Ma­te­rias das que nun­ca oí­ras fa­lar

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de la Escuela - - ORIENTACIÓN EDUCATIVA - > Ana T. Jack

A es­tas al­tu­ras os cen­tros edu­ca­ti­vos de­be­rían de ter bas­tan­te cla­ro ca­les son as ma­te­rias que se van ofre­cer no úl­ti­mo cur­so da ESO pa­ra o pró­xi­mo ano 2016-17. Pe­ro non to­dos te­ñen es­ta in­for­ma­ción cla­ra, xa que de­pen­de do pro­fe­so­ra­do que ao fi­nal vaia des­ti­na­do a ese ins­ti­tu­to, da au­to­ri­za­ción da Ins­pec­ción an­te de­ter­mi­na­das ma­te­rias con pou­co alum­na­do, do que pase coa im­plan­ta­ción da Lom­ce... Así as cou­sas, e xa de cheo no ter­cei­ro tri­mes­tre, os orien­ta­do­res dos cen­tros fan o que po­den por man­ter a cal­ma e in­ten­tar pro­gra­mar char­las in­for­ma­ti­vas pa­ra o alum­na­do de 3.º, que é o que de­be­ría es­tar xa fa­mi­lia­ri­za­do cos iti­ne­ra­rios e as no­vas ma­te­rias. O ob­xec­ti­vo é que, á ho­ra de mar­car no im­pre­so de ma­trí­cu­la as op­cións es­co­lli­das, fá­gano ben in­for­ma­dos e sa­ben­do o que eli­xen (e a que re­nun­cian, cla­ro). En pri­mei­ro lu­gar, ana­li­za­mos as ma­te­rias tron­cais máis no­vas nas dúas vías que se es­ta­ble­cen en 4.º de ESO:

ENSINOS ACA­DÉ­MI­COS

En ensinos aca­dé­mi­cos, a op­ción pa­ra os que que­ren fa­cer ba­cha­re­la­to, ofer­ta­ra­se, ade­mais de Fí­si­ca e Quí­mi­ca e Bio­lo­xía e Xeo­lo­xía, es­tas dúas ma­te­rias tron­cais (hai que es­co­ller dúas en to­tal):

Ob­xec­ti­vo. Dar a co­ñe­cer as re­gras bá­si­cas que ex­pli­can os acon­te­ce­men­tos eco­nó­mi­cos e fa­mi­lia­ri­zar­se coa lin­gua­xe es­pe­cí­fi­ca que uti­li­zan eco­no­mis­tas e me­dios de co­mu­ni­ca­ción.

Con­ti­dos. Ideas eco­nó­mi­cas bá­si­cas, eco­no­mía e em­pre­sa, eco­no­mía per­soal, in­gre­sos e gas­tos do Es­ta­do, ti­pos de xu­ros, in­fla­ción e desem­pre­go, e eco­no­mía in­ter­na­cio­nal.

Ob­xec­ti­vo. Fa­mi­lia­ri­zar ao alum­na­do cos as­pec­tos bá­si­cos do la­tín e da cul­tu­ra de Ro­ma, como ori­xe das lin­guas ro­man­ces e da cul­tu­ra oc­ci­den­tal.

Con­ti­dos. O la­tín como ori­xe das lin­guas ro­man­ces, ele­men­tos bá­si­cos da lin­gua la­ti­na, mor­fo­lo­xía, sin­ta­xe e his­to­ria, cul­tu­ra e ci­vi­li­za­ción de Ro­ma.

ENSINOS APLI­CA­DOS

En ensinos apli­ca­dos (pa­ra os que que­ren es­tu­dar for­ma­ción pro­fe­sio­nal), ofer­ta­ra­se, ade­mais de Tec­no­lo­xía, es­tas dúas ma­te­rias tron­cais:

Ob­xec­ti­vo. Ofre­cer ao alum­na­do a opor­tu­ni­da­de de apli­car en cues­tións prác­ti­cas, co­tiás e pró­xi­mas os co­ñe­ce­men­tos ad­qui­ri­dos en cur­sos an­te­rio­res en ma­te­rias de Quí­mi­ca, Bio­lo­xía ou Xeo­lo­xía. Pa­ra iso tra­ba­lla­ra­se no la­bo­ra­to­rio, on­de se ofre­ce­rá un­ha for­ma­ción ex­pe­ri­men­tal bá­si­ca.

Con­ti­dos. O tra­ba­llo no la­bo­ra­to­rio (ma­te­riais, sus­tan­cias, se­gu­ri­da­de e hi­xie­ne, im­pac­to am­bien­tal...), a cien­cia e a súa re­la­ción co ambiente (ti­pos de con­ta­mi­nan­tes, eli­mi­na­ción de residuos...) e in­ves­ti­ga­ción, desen- vol­ve­men­to e in­no­va­ción (I+D+i). Nun cuar­to blo­que rea­li­za­ran­se pro­xec­tos de in­ves­ti­ga­ción en gru­po apli­can­do os co­ñe­ce­men­tos ad­qui­ri­dos.

Ob­xec­ti­vo. Es­ta ma­te­ria per­se­gue for­mar ci­da­dáns ca­pa­ces de asu­mir ris­cos, ser in­no­va­do­res, con pen­sa­men­to es­tra­té­xi­co e ha­bi­li­da­des pa­ra em­pren­der.

Con­ti­dos. Au­to­no­mía per­soal, li­de­ra­do e in­no­va­ción (des­tre­zas per­soais aso­cia­das á ini­cia­ti­va em­pren­de­do­ra), pro­xec­to de em­pre­sa (como le­var un­ha idea de ne­go­cio á prác­ti­ca) e fi­nan­zas (for­mas xu­rí­di­cas, ti­pos de em­pre­sa, ne­ce­si­da­des fi­nan­cei­ras, obri­ga­cións fis­cais...).

OP­TA­TI­VAS

En can­to ás op­ta­ti­vas que terán que es­co­ller en 4.º de ESO, de­pen­de da ofer­ta de ca­da cen­tro. Ade­mais de Plás­ti­ca, Mú­si­ca, Se­gun­da lin­gua es­tran­xei­ra ou Cul­tu­ra Clá­si­ca, ha­be­rá al­gun­has pro­pos­tas no­vas. Son es­tas:

Ob­xec­ti­vo: Ofre­cer ao alum­na­do os co­ñe­ce­men­tos, téc­ni­cas e pro­ce­de­men­tos que lles per­mi­tan ex­pre­sar­se e crear ar­tis­ti­ca­men­te a tra­vés das lin­gua­xes do tea­tro e a dan­za.

Con­ti­dos: Co­mún (ópe­ra, tea­tro e dan­za, fe­rra­men­tas de ex­pre­sión cor­po­ral...), tea­tro (téc­ni­cas de in­ter­pre­ta­ción, deseño dun es­pec­tácu­lo..), dan­za (es­ti­los, téc­ni­cas, co­reo­gra­fías...) e ou­tras ar­tes escénicas (cir­co, per­for­man­ce, di­fu­sión de pro­du­tos es­cé­ni­cos en Ga­li­cia...).

Ob­xec­ti­vo. Com­pren­der e va­lo­rar cues­tións cien­tí­fi­cas e tec­no­ló­xi­cas do mun­do con­tem­po­rá­neo, apren­den­do a di­fe­ren­cia­las das cren­zas e das opi­nións.

Con­ti­dos. O mé­to­do cien­tí­fi­co, o uni­ver­so, os avan­ces tec­no­ló­xi­cos, a saú­de, a ca­li­da­de de vi­da e a con­tri­bu­ción o co­ñe­ce­men­to das ma­te­rias ao avan­ce da hu­ma­ni­da­de.

Ob­xec­ti­vo. Ca­pa­ci­tar ao alum­na­do pa­ra a crí­ti­ca, a ar­gu­men­ta­ción cohe­ren­te e ló­xi­ca e a sín­te­se so­bre os prin­ci­pios uni­ver­sais (xus­ti­za, igual­da­de, li­ber­da­de...) e os te­mas mo­rais do sécu­lo XXI.

Con­ti­dos. A fi­lo­so­fía, iden­ti­da­de per­soal, so­cia­li­za­ción, pen­sa­men­to, reali­da­de e me­ta­fí­si­ca e trans­for­ma­ción.

Ob­xec­ti­vo. Ofre­cer as ha­bi­li­da­des ne­ce­sa­rias pa­ra adap­tar­se aos cam­bios pro­pios do ám­bi­to tec­no­ló­xi­co.

Con­ti­dos. Éti­ca e es­té­ti­ca da in­ter­ac­ción en re­de, compu­tado­res, sis­te­mas ope­ra­ti­vos e re­des e or­ga­ni­za­ción, deseño e pro­du­ción de in­for­ma­ción dixital.

Un­ha re­vi­sión das cla­ves das no­vas ma­te­rias de 4.º de ESO

Eco­no­mía

La­tín

Cien­cias Apli­ca­das á Ac­ti­vi­da­de Pro­fe­sio­nal Ini­cia­ción á Ac­ti­vi­da­de Em­pren­de­do­ra e Em­pre­sa­rial

Ar­tes Escénicas e Dan­za

Cul­tu­ra Cien­tí­fi­ca

Fi­lo­so­fía Tec­no­lo­xías da In­for­ma­ción e a Co­mu­ni­ca­ción

ANA GAR­CÍA

Un­ha das no­vas ma­te­rias é Ar­tes Escénicas e Dan­za

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.