Can­do Chi­na os ex­ter­mi­nou

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de la Escuela - - NEWS -

En 1958 o pre­si­den­te de Chi­na Mao Tse-tung de­ci­diu con­ver­ter ao seu país en po­ten­cia in­dus­trial mun­dial. Pa­ra iso pu­xo en mar­cha di­ver­sas cam­pa­ñas que mo­bi­li­za­rían a to­da a po­boa­ción. Un­ha de­las con­sis­tía en eli­mi­nar ao que el con­si­de­ra­ba as ca­tro gran­des pra­gas da agri­cul­tu­ra: ra­tos, mos­cas, mos­qui­tos e... par­dais mon­te­ses, un­ha es­pe­cie que ta­mén te­mos aquí, e aos que se acu­sa­ba de de­vo­rar os grans de ce­real en can­ti­da­des asom­bro­sas.

Se­gun­do o pro­pio Mao, «os par­dais son inimi­gos da re­vo­lu­ción, có­men­se as no­sas co­llei­tas, má­te­nos. Nin­gún gue­rrei­ro re­ti­ra­ra­se ata erra­di­ca­los, te­mos que per­se­ve­rar coa te­na­ci­da­de do re­vo­lu­cio­na­rio».

Meu di­to meu fei­to. A ma­tan­za foi tan efi­caz que en pou­co tem­po ape­nas que­da­ban par­dais na­quel país. E iso que uns ornitólogos ad­ver­ti­ran ti­mi­da­men­te que o seu ali­men­to son so­bre to­do os in­sec­tos. O re­sul­ta­do foi que moi­tos deses in­sec­tos ce­le­bra­ron nas co­llei­tas de Chi­na un fes­tín tan ex­tra­or­di­na­rio que con­de­na­ron ao país á fa­me. A pra­ga de la­gos­tas, sal­tóns ou gur­gu­llos foi te­rri­ble e du­rou tres anos.

Ig­nó­ra­se can­tas per­soas mo­rre­ron por ese mo­ti­vo, pe­ro o seu nú­me­ro es­tí­ma­se en va­rios mi­llóns. Pou­co des­pois o pro­pio Mao, sen que­rer re­co­ñe­cer o seu erro, li­mi­tou­se a or­de­nar: «Es­qué­za­nos». E ao mes­mo tem­po pe­diu axu­da á Unión So­vié­ti­ca, des­de on­de se en­viou con ur­xen­cia a Chi­na un car­ga­men­to se­cre­to de 200.000 par­dais pa­ra em­pe­zar a re­po­boar os cam­pos. Ho­xe a ca­za de par­dais es­tá per­se­gui­da alí con cas­ti­gos moi se­ve­ros.

LIP KEE

A ca­ra­pu­cha par­da ca­rac­te­ri­za o par­dal mon­tés

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.