A ex­pe­rien­cia mo­zam­bi­ca­na dun­ha pro­fe­so­ra co­ru­ñe­sa

EN­TRE­VIS­TA | Su­sa­na Váz­quez, pro­fe­so­ra do co­le­xio Iná­cio de Loio­la

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de la Escuela - - PORTADA -

Su­sa­na Váz­quez, pro­fe­so­ra en Mo­zam­bi­que, non du­bi­dou en sal­tar do co­ru­ñés San­ta Ma­ría del Mar ao co­le­xio Iná­cio de Loio­la. Da desem­bo­ca­du­ra da ría do Bur­go á sel­va afri­ca­na. De cla­ses que non sa­ben o que é a ma­si­fi­ca­ción a au­las con 50 alum­nos en ca­da un­ha. «É un­ha opor­tu­ni­da­de pa­ra po­ñer­te as pi­las», re­fle­xio­na an­tes de en­ga­dir: «Cam­bia o es­que­ma can­do tes tan­ta xen­te na cla­se, sen re­cur­sos tec­no­ló­xi­cos, es­tu­dan­tes que xa­mais vi­ron un­ha en­ci­clo­pe­dia e que se que­dan ma­ra­bi­lla­dos coas súas ilus­tra­cións». —E non te­rán nin­gún can­tan­te ou fut­bo­lis­ta co­mo mo­de­lo, su­po­ño.

—¡Nooon! Non vi­ron nun­ca a te­le, pe­ro en cin­co mi­nu­tos for­man un co­ro, co­men xi­ma (pas­ta de mi­llo con auga) e fa­bas to­dos os días e rin­se ata coa som­bra que re­flic­ten.

—Non se lle fai es­tra­ño?

—Si, iso e to­do. Pe­ro ta­mén é ma­ra­bi­llo­so po­der tra­ba­llar con com­pa­ñei­ros do teu cen­tro e dou­tros, al­gúns xa xu­bi­la­dos, na distancia. Creo que co­mo máis se apren­de nes­ta pro­fe­sión é co­ñe­cen­do e ob­ser­van­do o que ou­tros fan. —Pe­ro non per­deu o con­tac­to con Ga­li­cia.

—Non, non. Gra­zas ao meu blog fi­xe­mos ac­cións en co­mún con ou­tros cen­tros co­mo o IES As Bar­xas de Moa­ña, co que desen­vol­ve­mos un tra­ba­llo con­xun­to so­bre as ca­pu­la­nas, un­ha pren­da sim­bó­li­ca nes­te país. —«Co­mían de pie», es­cri­biu no seu blog. —Tex­tual. Ata hai dúas se­ma­nas non che­ga­ron as ca­dei­ras pa­ra o co­me­dor es­co­lar, que ta­mén ser­ven

pa­ra os ac­tos, as ho­ras de es­tu­do no in­ter­na­do, et­cé­te­ra. Non é doa­do ato­par moi­tos pro­du­tos aquí. —Ta­mén es­cri­biu que o tem­po no he­mis­fe­rio sur é dis­tin­to.

—É un­ha per­cep­ción per­soal que po­de es­tar equi­vo­ca­da. Ha­be­ría que pre­gun­tar a ex­per­tos e a pro­fe­sio­nais da coope­ra­ción, eu non o son. Sin­to que o tem­po ten ou­tra di­men­sión, por­que a im­pre­vi­si­bi­li­da­de es­tá ase­gu­ra­da. —En que me­di­da es­ta ex­pe­rien­cia é en­ri­que­ce­do­ra?

—En to­dos os ni­veis. Per­soal­men­te, por­que a in­ten­si­da­de das vi­ven­cias va­riou a mi­ña for­ma de pen­sar res­pec­to a al­gun­has cues­tións bá­si­cas co­mo a ale­gría, a fa­mi­lia, a so­li­da­rie­da­de… Es­pi­ri­tual­men­te, por­que me fi­xo re­fle­xio­nar so­bre o sen­ti­do de vi­da. E pro­fe­sio­nal­men­te, por­que apren­dín moi­to dos meus com­pa­ñei­ros de aquí e de alá, de edu­car nun con­tex­to tan di­fe­ren­te.

—Pe­ro vai vol­ver á Co­ru­ña.

— Si, e non tar­da­rei. Pe­ro ta­mén creo que vou ter sau­da­de da es­co­la, da mi­sión on­de vi­vo e das vi­si­tas ao in­ter­na­do a char­lar cos alum­nos. A sen­sa­ción é que que­da moi­to por fa­cer co­mo mo­tor pa­ra er­guer­se.

—E vai con­ti­nuar co seu la­bor?

—Is­to é un­ha via­xe sen re­torno. Sei que non me vou des­vin­cu­lar des­te pro­xec­to. Des­de aquí in­vi­to aos com­pa­ñei­ros dou­tros cen­tros a desen­vol­ver ac­cións de co­la­bo­ra­ción di­dác­ti­ca e so­li­da­ria, non só en se­cun­da­ria, se­nón ta­mén en in­fan­til e pri­ma­ria. Por aquí as per­soas can­do se des­pi­den adoi­tan di­cir «Es­ta­mos xun­tos», así que po­de­mos po­ñér­mo­nos en con­tac­to a tra­vés do mail es­ta­mos­jun­tos­nae­sil@gmail.com.

A pro­fe­so­ra Su­sa­na Váz­quez nun­ha das au­las do Iná­cio de Loio­la

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.