Ne­nos e cans

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de la Escuela - - CIENCIAS -

Di­se po­pu­lar­men­te que cal­que­ra neno de­be­ría po­der cum­prir dous so­ños na súa vi­da. O pri­mei­ro se­ría ter un can e o se­gun­do, un­ha nai que llo dei­xe go­zar. A si­tua­ción non está moi lon­xe de cum­prir­se en Ga­li­cia, pois hai re­xis­tra­dos máis de 340.000 cans, un­ha ci­fra que se ele­va a uns 500.000 se se en­ga­den os que se man­te­ñen sen cen­sar. Co­mo na no­sa re­xión vi­ven pou­co máis de 200.000 me­no­res de 10 anos, ha­be­ría máis dun can por neno. Ade­mais de con­tri­buír a ma­du­rar as ne­ce­si­da­des afec­ti­vas, algunhas in­ves­ti­ga­cións pa­re­cen apun­tar a que os re­cen­te­men­te na­dos que se crían en com­pa­ñía des­tes ani­mais desen­vol­ven un sis­te­ma in­mu­ne que lles pro­te­xe me­llor fron­te a moi­tas en­fer­mi­da­des (in­fec­cións res­pi­ra­to­rias, de na­riz e oí­do, fe­bres, et­cé­te­ra) e te­rán me­nos pro­ba­bi­li­da­des de su­frir aler­xias no fu­tu­ro.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.