Tros­qui, o Ha­chi­ko ga­le­go

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de la Escuela - - PROGRAMA PRENSA-ESCUELA -

Lem­bro que es­ta­ba moi con­ten­to. Ia­mos no co­che Xoán, Lúa e eu. El con­du­cía e ela le­vá­ba­me dian­te, en­tre as súas per­nas. A ra­pa­za non dei­xou de aca­ri­ñar­me en to­da a via­xe, de can­do en vez caía­lle al­gun­ha bá­goa. Gus­ta­ría­me po­der pre­gun­tar­lle por­que cho­ra­ba nun día tan bo­ni­to. Es­ta­ba­mos na es­tra­da da An­lla­da can­do o vehícu­lo se de­ti­vo, Lúa abriu a por­ta e eu saín. Agar­dei a que eles fi­xe­sen o mes­mo, mais uns se­gun­dos des­pois a por­ta pe­chou­se de no­vo e o co­che mar­chou. Sen­tei­me a agar­dar a súa vol­ta. Can­do o sol co­me­zou a po­ñer­se de­ci­dín re­fu­xiar­me nun­has ár­bo­res pre­to de alí. Sen­tín frío aque­la noi­te, o meu abun­dan­te pe­lo cor ma­rrón non con­se­guiu dar­me a ca­lor su­fi­cien­te. Así foi du­ran­te as lon­gas noi­tes des­tes ca­tro anos. Si­go aquí, agar­dan­do, por­que sei que al­gún día vol­ve­rán por min.

Ma­ría San­tia­go Ma­re­que

IES Por­to do Son (1º ba­chi­lle­ra­to) Por­to do Son

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.