Edu­car para a to­le­ran­cia su­pón edu­car en to­le­ran­cia

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de la Escuela - - SOCIALES -

Edu­car non é in­for­mar so­bre a bon­da­de dun prin­ci­pio, nin de­mos­trar que ese prin­ci­pio re­sul­ta im­pres­cin­di­ble para o fun­cio­na­men­to da so­cie­da­de ou para que a so­cie­da­de si­ga exis­tin­do. Edu­car é con­se­guir que as per­soas op­ten li­bre­men­te por ser dun mo­do de­ter­mi­na­do, é di­cir, que asu­man un sis­te­ma de va­lo­res e ade­cúen as súas con­du­tas a el. De nada ser­ve que un­ha per­soa sai­ba que to­dos as ra­zas hu­ma­nas de­ben go­zar dos mes­mos de­rei­tos, se ao fi­nal lle ofus­ca a soa idea de sos­pei­tar que a súa fi­lla se poi­da ca­sar con quen quei­ra.

Edu­car en to­le­ran­cia é loi­tar para rom­per moi­tos ta­bús arrai­ga­dos na con­cien­cia so­cial e cam­biar as per­soas. Is­to é es­pe­cial­men­te im­por­tan­te na ac­tua­li­da­de por­que exis­ten fac­to­res que abo­nan a ten­ta­ción do ra­di­ca­lis­mo, que é o ca­mi­ño opos­to á to­le­ran­cia. Por un­ha ban­da, está a reali­da­de his­tó­ri­ca dun­ha na­ción com­pos­ta por dis­tin­tas na­cio­na­li­da­des: ga­le­gos, vas­cos, ca­ta­láns; por ou­tra, a cir­cuns­tan­cia, ta­mén his­tó­ri­ca, de es­tar in­mer­sos nun pro­ce­so de des­cen­tra­li­za­ción e afian­za­men­to das au­to­no­mías que le­va a re­for­zar os tra­zos di­fe­ren­tes, máis que a con­ci­lia­los. Por ou­tra ban­da, está a cul­tu­ra xe­ne­ra­li­za­da da com­pe­ti­ti­vi­da­de co­mo ga­ran­tía da efi­ca­cia, que nos le­va a con­si­de­rar sem­pre ao ou­tro co­mo ad­ver­sa­rio ao que é ne­ce­sa­rio su­pe­rar co­mo se­xa. Mo­vé­mo­nos na di­co­to­mía de que­rer edu­car aos no­sos alum­nos con fi­de­li­da­de ao seu me­dio e ás súas raí­ces; ao mes­mo tem­po que­re­mos pre­pa­ra­los para un por­vir no que o éxi­to se­rá o re­sul­ta­do dun­ha loi­ta, non que­re­mos que se­xan fra­ca­sa­dos; e, ade­mais, que­re­mos que se­xan to­le­ran­tes. Por se is­to fo­ra pou­co, por en­ci­ma dos edu­ca­do­res e das no­sas pre­ten­sións, se­gui­rá exer­cen­do a súa in­fluen­cia inevi­ta­ble un am­bien­te in­for­ma­ti­vo no que im­pe­ra a vio­len­cia e uns re­cur­sos de le­cer (te­le­vi­sión e ci­ne) que se en­car­gan de le­va­la ata ex­tre­mos in­con­ci­bi­bles.

A REITERACIÓN

Co­rre­mos, evi­den­te­men­te, o ris­co de achan­dar o ca­mi­ño a un­ha edu­ca­ción en dous ni­veis: o teó­ri­co, que que­da nas pa­vías dos prin­ci­pios, un dos ca­les se­rá o da to­le­ran­cia, e o prác­ti­co, que co­rres­pon­de ao da vi­da real. Nis­to, co­mo en moi­tas cou­sas, só hai un mo­do de lo­grar un­ha ver­da­dei­ra edu­ca­ción en to­le­ran­cia: a reiteración con­ven­ci­da de ac­tos. Din os bió­lo­gos que a fun­ción crea o ór­gano; a re­pe­ti­ción dun­ha de­ter­mi­na­da fun­ción acaba por adap­tar e es­pe­cia­li­zar o ór­gano para rea­li­za­la cada vez con máis efi­ca­cia. En ter­mos de con­du­ta, a re­pe­ti­ción de de­ci­sións nun­ha mes­ma di­rec­ción afian­za a iden­ti­fi­ca­ción do va­lor so­bre o que se apoian, que se vai con­ver­ten­do aos pou­cos no que Ben­ja­min Bloom cha­ma­ba ca­rac­te­ri­za­ción, in­te­gra­ción na for­ma de ser da per­soa. A re­pe­ti­ción de con­du­tas to­le­ran­tes acaba por in­cor­po­rar a to­le­ran­cia co­mo un tra­zo da pro­pia per­so­na­li­da­de.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.