¿Que lle su­ce­de ao par­dal?

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de la Escuela - - NEWS -

Por iso no Reino Uni­do,hai xa uns anos, un xor­nal como es­te ofre­ceu un­ha cuan­tio­sa re­com­pen­sa a quen fo­se ca­paz de des­cri­bir os mo­ti­vos da des­apa­ri­ción des­te pa­xa­ro en Lon­dres, on­de a súa po­boa­ción di­mi­nuíu de tal xei­to que ho­xe é moi di­fí­cil ato­par­se un des­tes pa­xa­ros. Máis re­cen­te­men­te, di­ver­sos es­tu­dos en Fran­cia, Ale­ma­ña ou a Re­pú­bli­ca Che­ca acla­ra­ron un pou­co máis o que su­ce­de. Imos sa­ben­do así que ao par­dal aféc­tan­lle va­rios pro­ble­mas á vez: a es­ca­se­za de in­ver­te­bra­dos pa­ra ali­men­tar­se a cau­sa do abu­so de in­sec­ti­ci­das, a ca­ren­cia de lu­ga­res nos que aniñar nos edi­fi­cios mo­der­nos, o ruí­do am­bien­tal ur­bano, a con­ta­mi­na­ción pro­vo­ca­da po­los vehícu­los e in­clu­so as an­te­nas de te­le­fo­nía mó­bil. Dos ni­ños ins­ta­la­dos xun­to a es­tas che­gan como me­dia a voar me­nos pi­tos.

¿E que po­de­mos fa­cer? Pa­ra em­pe­zar, ser cons­cien­tes da súa pre­sen­za. Ou o que é o mes­mo: pres­tar­lles aten­ción. Ao seu xei­to, son os no­sos sen­ti­ne­las. In­dí­can­nos se al­go vai mal. Por sor­te, pa­re­ce que po­lo mo­men­to en Ga­li­cia a súa po­boa­ción é es­ta­ble. O úni­co xei­to que te­mos de ase­gu­rar­nos de que lles se­gue in­do ben, e xa que lo­go ta­mén a nós, é non per­de­los de vis­ta.

M. MORALEJO

A fal­ta de lu­ga­res on­de aniñar in­flúe na des­apa­ri­ción do par­dal

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.