No­ti­cias e exa­mes

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de la Escuela - - EL PANEL DE LA 2 -

En pri­mei­ro lu­gar, trá­ta­se de ache­gas im­por­tan­tes e que in­flúan non só na for­ma­ción de com­pe­ten­cias crea­ti­vas e ac­ti­tu­di­nais, se­nón in­clu­so nun­ha me­llo­ra dos co­ñe­ce­men­tos e da com­pren­sión e aná­li­se dos te­mas.

Im­por­tan­cia que o alumno ve na no­ti­cia, que lle le­ve a un re­co­ñe­ce­men­to me­llor de da­tos para so­lu­cio­nar ese te­ma que é ob­xec­to do exa­me.

In­te­re­se da no­ti­cia que im­pul­se efec­ti­va­men­te aos alum­nos a un in­ten­to de com­pren­der me­llor o te­ma que é ob­xec­to do exa­me, por­que é al­go que eles sen­ten que lles afec­ta na súa vi­da.

Im­pli­ca­ción dos alum­nos na so­lu­ción do te­ma can­do en­ten­den que non só de­ben tra­ba­llar para si mes­mos, se­nón para axu­dar so­cial­men­te aos de­mais co­mo os ou­tros ta­mén lle axu­dan a un.

In­ven­ti­va que os alum­nos

de­ben ter, pro­pon­do so­lu­cións en te­mas e no­ti­cias que, ade­mais de lo­grar un bo co­ñe­ce­men­to de­les, ne­ce­si­tan crea­ti­vi­da­de para su­pe­rar os pro­ble­mas que se xe­ran.

In­ter­dis­ci­pli­na­rie­da­de,

sa­ben­do que as no­ti­cias que xor­den ao re­dor dun te­ma do que de­ben ren­der con­ta dos seus co­ñe­ce­men­tos non se arran­xan sen un­ha ache­ga in­ter­dis­ci­pli­nar na que par­ti­ci­pan as di­ver­sas áreas de co­ñe­ce­men­to.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.