As aves do ba­rro

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de la Escuela - - MEDIO AMBIENTE - > An­to­nio San­do­val Rey asan­do­val­rey@gmail.com

A an­do­ri­ña de cu bran­co, eli­xi­da po­la So­cie­da­de Ga­le­ga de Or­ni­to­lo­xía ave do ano 2015, em­pe­zou a che­gar des­de Áfri­ca tra­lo in­verno. As súas co­lo­nias es­tán a di­mi­nuír en moi­tas lo­ca­li­da­des

O pri­mei­ro que ven na­da máis rom­per a cas­ca é ba­rro. As pa­re­des de ba­rro do seu es­trei­to ni­ño. Os seus pais fa­bri­cá­rono de­bai­xo dun­ha cor­ni­xa, un­ha te­rra­za, un­ha ga­le­ría ou un bei­ra­do. Uti­li­za­ron pe­que­nos gru­mos de ba­rro re­co­llei­tos en cal­que­ra char­ca ou hu­midal das pro­xi­mi­da­des, que lo­go re­for­za­ron con her­bas se­cas e pa­llas. Eses gru­mos fun­cio­nan co­mo mi­núscu­los la­dri­llos de ado­be que, postos uns so­bre ou­tros e se­ca­dos á luz do sol, ter­mi­nan por pa­re­cer­se a un­ha cun­ca. O re­sul­ta­do fi­nal é moi du­ro, co­mo un­ha ce­rá­mi­ca ben for­nea­da. E a súa en­tra­da, si­tua­da na par­te su­pe­rior, tan pe­que­na que pa­re­ce in­cri­ble que poi­dan ca­ber por ela.

Des­de esa en­tra­da ché­ga­lles os po­li­ños a pri­mei­ra luz que co­ñe­cen. Pa­san os pri­mei­ros días da súa vi­da co­mo­da­men­te ins­ta­la­dos nun ber­ce de plu­mas e her­ba se­ca. Son en­tre tres e seis ir­máns. É a nai quen se en­car­ga da súa ali­men­ta­ción a pri­mei­ra se­ma­na. Lo­go xa a axu­da o pai, e con fre­cuen­cia al­gún fi­llo de am­bos dun­ha po­la­da an­te­rior. Dar de co­mer a tan­tas bo­qui­ñas fa­men­tas é es­go­ta­dor. Ata que, aos 19 días de na­cer, o pri­mei­ro voan­tón aníma­se a aso­mar­se ao ex­te­rior e sal­tar fó­ra de for­ma de­fi­ni­ti­va. Os máis pre­gui- cei­ros tar­dan 25 días. Pa­ra en­tón as súas plu­mas xa es­tán en per­fec­tas con­di­cións pa­ra voar.

Apren­den rá­pi­do a do­mi­nar o ai­re. E a ca­zar os pe­que­nos in­sec­tos ala­dos, que son o seu ali­men­to. Van­se in­de­pen­di­zan­do. In­té­gran­se en cua­dri­llas de mo­zos ca­da vez máis nu­me­ro­sas. A par­tir de agos­to, nal­gúns lu­ga­res reúnen­se por cen­tos, a miú­do pou­sa­dos nos ca­bles da luz. Xa pal­pi­ta nos seus pe­que­nos co­ra­zóns a cha­ma­da de Áfri­ca. Pou­co des­pois co­me­za a súa via­xe ca­ra ao sur. Os seus maio­res tar­dan pou­co en se­guir­lles. Van dei­xan­do atrás o seu lu­gar de na­ce­men­to. Voan pri­mei­ro, co­mo tan­tas ou­tras aves, ca­ra ao es­trei­to de Xi­bral­tar. Fano so­bre to­do de día. Lo­go te­ñen que cru­zar pri­mei­ro o de­ser­to do Saha­ra. E des­pois gran­des ex­ten­sións tro­pi­cais e sal­va­xes.

DES­TINO AFRI­CANO

O des­tino in­ver­nal da maio­ría é o oes­te e sur de Áfri­ca. En oca­sións voan moi al­to pa­ra cap­tu­rar as nu­tri­ti­vas nu­bes de mos­qui­tos e mos­cas do ve­rán aus­tral. Che­gou­se a ato­pa­los in­clu­so a 2.500 me­tros ceo arri­ba. Per­ma­ne­cen alí ata xa­nei­ro. O que ne­se mes pal­pi­ta nos seus co­ra­zóns é a cha­ma­da de Eu­ro­pa. Así que par­ten de vol­ta. Sa­ben moi ben on­de van.

As an­do­ri­ñas de cu bran­co nun­ca es­que­cen a súa ca­sa de ba­rro. As aves adul­tas vol­ven a miú­do exac­ta­men­te ao seu ni­ño do ano an­te­rior. Che­gan a el a par­tir de mar­zo, pe­ro so­bre to­do en abril. Se non es­tá on­de o dei­xa­ron, por­que caeu ou foi de­rru­ba­do, fa­bri­can un no­vo. Se es­tá un pou­co de­te­rio­ra­do, fan os arran­xos ne­ce­sa­rios. E en pou­co tem­po pon­se a criar. Os mo­zos bus­can pa­re­lla e cons­trúen o seu pro­pio fo­gar. O seu ins­tin­to di­lles co­mo fa­ce­lo.

Con­vér­ten­se así, ou­tra pri­ma­ve­ra máis, nal­gúns dos ve­ci­ños máis vis­to­sos de moi­tos po­bos e al­gun­has ci­da­des. Vis­to­sos, por­que os seus tri­nos en­chen as rúas e pra­zas de alí on­de te­ñen as súas maio­res co­lo­nias. Ne­las os ni­ños de ba­rro apér­tan­se uns con ou­tros igual que cha­lés aca­roa­dos. A súa pre­sen­za é un­ha ale­gría pa­ra moi­tas per­soas que, ade­mais de go­zar dos seus voos, son cons­cien­tes de co­mo nos axu­dan: as an­do­ri­ñas de cu bran­co son os me­llo­res in­sec­ti­ci­das que exis­ten. Can­tos máis ha­xa, máis bai­xo con­trol es­ta­rán mos­cas e mos­qui­tos.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.