Par­vos por un día

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de la Escuela - - >> PALABRAS - > Mon­cho Nú­ñez Cen­te­lla

ado que o Día dos (San­tos) Inocen­tes sem­pre nos coin­ci­de en va­ca­cións, e por­que nes­te ca­so es­tou se­gu­ro de que un día ao ano non só non fai dano, se­nón que po­de ser moi be­ne­fi­cio­so, pro­po­ño fes­te­xar des­de a es­co­la e co­mo se me­re­ce o día dos en­ga­nos ou día dos par­vos. Sen me­do. Non es­que­za­mos que, se­gun­do Agus­tín de Hi­po­na, «un­ha vez ao ano é lí­ci­to fa­cer to­le­mias». To­do se­xa por ver se tal ce­le­bra­ción ser­ve co­mo ino­cu­la­ción pre­ven­ti­va, de mo­do que poi­da­mos es­que­cer pa­ra o res­to do ano as no­ti­cias arreo pro­ta­go­ni­za­das por to­dos os tra­pa­llei­ros, men­ti­rei­ros, fa­chen­do­sos, cha­fu­llei­ros, ra­ño­sos e gaio­lei­ros que es­tán to­do arre­dor de nós. Por­que o no­so pro­ble­ma é que to­dos os días per­diz, can­sa, e is­to de que nos to­men aco­tío por par­vos, ta­mén po­de re­sul­tar es­go­ta­dor. Ou se­xa que ¡a va­ci­nar­se!

Por se al­guén ne­ce­si­ta de con­tex­to, sái­ba­se que na in­men­sa maio­ría dos paí­ses eu­ro­peos o día pri­mei­ro de abril adói­ta­se ce­le­brar fes­ti­va­men­te a prác­ti­ca de chan­zas e en­ga­nos ou o dar no­ti­cias fal­sas (máis ou me­nos ino­cuas) pa­ra me­dir e go­zar o grao de inocen­cia dos de­mais. Is­to mes­mo ca­se­que to­do o mun­do his­pa­no­fa­lan­te fai o 28 de de­cem­bro coa prác­ti­ca das inocen­ta­das. A ví­ti­ma sem­pre é o par­vo, que ten o seu pa­ra­dig­má­ti­co equi­va­len­te ani­mal no bu­rro. O re­frán con­cré­tao des­ta for­ma: o pri­mei­ro de abril van os bu­rri­cáns on­de non de­ben ir; iso tras ter si­do en­ga­na­dos. Co­mo o te­ma ten a súa en­xun­lla, o no­so re­fra­nei­ro in­sis­te, pe­ro iro­ni­zan­do con ma­ti­ces: vén de par­vo e foi de bu­rro.

O ter­mo que nos ocu­pa é an­ti­go no idio­ma ga­le­go e des­de hai sécu­los uti­lí­za­se pa­ra cua­li­fi­car a quen é le­lo, ou al­go bo­bo. O pa­dre Sar­mien­to, a me­dia­dos do XVIII, dei­xou es­cri­to que en Ga­li­cia cha­ma­mos así aos «inocen­tes gran­des». Aín­da que en cas­te­lán par­vo non é ou­tra cou­sa que pe­queno, e é pa­la­bra da que de­ri­van par­vu­li­ños e to­das as par­vu­le­ces, in­cluín­do a pár­vu­la bo­ca que sen­do tan ne­na en­si­nou a pe­car a Luz Ca­sal, en ga­le­go non ten ese sen­ti­do, aín­da que tal­vez o no­so bi­lin­güis­mo sir­va pa­ra fun­dir en par­te am­bos os sig­ni­fi­ca­dos e ache­gar o to­que com­pre­si­vo que igua­la par­vo con inocen­te. Dos que caen nun­ha ca­ro­ca di­ci­mos que pi­can e xa o si­na­la ou­tro re­frán: co en­ga­do có­llen­se os pei­xes e en­gá­nan­se os par­vos. Mi­ra por on­de, es­ta fes­ta do pri­mei­ro de abril en Fran­cia co­ñé­ce­se co­mo Pois­sons d’Avril (os pei­xes de abril) e en Ita­lia, Pes­ce d’Apri­le. Os paí­ses an­glo­sa­xóns son ab­so­lu­ta­men­te di­rec­tos á ho­ra de no­mear es­te día, e con­cré­tano en April Fool’s Day.

Pa­ra in­sis­tir en que pa­ra pa­sar por par­vos bas­ta cun día, re­cor­de­mos que des­te te­ma exis­te un­ha pers­pec­ti­va amar­ga, co­mo se evi­den­cia na ima­xe dos Ca­pri­chos de Go­ya que re­la­cio­na os bo­bos de ca­pi­ro­te coa In­qui­si­ción, ou in­clu­so na Ora­ción po­los par­vos, on­de Cel­so Emi­lio Fe­rrei­ro es­cri­biu: «Se­ñor Deus, ten pie­dá dos pro­bes par­vos/ que non sa­be­mos ren de xeometría/ i em­bo­ba­dos na mú­si­ca ce­les­te/ es­que­ce­mos a fór­mu­la/ do bi­no­mio de New­ton». O poe­ta de Ce­la­no­va la­men­tá­ba­se do dra­ma das dúas cul­tu­ras e de quen des­de al­gun­ha cá­te­dra cien­tí­fi­ca ta­chan de par­vos aos que vi­ven á mar­xe das súas ecua­cións; pe­ro ta­mén o fa­ría dou­tros, que, des­de di­fe­ren­tes cá­te­dras, es­que­ce­ron que na en­tra­da da aca­de­mia de Pla­tón un avi­so di­cía «Aquí non entra nin­guén que non sai­ba xeometría». Na­da no­vo. Xa un sécu­lo e me­dio an­tes, Pi­tá­go­ras so­ña­ra aqui­lo da mú­si­ca ce­les­te, e esa idea sé­gue­nos va­len­do pa­ra re­cor­dar que as ma­te­má­ti­cas, a as­tro­no­mía e a cien­cia non han de se­pa­rar­se da mú­si­ca e de­mais ar­tes en re­la­ción coas mu­sas. Por­que, se o fa­ce­mos, se­re­mos par­vos. E o que é peor, se­rá por máis dun día.

Francisco de Go­ya de­bu­xou­nos a ver­ten­te máis cruel da bur­la. A In­qui­si­ción obri­ga­ba aos acu­sa­dos dal­gún de­li­to a le­var un ca­pa­ru­cho na ca­be­za, o que lles con­ver­tía en ob­xec­to do es­car­nio pú­bli­co, de mo­do que to­dos se rían do «bo­bo de ca­pa­ru­cho». Os te­mas prin­ci­pais dos «Ca­pri­chos» son «os em­bus­tes vul­ga­res au­to­ri­za­dos po­lo cos­tu­me, a ig­no­ran­cia ou o in­tere­se»

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.