As no­ti­cias si­na­lan o ca­mi­ño do para qué

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de la Escuela - - EL PANEL DE LA 2 - > Je­sús Ga­rri­do / jgs@cur­sos­re­pe­du­ca­dor.com

Dío a sen­ten­za do fi­ló­so­fo cor­do­bés Sé­ne­ca (4a. de C.-65): «Non vi­tae sed scho­lae dis­ci­mus» («Ep.», 106, 12). Te­mos a in­tem­pe­ran­za, la­mén­ta­se, de non apren­der para a vi­da, se­nón para a es­co­la. A fra­se ori­xi­nal, co tem­po, foi mo­di­fi­ca­da e tor­nou­se co­rrec­ti­va: «Hai que apren­der para a vi­da e non para a es­co­la. En fin, un bo desexo, pe­ro o im­por­tan­te é que se cum­pra. ¿In­se­ri­mos pre­gun­tas e ac­ti­vi­da­des so­bre a ac­tua­li­da­de nos exa­mes e pro­bas de co­ñe­ce­men­tos dos alum­nos? A reali­da­de está en que o máis fre­cuen­te, e dun­ha for­ma ca­se ex­clu­si­va, é que nos exa­mes e pro­bas es­co­la­res, na­tu­ral­men­te, se va­lo­ren os co­ñe­ce­men­tos, se­guin­do, máis ou me­nos, as cla­si­fi­ca­cións pro­gre­si­vas que van des­de o di­rec­to re­co­ñe­ce­men­to de da­tos á com­pren­sión e aná­li­se dos mes­mos. Con me­nor fre­cuen­cia in­cí­de­se en pre­gun­tas que mi­den o sen­ti­do crí­ti­co, a crea­ti­vi­da­de; e, por su­pos­to, a mí­ni­mos, na apli­ca­ción e va­lo­ra­ción de ac­ti­tu­des per­soais ca­ra aos di­ver­sos te­mas que se es­tu­dan na au­la.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.