­por os seus pro­pios va­lo­res.

PIS­TA 2: AL­TER­NA­TI­VAS

É ca­se con­se­cuen­cia da pis­ta an­te­rior: se es li­bre é que es­co­lli­ches. E, se es­co­lles, é que ti­ve­ches al­ter­na­ti­vas. Pe­ro aquí o de al­ter­na­ti­vas ten ex­pre­sa­men­te un sen­ti­do máis am­plo e po­si­ti­vo: trá­ta­se de que exis­tan real­men­te di­ver­sas op­cións, de que un se­xa ca­paz de con­si­de­ra­las e, en con­se­cuen­cia, de to­mar o que máis con­vén. Esa ca­pa­ci­da­de de se­lec­ción su­pón que a per­soa é ca­paz de rea­li­zar con cer­ta ma­du­rez es­tes pa­sos: re­co­lli­da de da­tos sig­ni­fi­ca­ti­vos en ca­da al­ter­na­ti­va; diag­nós­ti­co ob­xec­ti­vo de ca­da al­ter­na­ti­va, ana­li­zan­do ben as im­pli­ca­cións do te­ma; re­qui­re, xa que lo­go, un co­ñe­ce­men­to de si mes­mo; sa­ber o que se to­ma e o que se dei­xa.

PIS­TA 3: CONSECUENCIAS

As consecuencias, vi­vir as consecuencias, é como un­ha pro­ba de lu­me pa­ra ver se de ver­da­de se tra­ta dun va­lor ou non. Ás ve­ces pó­den­se pre­ver as consecuencias: sa­ber de ver­da­de on­de se vai e que nos vai su­ce­der coa elec­ción fei­ta. Pe­ro ás ve­ces, non. Se­xa por fal­ta de ca­pa­ci­da­de na me­di­ción ou por­que non se tra­ta dun ver­da­dei­ro va­lor. En reali­da­de, por máis que se mi­dan as consecuencias, na­da hai como pa­de­ce­las. Ve­ra­se de ver­da­de de que se tra­ta. Se a cou­sa e o en­tu­sias­mo se­guen adian­te, tal­vez se tra­ta dun va­lor. Se se ce­de fa­cil­men­te, só se fa­la­ba dun­ha ilu­sión. O va­lor é fir­me, pren­de for­te­men­te, non se vai con fa­ci­li­da­de: so­fre o ven­to, a ca­lor e o frío. Per­ma­ne­ce.

PIS­TA 4: SA­TIS­FAC­CIÓN

Se­gu­ra­men­te se tra­ta dun­ha das pis­tas máis de­li­ca­das e me­nos si­na­la­das, que ás ve­ces pro­du­ce un cer­to ru­bor. O va­lor al­can­za­do pro­du­ce sa­tis­fac­ción, acen­de emo­cións. Can­do non se ten, o cor­po es­tá tris­te, cre­cen as en­gu­rras. Pe­ro can­do se al­can­za, o ce­re­bro dei­xa de se­gre­gar mor­fi­na su­ple­to­ria: a pre­sen­za do va­lor desexa­do ilu­mí­nao to­do. E é que o au­tén­ti­co va­lor co­bre ne­ce­si­da­des vi­tais, fi­sio­ló­xi­cas, de es­ti­ma, de per­ten­za, de afec­to. Os va­lo­res que non ale­gran o co­ra­zón han de ser re­exa­mi­na­dos como ta­les. No en­tan­to, o pra­cer fí­si­co que adoi­ta pro­por­cio­nar un va­lor non es­tá ri­fa­do con ho­ras du­ras e amar­gu­ras po­las que o su­xei­to te­rá que pa­sar.

PIS­TA 5: PU­BLI­CI­DA­DE

A ale­gría de ob­ter e desen­vol­ver un va­lor eli­xi­do, se­lec­cio­na­do, con­se­cuen­te, ama­do... non se po­de aguan­tar den­tro, en se­gre­do: ¡vái­se­che no­tar! Va­lo di­cir por rúas e pra­zas e van­se a de­ca­tar de ver­da­de todos can­tos che ro­dean. Con­ver­té­mo­nos en­tón nun coadoi­ro fa­lan­te. Ape­nas se ini­cia un­ha con­ver­sa­ción, xa es­tá o te­ma so­bre a me­sa, ca­se sen dar­nos con­ta; so­bre to­do, can­do apa­re­ce un tem­po li­bre: bús­ca­se, es­trá­ña­se o fa­lar di­so. Non ha de con­fun­dir­se o «va­lor»,que es­tá de fon­do, e a ma­te­ria de con­ver­sa­ción usual. Pe­ro dás­te con­ta en­se­gui­da de que aque­la per­soa bus­ca co­mu­ni­car al­go, com­par­ti­lo dal­gun­ha for­ma in­sis­tir ni­so.

PIS­TA 6: AC­CIÓN

Ou­tra boa pis­ta é a ac­ción. O va­lor eli­xi­do non que­da que­do. Non di «eu fa­ría». Pon­se en­se­gui­da en di­ná­mi­ca. Res­pon­de rá­pi­do a pre­gun­tas ta­les como: ¿on­de?, ¿can­do?, ¿que, canto, por que? E é que un­ha cou­sa é fa­lar da fi­lo­so­fía dos va­lo­res, pre­di­car so­bre eles e ou­tra, moi dis­tin­ta, o te­los. Os fi­ló­so­fos pen­san, os psi­có­lo­gos es­cu­dri­ñan, pe­ro os pro­pie­ta­rios de va­lo­res son esen­cial­men­te exe­cu­ti­vos. Os que se pasan o día fa­lan­do so­bre o bo­ni­to que se­ría fa­cer is­to ou aqui­lo, van­ta­xes, in­con­ve­nien­tes... non es­tán a fa­lar de va­lo­res. O va­lor é di­ná­mi­co. Pon en fun­ción á per­soa en­tei­ra.

PIS­TA 7: RE­PE­TI­CIÓN

Quen ama al­go vol­ve. A re­pe­ti­ción é un signo cons­tan­te de que un va­lor exis­te e se mo­ve ca­ra á per­fec­ción do mes­mo. Fa­la­mos da re­pe­ti­ción non como a mo­no­to­nía, se­nón como pra­to de bo gus­to ao que vol­ves sem­pre que tes oca­sión. «¿Un pou­co máis?», di a se­ño­ra da ca­sa. «Bo, se se em­pe­ña». Iso: re­pe­tir por­que che gus­ta. E re­pe­tir ta­mén por­que coa re­pe­ti­ción (non coa mo­no­to­nía) as cou­sas e as per­soas che­gan a me­llor ter­mo. Os re­pe­ti­do­res, nes­te sen­ti­do ac­ti­vo, che­gan de ver­da­de a ser ex­per­tos: co­ñe­cen moi ben de que vai o asun­to.

MÓ­NI­CA FERREIRÓS

Gon­za­lo Ma­cei­ra, que con­ver­teu os Fu­rious Mon­key Hou­se en al­go máis ca un­ha no­ti­cia, é a ca­ra das consecuencias de vi­vir un va­lor

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.