Por que e can­do o can se fi­xo o me­llor ami­go do ho­me

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de la Escuela - - PORTADA - > Fran Ar­mes­to

De to­dos os ani­mais do mun­do só es­te evo­lu­cio­nou para con­ver­ter­se no máis fiel dos seus ami­gos O can po­súe be­le­za sen vai­da­de, for­za sen in­so­len­cia, va­len­tía sen fe­ro­ci­da­de e to­das as vir­tu­des do ho­me, pe­ro nin­gún dos seus de­fec­tos Lord By­ron (1788-1824) poe­ta in­glés A gran­de­za dun­ha na­ción e o seu pro­gre­so mo­ral po­den ser xul­ga­dos po­lo xei­to en que tra­ta aos seus ani­mais Mahat­ma Gand­hi (1869-1948) pen­sa­dor e po­lí­ti­co in­dio

Os etó­lo­gos in­ves­ti­gan co­mo foi po­si­ble que un dos máis te­mi­bles car­ní­vo­ros se con­ver­te­se no pri­mei­ro ani­mal do­mes­ti­ca­do e no me­llor ami­go da no­sa es­pe­cie. Al­go que, se­gun­do re­cen­tes pu­bli­ca­cións, su­ce­deu en Eu­ro­pa en­tre hai 32.000 e 19.000 anos. O com­por­ta­men­to dos ani­mais é un­ha ca­rac­te­rís­ti­ca bio­ló­xi­ca, co­mo a anato­mía e a fi­sio­lo­xía, que se po­de her­dar e que, xa que lo­go, evo­lu­cio­nou ao lon­go de mi­les de anos. Así, xa se­xa a tra­vés de pau­tas in­na­tas ou ad­qui­ri­das, apren­den a ca­zar, a bus­car pa­re­lla, a coidar as súas crías, a dis­tin­guir amea­zas ou a re­la­cio­nar­se den­tro dun­ha man­da. Por iso o me­do, a cu­rio­si­da­de ou a agre­si­vi­da­de son im­pul­sos que to­dos le­van mar­ca­dos na súa na­tu­re­za. Pe­ro de to­dos os ani­mais que ha­bi­tan o no­so mun­do só un, o can, evo­lu­cio­nou para adap­tar­se ao ser hu­mano a tra­vés dun com­por­ta­men­to que fo­men­ta a máis leal das ami­za­des.

Ade­mais de com­pa­ñía, pro­tec­ción e au­xi­lio cada vez em­pré­gan­se en máis ne­ce­si­da­des hu­ma­nas, por exem­plo, par­ti­ci­pan­do na aten­ción a ne­nos con au­tis­mo e a dis­le­xia. De fei­to, os cans xa son im­pres­cin­di­bles para moi­tas per­soas con de­fi­cien­cias sen­so­riais. E ta­mén for­ma par­te in­dis­cu­ti­ble dos equi­pos de res­ca­te can­do su­ce­den ca­tás­tro­fes na­tu­rais que afec­tan as per­soas, co­mo o re­cen­te te­rre­mo­to de Ecua­dor. En de­fi­ni­ti­va, con­ver­té­ron­se en no­vos ha­bi­tan­tes das ci­da­des, o que está a xe­rar no­vos ne­go­cios (bar­be­rías ca­ni­nas, por exem­plo) e a ne­ce­si­da­de de di­tar leis e or­de­nan­zas que re­gu­len a súa con­vi­ven­cia.

UN­HA LON­GA AMIZADE

Nos úl­ti­mos anos cam­bia­ron moi­tas ideas so­bre a ori­xe do can. Ao prin­ci­pio du­bi­dá­ba­se, por exem­plo, se to­das as ra­zas pro­ce­de­rían dun ou máis an­te­ce­so­res, pen­san­do que tal­vez algunhas des­cen­de­sen de lo­bos e ou­tras de cha­cais. Pe­ro des­cu­briu­se que os cans com­par­ten o 99,9 % da súa in­for­ma­ción xe­né­ti­ca cos lo­bos, máis que con cal­que­ra ou­tro ani­mal, po­lo que es­ta é a ori­xe evo­lu­ti­va do no­so fiel ami­go. Os da­tos in­di­can ade­mais que des­cen­den dun­ha te­mi­ble es­pe­cie de lobo an­ces­tral ac­tual­men­te ex­tin­gui­da. É di­cir, que o lobo ac­tual e o can son dous ani­mais dis­tin­tos que xur­di­ron a par­tir dun­ha es­pe­cie des­co­ñe­ci­da de lobo máis an­ti­ga.

Ta­mén cam­biou a idea pre­do­mi­nan­te so­bre a súa do­mes­ti­ca­ción. Cría­se que trans­co­rre­ra du­ran­te a épo­ca na que os hu­ma­nos se fi­xe­ron se­den­ta­rios e co­me­za­ron a prac­ti­car a agri­cul­tu­ra e gan­de­ría, hai uns 12.000 anos; te­ría su­ce­di­do a par­tir dos lo­bos que rol­da­ban ao re­dor das al­deas. Con to­do pa­re­ce que es­te pro­ce­so co­me­zou moi­to an­tes, na épo­ca en que va­ga­ba­mos po­lo te­rri­to­rio co­mo ca­za­do­res e re­co­lle­do­res. Can­do os pri­mei­ros Ho­mo sa­piens che­ga­ron a Eu­ro­pa, hai uns 45.000 anos, di­fe­ren­tes es­pe­cies de lo­bos xa se ti­ñan es­ten­di­do por to­dos os am­bien­tes na­tu­rais, so­bre­vi­vin­do en de­ser­tos, en zo­nas cos­tei­ras e de al­ta mon­ta­ña, en bos­ques e en es­pa­zos máis aber­tos. Así que os hu­ma­nos re­cen­te­men­te che­ga­dos de­be­ron com­pe­tir con aque­les te­mi­bles de­pre­da­do­res para con­se­guir as mes­mas pre­sas que cons­ti­tuían o seu ali­men­to: ma­muts, ri­no­ce­ron­tes laú­dos, uros, cer­vos, an­tí­lo­pes e ca­ba­los.

Com­par­tin­do es­pa­zo e in­tere­ses non pa­re­ce es­tra­ño que al­gúns lo­bos co­me­za­sen a vi­vir pre­to dos hu­ma­nos. Co pa­so do tem­po a re­la­ción foi­se es­trei­tan­do e aque­les ani­mais sal­va­xes trans­for­má­ron­se nou­tros non me­nos fe­ros, pe­ro sub­mi­sos con quen re­co­ñe­cían co­mo ami­gos. E coas súas ha­bi­li­da­des para se­guir ras­tros, avi­sar de pe­ri­gos e po­la súa ex­tre­ma leal­da­de, que che­ga a dei­xar a vi­da en de­fen­sa dos seus amos, lo­gra­ron con­quis­tar a von­ta­de da es­pe­cie máis in­te­li­xen­te de to­das. Un­ha re­cen­te hi­pó­te­se so­bre a trans­cen­den­cia que pui­do ter es­te su­ce­so man­tén que a do­mes­ti­ca­ción do can sig­ni­fi­ca­ría o avan­ce tec­no­ló­xi­co que per­mi­tiu á no­sa es­pe­cie su­pe­rar aos nean­der­tais.

JUAN CEVALLOS / AFP

Arri­ba, un res­ca­ta­dor e o seu can bus­can ví­ti­mas en­tre os es­com­bros tra­lo te­rre­mo­to de Ecua­dor

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.