Os ani­mais máis pe­que­nos no úl­ti­mo fil­me en 3D da Do­mus

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de la Escuela - - PORTADA -

A no­va pe­lí­cu­la do cine 3D da Do­mus é un­ha aven­tu­ra de pro­por­cións des­co­mu­nais

Pe­que­nos xi­gan­tes re­vé­la­nos as asom­bro­sas vi­das dos ani­mais máis pe­que­nos, a tra­vés de in­ten­sos efec­tos tri­di­men­sio­nais que ofre­cen un­ha gran sen­sa­ción in­mer­si­va. O pú­bli­co sén­te­se trans­por­ta­do a ou­tro mun­do e ex­pe­ri­men­ta a des­co­mu­nal ba­ta­lla des­tas pe­que­nas cria­tu­ras pa­ra so­bre­vi­vir.

Un es­quío lis­ta­do nun bos­que e un ra­to sal­tón nun deserto de Ari­zo­na co­me­zan a vi­vir a súa vi­da por si mes­mos, e ra­pi­da­men­te ven­se ex­pos­tos a múl­ti­ples desafíos pa­ra so­bre­vi­vir. En­fron­tán­do­se con ri­vais ex­pe­ri­men­ta­dos e enor­mes pre­da­do­res, o no­so pe­queno es­quío ha de bus­car a for­ma de re­unir su­fi­cien­tes lan­dras pa­ra pa­sar o in­verno. E, na­da máis ter dei­xa­do o seu fo­gar, o no­so ra­to sal­tón ve­se arras­tra­do por un­ha co­rren­te de au­ga. Ne­ce­si­tan apren­der es­tra­te­xias de su­per­vi­ven­cia e ato­par así o seu pro­pio ca­mi­ño no bos­que e no deserto pa­ra che­gar a ser adul­tos. Só uti­li­zan­do os seus en­xe­ño­sos su­per­po­de­res os no­sos pro­ta­go­nis­tas po­de­rán su­pe­rar a súa aven­tu­ra.

NO BOS­QUE AMORNADO

As es­ta­cións cam­bian­tes do­mi­nan os bos­ques tépe­dos. Os ani­mais e ve­xe­tais que ha­bi­tan ne­les re­pro­dú­cen­se en con­di­cións que va­rían ao lon­go do ano. A cla­ve do seu éxi­to ra­di­ca na ca­pa­ci­da­de de so­bre­vi­vir no in­verno e en apro­vei­tar ao má­xi­mo a pri­ma­ve­ra e o ve­rán. O bos­que ca­du­ci­fo­lio é a ve­xe­ta­ción na­tu­ral de boa par­te das zo­nas té­pe­das de Eu­ro­pa e Amé­ri­ca do Nor­te, aín­da que ta­mén exis­te nas li­mi­ta­das te­rras té­pe­das do he­mis­fe­rio sur.

No máis cru do in­verno non po­de ha­ber moi­ta vi­da no bos­que tépe­do. As ár­bo­res per­de­ron as súas fo­llas, é po­si­ble que a ne­ve re­pou­se en­tre as ra­mas e o can­to das aves ape­nas se oe. E, con to­do, hai ac­ti­vi­da­de. No lei­to do bos­que, as mu­sa­ra­ñas ca­zan lom­bri­gas, e al­gúns pa­xa­ros, co­mo o car­pin­tei­ro, cam­bian de die­ta e se­guen a súa ac­ti­vi­da­de. Ou­tros pe­que­nos ma­mí­fe­ros vól­ven­se me­nos ac­ti­vos ou hi­ber­nan.

A me­di­da que o in­verno se re­pre­ga, os días alár­gan­se, so­be a tem­pe­ra­tu­ra e a ne­ve fún­de­se: o ver­dor e a vi­da re­gre­san aos bos­ques. Pri­mei­ro apa­re­cen as plan­tas que flo­re­cen na pri­ma­ve­ra, que ex­pan­den as fo­llas e pro­du­cen flo­res an­tes que o do­sel das ár­bo­res se pe­che so­bre elas e lles rou­be a luz do sol. As ár­bo­res ca­du­ci­fo­lias bo­tan fo­llas e, en can­to cre­cen, os in­sec­tos e as súas lar­vas de­vó­ra­nas. Ca­da zo­na do bos­que, des­de o chan ata o máis al­to do do­sel, con­ta cos seus de­pre­da­do­res. As ara­ñas ca­za­do­ras per­se­guen pe­que­nos in­ver­te­bra­dos po­lo lei­to e, moi­to máis arri­ba, os fal­cóns ca­zan pe­que­nas aves en­tre as ra­mas. A fi­nais do ve­rán as aves mi­gra­to­rias cria­ron os seus pi­tos e em­pe­zan a par­tir. As ár­bo­res des­prén­den­se das súas fo­llas e os pe­que­nos ma­mí­fe­ros, co­mo o es­quío da no­sa pe­lí­cu­la, de­dí­can­se a bus­car lan­dras: o ci­clo re­pí­te­se.

NO DESERTO

O con­ti­do en au­ga das fo­llas dos cha­pa­rrais dos de­ser­tos de Amé­ri­ca do Nor­te re­dú­ce­se ao 50 por cen­to do pe­so se­co das fo­llas; en com­pa­ra­ción, as fo­llas das ár­bo­res dos bos­ques tépe­dos pre­sen­tan un con­ti­do hí­dri­co de ata o 300 por 100 do seu pe­so. A au­ga é un ele­men­to cru­cial pa­ra a vi­da, e po­súe a ca­pa­ci­da­de de con­ver­ter in­men­sas re­xións er­mas de deserto en zo­nas cheas de ve­xe­ta­ción mul­ti­co­lor. Ta­mén in­flúe o ta­ma­ño dos de­ser­tos: no ve­rán, o Saha­ra pre­sen­ta un­ha su­per­fi­cie un 40 por cen­to maior que no in­verno, can­do as choi­vas, máis fre­cuen­tes, fan re­tro­ce­der os lí­mi­tes do deserto.

Se pen­sa­mos en pai­sa­xes de­sér­ti­cas, ima­xi­na­mos enor­me ex­ten­sións de du­nas on­du­la­das, ás ve­ces in­ter­rom­pi­das por un oa­sis. Con to­do, a maio­ría dos de­ser­tos non son así; é máis ha­bi­tual que se­xan pai­sa­xes ro­cho­sas, er­mos e, en oca­sións, mon­ta­ño­sos.

As ca­deas ali­men­ti­cias do deserto co­me­zan po­las plan­tas. In­sec­tos pe­que­nos, sal­tóns e gri­los ali­mén­tan­se da es­ca­sa ve­xe­ta­ción. Des­pois das choi­vas, nu­bes de mi­llóns de la­gos­tas po­den in­va­dir o deserto. Moi­tos her­bí­vo­ros ob­te­ñen a au­ga que ne­ce­si­tan do ali­men­to que to­man. Os car­ní­vo­ros van da for­mi­ga ao pu­ma, que ocu­pa o posto máis al­to da ca­dea ali­men­ti­cia, pois se ali­men­ta de her­bí­vo­ros co­mo cer­vos ou le­bres.

BBC

RAN­DALL BABB AND BBC

O es­quío lis­ta­do e o ra­to sal­tón son os pro­ta­go­nis­tas do úl­ti­mo es­treno en 3D da Do­mus

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.