Mí­ra­te os ollos

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de la Escuela - - CIENCIAS -

¿Son iguais os iris dos teus dous ollos? ¿Po­des ver a pe­lí­cu­la de lí­qui­do la­cri­mal que co­bre a su­per­fi­cie do ollo, que se cha­ma con­xun­ti­va? ¿Po­des ver den­tro da túa pu­pi­la? Aché­ga­te a un es­pe­llo e com­pró­bao. Can­do mi­ras o teu ollo ao es­pe­llo, o pri­mei­ro que ato­pa­rás é un círcu­lo co­lo­rea­do que cha­ma­mos iris. O iris po­de ser de moi­tas co­res, como ma­rrón, azul, ver­de, abe­lá (un­ha com­bi­na­ción de ver­de e ma­rrón), gris e in­clu­so vio­le­ta. Pe­ro se­xa cal for a cor dos teus ollos, can­do ob­ser­ves o teu iris ao es­pe­llo des­cu­bri­rás que non é dun­ha úni­ca cor, se­nón que é o re­sul­ta­do da com­bi­na­ción de moi­tas. In­clu­so os ollos moi es­cu­ros te­ñen di­fe­ren­tes tons de ma­rrón. O iris con­tráe­se e re­lá­xa­se pa­ra cam­biar o ta­ma­ño da pu­pi­la, ese pun­to ne­gro e redondo no cen­tro dos teus ollos. A pu­pi­la é en reali­da­de un bu­ra­co no iris que dei­xa en­trar a luz no ollo. To­dos te­mos pu­pi­las re­don­das e ne­gras, pe­ro non sem­pre te­ñen o mes­mo ta­ma­ño. Con luz in­ten­sa, a túa pu­pi­la fai­se máis pe­que­na. E na pe­num­bra, fai­se máis gran­de. Ago­ra ob­ser­va o bran­co dos teus ollos. ¿Ves al­gun­ha li­ña ver­me­lla? Son va­sos san­guí­neos in­fla­ma­dos. Cal­que­ra cou­sa que che irri­te os ollos, como o fu­me ou a fal­ta de so­ño, fa­rá que os va­sos san­guí­neos se in­fla­men. En­tón o bran­co dos teus ollos apa­re­ce­rá máis ben arroi­ba­do. E, pa­ra re­ma­tar, con moi­to coida­do, tira ca­ra abai­xo da túa pál­pe­bra in­fe­rior. ¿Ves un pe­que­ní­si­mo bu­ra­co na es­qui­na dos ollos máis pró­xi­ma ao na­riz? Son os con­du­tos la­cri­mais, que pro­du­cen con­ti­nua­men­te bá­goas pa­ra man­ter os ollos hú­mi­dos e lim­pos de po e ou­tras sus­tan­cias. Pe­ro as bá­goas non se des­bor­dan dos ollos, xa que se dre­nan con­ti­nua­men­te po­lo con­du­to la­cri­mal. Iso si, can­do cho­ras, os ollos pro­du­cen tan­tas bá­goas que non se po­den dre­nar e aca­ban de­rra­mán­do­se po­lo teu ros­tro.

SA­RAH CARTW­RIGHT

Os pu­pi­las agrán­dan­se ou pé­chan­se pa­ra adap­tar­se á can­ti­da­de de luz

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.