Ex­pe­rien­cias in­no­va­do­ras en­chen es­co­las da no­sa co­mu­ni­da­de

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de la Escuela - - EXPERIENCIAS - > Cris­tó­bal Ra­mí­rez

O Par­la­men­to de Ga­li­cia aco­lleu a fi­nal dun­ha li­ga de de­ba­te ga­ña­da por Be­ce­rreá

Os co­le­xios e ins­ti­tu­tos ga­le­gos son ni­ños de ex­pe­rien­cias. Non du­cias, non cen­tos, se­nón mi­les se le­van a ca­bo ca­da cur­so aca­dé­mi­co de Fis­te­rra ao Cou­rel e de Es­ta­ca de Ba­res á se­rra do Xu­rés. E re­sal­tar un­has so­bre ou­tras sem­pre le­va im­plí­ci­to o ris­co de co­me­ter un­ha in­xus­ti­za. Con esa pre­ven­ción por dian­te, aquí amo­sa­mos un­ha ín­fi­ma par­te de­las. Pou­cas, cer­to, pe­ro dig­nas de lou­van­za. Hai dez días se po­ñía pun­to fi­nal á sé­ti­ma edi­ción do Par­la­men­to Xo­ve, un­ha li­ga de de­ba­te na que par­ti­ci­pa­ron 47 equi­pos de 39 cen­tros de to­da Ga­li­cia, in­cluín­do as dúas ca­te­go­rías, ESO e ba­cha­re­la­to. En to­tal, 168 es­tu­dan­tes e medio cen­to de pro­fe­so­res me­ti­dos en fae­na. O sis­te­ma é tan sim­ple como atrac­ti­vo: tan­to na fa­se eli­mi­na­to­ria —que es­te ano foi en Cu­lle­re­do (A Coruña)— como na fi­nal en Santiago, nun ho­tel un día e no Par­la­men­to ga­le­go á ho­ra da ver­da­de, se pro­pón un te­ma. En ca­da en­fron­ta­men­to se le­va a ca­bo un sor­teo, de tal ma­nei­ra que o azar de­ci­de que equi­po es­tá a fa­vor no te­ma pro­pos­to e cal en con­tra. Tra­lo de­ba­te, uns xuí­ces ava­lían e de­ci­den o ga­ña­dor. Es­te ano os triun­fa­do­res nas dúas ca­te­go­rías fo­ron Be­ce­rreá e... Be­ce­rreá, coa pun­tua­li­za­ción de que o de­rro­ta­do na fi­nal de ba­cha­re­la­to foi... o ins­ti­tu­to de Be­ce­rreá. É di­cir, pleno e con­so­la­ción. Ce­ci­lia Váz­quez, di­rec­to­ra xe­ral de Xu­ven­tu­de —o or­ga­nis­mo que or­ga­ni­za o Par­la­men­to Xo­ve—, re­su­míao, so­rrin­do, con tres ver­bas: «¡Nun­ca tal vin!».

SAN­DRA ALON­SO

Os fi­na­lis­tas da sé­ti­ma edi­ción de Par­la­men­to Xo­ve, na Cá­ma­ra ga­le­ga

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.