De­cá­lo­go de sen­ti­do co­mún

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de la Escuela - - ORIENTACIÓN EDUCATIVA -

As pan­ta­llas son tan efec­ti­vas cos ne­nos, cap­tan a súa aten­ción con tan­ta in­ten­si­da­de que che­ga­mos a uti­li­za­las co­mo có­mo­dos me­ca­nis­mos apa­ga­ne­nos que en cues­tión de se­gun­dos de­vol­ven a tran­qui­li­da­de ás no­sas vi­das: xa non se oen cho­ros, xa non hai pro­tes­tas, déi­xa­se de es­coi­tar o quei­xo­so «¿fal­ta moi­to?» ou o pou­sa­do «¡abú­rro­me!».

Pe­ro se co­mo pai que­res pro­te­xer o desen­vol­ve­men­to do ce­re­bro do teu fi­llo, po­des ter en con­ta es­te de­cá­lo­go do sen­ti­do co­mún: Ten cla­ro que a pan­ta­lla non é a baby1sit­ter

do teu fi­llo. Re­co­rre a ela só en mo­men­tos pun­tuais: un in­tre des­pois de co­mer, nun­ha via­xe lon­ga en co­che...

2 Con­tro­la sem­pre a ca­li­da­de dos con­ti­dos. E fa­la con el acer­ca dos per­so­na­xes, do seu sig­ni­fi­ca­do... É di­cir: su­per­vi­sa.

3

No ca­so da te­le­vi­sión, re­vi­sa a pro­gra­ma­ción an­tes de en­chu­fa­lo a ela e es­co­lle can­les sen pu­bli­ci­da­de. Sem­pre que poi­das, sen­ta ao seu la­do a ve­los (aín­da que bo­tes un­ha so­ne­ca de can­do en vez...). É di­cir: acom­pa­ña.

4Ase­gú­ra­te

de que as pan­ta­llas non es­tean pre­sen­tes nas ho­ras das co­mi­das (é cómodo, si, pe­ro así non apren­den a co­mer nin a es­tar na me­sa) nin en mo­men­tos inade­cua­dos (can­do hai vi­si­tas, can­do se vai a un con­cer­to).

5Atré­ve­te

a ofre­cer al­ter­na­ti­vas á pan­ta­lla, poi­da que che sor­pren­da o re­sul­ta­do: xo­gos de la­pis e pa­pel, o ve­xo ve­xo, ima­xi­nar his­to­rias, mi­rar con aten­ción po­lo por­te­lo do co­che...

6

Con­tro­la a om­ni­pre­sen­za das pan­ta­llas en ca­sa. O fei­to de ter a te­le­vi­sión pos­ta de for­ma per­ma­nen­te, por exem­plo, é un ruí­do de fon­do in­ne­ce­sa­rio e per­tur­ba­dor.

7

Re­cor­da que o que ne­ce­si­ta o teu fi­llo me­nor de 6 anos é, so­bre to­do, in­ter­ac­tuar co mun­do (de ver­da­de, non co vir­tual): co­rrer, ru­bir, chei­rar, to­car, ex­pe­ri­men­tar, abra­zar, des­cu­brir cou­sas en por si, es­tar con ou­tros ne­nos.

8 Evi­ta uti­li­zar a pan­ta­lla co­mo pre­mio por por­tar­se ben e me­nos aín­da co­mo so­lu­ción para que dei­xe de por­tar­se mal.

9Ase­gú­ra­te

de que, po­lo me­nos dúas ho­ras an­tes de ir dur­mir, o teu fi­llo dei­xou de uti­li­zar a pan­ta­lla. O ce­re­bro ne­ce­si­ta algún tem­po para re­cu­pe­rar a nor­ma­li­da­de tras os im­pac­tan­tes es­tí­mu­los re­ci­bi­dos.

10

Non che dei­xes con­ven­cer por de­bu­xos ani­ma­dos que in­ci­tan ao so­ño nin por apli­ca­cións mó­bi­les ideais para o mo­men­to de ir­se á ca­ma. Co­mo un con­to li­do por ma­má ou pa­pá non hai nada me­llor.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.