¿Y SI ME DE­FIEN­DO?

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de la Escuela - - LITERATURA -

ELISABETH ZÖLLER Ede­bé, Bar­ce­lo­na, 1996 Tra­du­ción de Her­mi­nia Dauer Ilus­tra­cións de Pe­tra Stein­me­yer

A par­tir de 9 ANOS

Kris­si vai a quin­to cur­so, é bai­xi­ño e con len­tes e al­gúns alum­nos maio­res que el lle in­sul­tan: bi­be­rón, chupete, por­co, so­plón... Che­gan a bai­xar­lle os pan­ta­lóns. Tras un­ha agre­sión no pa­tio, Kris­si en­cé­rra­se uns días na ca­ba­na da árbore e é o seu ami­go Olaf quen o con­ven­ce de vol­ta a ca­sa.

Estamos an­te o pri­mei­ro li­bro que tra­ta a te­má­ti­ca de xei­to realista e tal­vez un dos que me­llor a abor­dan. Pro­fun­da moi ben nas cau­sas e consecuencias do problema, na res­pon­sa­bi­li­da­des de todos, des­de pais a mes­tres, e re­flic­te os trau­mas po­los que pasan as ví­ti­mas: o me­do, a per­da de au­to­es­ti­ma (ao prin­ci­pio Kris­si mí­ra­se ao es­pe­llo e non se gus­ta, pe­ro ao fi­nal «gús­ta­lle o mo­zo do es­pe­llo»). Ou o que le­va aos ver­du­gos a aco­sar: «Eu só desexa­ba sen­tir­me su­pe­rior por un­ha vez», de­cla­ra un de­les. En­tre li­ñas, in­si­núa­se a in­fluen­cia da te­le­vi­sión e in­clu­so dá pau­tas ao lec­tor de como ac­tuar: non ca­lar, se valente...

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.