O aco­so es­co­lar na li­te­ra­tu­ra infantil e xu­ve­nil

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de la Escuela - - LITERATURA - > Juan Jo­sé La­ge Fer­nán­dez www. dic­cio­na­rio­lij.es

Un­ha es­col­ma dos me­llo­res tí­tu­los que abor­dan un dos gran­des pro­ble­mas da es­co­la ac­tual

O problema do bull­ying, ou aco­so es­co­lar, non é na­da no­vo, por máis que ago­ra te­ña no­me en in­glés. Xa, por exem­plo, na no­ve­la pi­ca­res­ca La vi­da del buscón lla­ma­do don Pablos (1626), de Francisco de Que­ve­do, o pro­ta­go­nis­ta lem­bra, anos des­pois, o es­tu­dan­te no­va­to o que os seus com­pa­ñei­ros en­che­ron de es­ga­llos: «Vin que se me apa­re­lla­ban gar­ga­llos e pu­xé­ron­me ne­va­do de pés a ca­be­za». Ou que se viu en­vol­to na ba­ta­lla na­bal que re­la­ta un­ha obra con con­ti­nuas ape­la­cións ao es­ca­to­ló­xi­co.

O que su­ce­de ago­ra é que o problema to­mou vi­si­bi­li­da­de nos me­dios, a par­tir do sui­ci­dio do mo­zo vasco Jo­kin o 21 de se­tem­bro de 2004, que non so­por­tou o cons­tan­te aco­so dal­gúns com­pa­ñei­ros. Ou os máis re­cen­tes de Aran­cha, de 16 anos, e de Die­go, de 11, no 2015.

Ho­xe trae­mos al­gún li­bros pa­ra re­fle­xio­nar so­bre o pro­ble­mas e que po­den axu­dar o lec­tor a con­so­li­dar a súa au­to­es­ti­ma, dán­do­lle pau­tas pa­ra ac­tuar. É o que se co­ñe­ce como psi­co­li­te­ra­tu­ra. O pro­fe­sor fran­cés Marc Soriano afir­ma que «tal­vez se­ría abu­si­vo con­si­de­rar a lec­tu­ra como te­ra- pia, pe­ro hai cer­tos li­bros que po­den axu­dar aos ado­les­cen­tes a su­pe­rar o es­ta­dio da amargura e a re­vol­ta vio­len­ta». So­bre o te­ma hai abun­dan­te bi­blio­gra­fía, po­lo que co­men­ta­mos al­gúns dos que cree­mos máis re­pre­sen­ta­ti­vos.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.