Apren­der a con­vi­vir nun­ha so­cie­da­de cada vez máis plu­ral

Aca­bá­ron­se as co­mu­ni­da­des hu­ma­nas ho­mo­xé­neas

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de la Escuela - - PORTADA - > Fer­nan­do Pa­rien­te

This is a won­der­ful world (Es­te é un mun­do ma­ra­bi­llo­so) é un­ha atrac­ción de Dis­ney­lan­dia. O es­pec­ta­dor aco­mó­da­se nun­ha em­bar­ca­ción e, mer­gu­lla­do nun am­bien­te mu­si­cal de co­ros ca­se ce­les­tiais, con­tem­pla nas bei­ras que flúen apra­ci­ble­men­te ao re­dor, o ma­ra­bi­llo­so es­pec­tácu­lo dun­ha va­rie­da­de de pai­sa­xes, per­so­na­xes, tra­xes re­xio­nais e me­lo­días per­ten­cen­tes ás cul­tu­ras de to­do o mun­do. É un­ha idí­li­ca ver­sión da di­ver­si­da­de da ra­za hu­ma­na. A reali­da­de non re­sul­ta sem­pre tan de cor de ro­sa. É evi­den­te que ho­xe vi­vi­mos nun­ha so­cie­da­de cada vez máis plu­ral, o que pre­sen­ta sín­to­mas un­has ve­ces re­la­cio­na­dos coa iden­ti­da­de, ra­za ou et­nia, ou­tras co mo­do de pen­sar ou de sen­tir, coa vi­ven­cia da se­xua­li­da­de ou as cren­zas re­li­xio­sas. Es­tas evi­den­cias dan­se ta­mén na no­sa con­tor­na es­co­lar: ne­nos dou­tras ra­zas, dou­tras au­to­no­mías e re­xións, dou­tras cul­tu­ras e cre­dos.

Á par­te das di­fe­ren­zas coas que na­ce­mos, alleas á no­sa von­ta­de, hai ou­tras que imos ad­qui­rin­do en uso da no­sa li­ber­da­de. Hai quen cre cos ollos pe­cha­dos no horóscopo e a as­tro­lo­xía, uns vo­tan a uns par­ti­dos e ou­tros aos con­tra­rios, os se­gui­do­res do Ba­rça sén­ten­se en­can­dea­dos po­los acer­tos de Mes­si, men­tres que os do Ma­drid pre­fi­ren a Cris­tiano Ro­nal­do. E no úl­ti­mo re­du­to da no­sa con­cien­cia ta­mén so­mos li­bres para crer e para non crer, ou para crer nis­to ou na­qui­lo e, xa que lo­go, ha­be­mos de con­vi­vir os cren­tes cos non cren­tes, os ca­tó­li­cos cos pro­tes­tan­tes, cos mu­sul­máns ou coas tes­te­mu­ñas de Xeho­vá.

A XERARQUÍA DE VA­LO­RES

É ne­ce­sa­rio edu­car na con­vi­ven­cia e a to­le­ran­cia e os cen­tros es­co­la­res son o lu­gar idó­neo, on­de to­da a po­boa­ción in­fan­til ne­ce­sa­ria­men­te con­vi­ve. Por iso é im­pres­cin­di­ble in­cor­po­rar es­tes va­lo­res ao idea­rio edu­ca­ti­vo. A edu­ca­ción su­pón sem­pre un­ha xerarquía de va­lo­res que for­man cons­te­la­cións ou sis­te­mas nos que uns pre­va­le­cen so­bre ou­tros. Da­mos máis im­por­tan­cia a uns prin­ci­pios, há­bi­tos ou cos­tu­mes, e a un­has apren­di­za­xes, que a ou­tros. Fun­da­dos nes­ta xe­rar­qui­za­ción, po­mos o no­so es­for­zo en que os ne­nos os asi­mi­len e os vi­van. Non sem­pre ex­pli­ci­ta­mos a no­sa xerarquía de va­lo­res, pe­ro aín­da así es­tán na ba­se do que de­ci­di­mos co­mo im­por­tan­te. A to­le­ran­cia non é sem­pre un va­lor co­ti­za­do, en xe­ral. É un­ha op­ción so­bre a que os po­de­res po­lí­ti­cos e re­li­xio­sos to­man e to­ma­ron ao lon­go da his­to­ria de­ci­sións que non sem­pre dis­co­rre­ron po­lo ca­mi­ño da súa pro­mo­ción. O no­so pa­sa­do su­bor­di­na­ba a to­le­ran­cia a ou­tros va­lo­res que pa­re­cían á so­cie­da­de máis im­por­tan­tes, por exem­plo, a uni­for­mi­da­de e a ho­mo­xe­nei­da­de de cren­zas e de opi­nións da po­boa­ción.

RAÍ­CES INTOLERANTES

Se vol­ve­mos a vis­ta atrás ato­pá­mo­nos con acon­te­ce­men­tos his­tó­ri­cos e es­tra­te­xias co­lec­ti­vas que re­sul­ta­ron moi pou­co to­le­ran­tes. Des­de a ex­pul­sión dos xu­deus non con­ver­sos de cal­que­ra te­rri­to­rio es­pa­ñol, de­cre­ta­da po­los Reis Ca­tó­li­cos, pa­san­do po­la pos­te­rior dos mou­ris­cos, ou po­lo in­ten­to de Carlos III de ab­sor­ber aos xi­ta­nos e asi­mi­la­los ao res­to da po­boa­ción, ou o pe­che das no­sas fron­tei­ras aos li­bros pu­bli­ca­dos fó­ra de­las, ou po­las per­se­cu­cións da In­qui­si­ción a cal­que­ra xer­me de he­te­ro­do­xia re­li­xio­sa, ou po­las pu­re­zas dou­tri­nais, as pu­re­zas de san­gue e ou­tras pu­re­zas... A no­sa his­to­ria ofre­ce abun­dan­tes exem­plos de in­to­le­ran­cia. A no­sa cul­tu­ra tran­si­xiu coa mes­ti­za­xe ra­cial. A no­sa co­lo­ni­za­ción ame­ri­ca­na creou so­cie­da­des mes­ti­zas, pe­ro foi com­ple­ta­men­te in­tran­si­xen­te coa mes­ti­za­xe re­li­xio­sa.

Non se tra­ta de fa­cer un van exer­ci­cio de ma­so­quis­mo in­so­li­da­rio coa his­to­ria pro­pia. Trá­ta­se de al­go máis po­si­ti­vo: de cha­mar a aten­ción so­bre a di­fi­cul­ta­de es­pe­cial de edu­car en to­le­ran­cia, por­que as pe­ga­das do pa­sa­do po­den se­guir aín­da im­per­cep­ti­ble­men­te em­pa­pan­do as re­vi­ra­vol­tas me­nos cons­cien­tes do pre­sen­te. O há­bi­to de sécu­los de in­to­le­ran­cia po­de ter dei­xa­do se­cue­las de ac­ti­tu­des intolerantes que non so­mos ca­pa­ces de ad­ver­tir.

ANA GAR­CIA

Ho­xe vi­vi­mos nun­ha so­cie­da­de cada vez máis plu­ral, con ne­nos dou­tras ra­zas, dou­tras re­xións, dou­tras cul­tu­ras ta­mén na no­sa con­tor­na es­co­lar

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.