Co­mer ou ser co­mi­do

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de la Escuela - - CIENCIAS - > Pa­tri­cia Bar­cie­la

Os de­pre­da­do­res son os ca­za­do­res por na­tu­re­za, é di­cir, ani­mais que se ali­men­tan dou­tros. Can­do pen­sa­mos nos de­pre­da­do­res adoi­ta­mos pen­sar en ani­mais que non te­men a nin­gún ou­tro, co­mo os leóns e as quen­llas. Es­tas es­pe­cies ató­pan­se na cús­pi­de da ca­dea ali­men­ta­ria. Pe­ro ca­se to­dos os ani­mais son de­pre­da­do­res, tan­to se se ali­men­tan do krill máis di­mi­nu­to co­mo se o fan dun enor­me bú­fa­lo. Os her­bí­vo­ros (ani­mais que só se ali­men­tan de plan­tas) de­no­mí­nan­se con­su­mi­do­res pri­ma­rios, men­tres que na par­te in­fe­rior da ca­dea ali­men­ta­ria ató­pan­se os pro­du­to­res, co­mo as plan­tas e as al­gas, que crean o seu pro­pio ali­men­to gra­zas á luz do sol e ao dió­xi­do de car­bono. Can­to máis arri­ba da ca­dea ali­men­ta­ria se ato­pa un­ha es­pe­cie, me­nos in­di­vi­duos de­sa es­pe­cie hai, mo­ti­vo po­lo cal é fá­cil ver moi­tos cer­vos no bos­que, pe­ro en cam­bio é moi­to máis di­fí­cil ato­par un lo­bo.

DE­PRE­DA­DO­RES

No deserto hai un­ha gran va­rie­da­de de de­pre­da­do­res e pre­sas que so­bre­vi­ven con pou­ca au­ga e so­por­tan tem­pe­ra­tu­ras ex­tre­mas. En­tre os prin­ci­pais de­pre­da­do­res do deserto ató­pan­se os gue­par­dos e as ga­ce­las de Áfri­ca, as aguias reais e as le­bres de Amé­ri­ca do Nor­te e os lo­bos e os as­nos sal­va­xes de Asia.

Nos bos­ques, a aguia co­brei­ra sen­te pre­di­lec­ción por ca­zar ser­pes, pe­ro es­te de­pre­da­dor ta­mén se ali­men­ta de ma­mí­fe­ros co­mo os coellos ou os ra­tos.

BBC

Ca­se to­dos os ani­mais son pre­da­do­res

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.