«¡Oxa­lá par­ti­ci­pa­sen así os pais en Ga­li­cia!»

Un­ha pro­fe­so­ra de Cor­cu­bión im­plí­ca­se en Mo­zam­bi­que nun pro­xec­to de desen­vol­ve­men­to im­pul­sa­do des­de o co­le­xio co­ru­ñés San­ta Ma­ría del Mar

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de la Escuela - - EDUCACIÓN - > José Suá­rez

Cho­ve e o son en­xor­de­ce­dor da auga so­bre a cha­pa do te­lla­do di­fi­cul­ta que 50 es­tu­dan­tes da au­la de Quí­mi­ca de 11.º cur­so (1.º de ba­cha­re­la­to) do co­le­xio Iná­cio de Loio­la en Msa­lad­zi poi­dan es­coi­tar o que lles con­ta a súa pro­fe­so­ra. Ela é un­ha cor­cu­bio­ne­sa ve­ci­ña de Olei­ros, Su­sa­na Váz­quez, que non qui­xo des­per­di­ciar a opor­tu­ni­da­de que lle pro­pu­xe­ron no seu cen­tro edu­ca­ti­vo, San­ta Ma­ría del Mar, da Co­ru­ña, pa­ra apren­der e en­si­nar nun con­tex­to edu­ca­ti­vo to­tal­men­te dis­tin­to ao es­pa­ñol. Un­ha ex­pe­rien­cia que apro­vei­tou pa­ra que os alum­nos dos dous cen­tros in­ter­cam­bien ex­pe­rien­cias a tra­vés do blo­gue el­re­creo­so­li­da­rio. blogs­pot. com, bi­tá­co­ra na que es­cri­ben nos re­creos so­bre as súas in­que­dan­zas e pro­xec­tos re­la­cio­na­dos coa so­li­da­rie­da­de.

A es­co­la es­tá si­tua­da na me­se­ta de An­gô­nia, en­ca­dre xeo­grá­fi­co con­si­de­ra­do o ce­lei­ro de Mo­zam­bi­que e no que a Com­pa­ñía de Xe­sús, á que per­ten­cen os cen­tros da Co­ru­ña e de Tsan­gano, es­tá le­van­do a ca­bo un pro­xec­to de desen­vol­ve­men­to ru­ral. Un pro­xec­to que, ade­mais da crea­ción e for­ma­ción de aso­cia­cións de cam­pe­si­ños, in­te­gra. Máis con­cre­ta­men­te, trá­ta­se dun­ha pro­pos­ta edu­ca­ti­va en se­cun­da­ria cun for­te acen­to nas ac­ti­vi­da­des agro­pe­cua­rias pa­ra lo­grar que a re­xión, un­ha das máis po­bres de Mo­zam­bi­que, pa­se da agri­cul­tu­ra de sus­ten­to á agri­cul­tu­ra de ren­de­men­to. O ou­tro ob­xec­ti­vo prin­ci­pal do pro­xec­to é fo­men­tar a es­co­la­ri­za­ción das mu­lle­res, que no en­sino se­cun­da­rio é moi bai­xa.

«Chi­kon­di chie­ri M’man­ja» é un dos úl­ti­mos post pu­bli­ca­dos des­de Tsan­gano no blo­gue O Re­creo So­li­da­rio. Sig­ni­fi­ca na lin­gua materna dos alum­nos «O amor es­tá nas mans», un­ha ex­pre­sión moi ha­bi­tual des­ta zo­na do país e que tes­te­mu­ña ta­mén, se­gun­do Su­sa­na, a pro­pia ac­ti­vi­da­de en­tre as dúas es­co­las en­tre as que fai de pon­te: un co­le­xio co­ru­ñés con 50 anos de his­to­ria que ten­de a man a un­ha es­co­la mo­zam­bi­cano que co­me­za a súa an­dai­na. O por­tu­gués é a lin­gua ofi­cial des­tas es­co­las, pe­ro só é fa­la­da por un­ha pe­que­na por­cen­ta­xe de per­soas.

O CHICHEWA

O pro­ble­ma prin­ci­pal é a bai­xa com­pe­ten­cia lin­güís­ti­ca do alum­na­do. De fei­to, os pro­fe­so­res im­plan­ta­ron un plan es­pe­cial no que em­pre­gan moi­tos dos re­cur­sos uti­li­za­dos cos alum­nos xor­dos, é di­cir, apren­di­za­xe vi­sual, én­fa­se en pa­la­bras cra­ve, fra­ses cur­tas e moi cla­ras e sen am­bi­güi­da­de. Ex­pré­san­se en chichewa, un­ha lin­gua que xa co­ñe­cen os alum­nos de ba­cha­re­la­to e ESO de San­ta Ma­ría del Mar e da que xa co­me­za­ron a usar coa axu­da dun pe­queno di­cio­na­rio chichewa-por­tu­gués-ga­le­go.

No blo­gue ci­ta­do, Su­sa­na co­men­ta as súas im­pre­sións so­bre a pri­mei­ra reunión de pais no cen­tro no que os alum­nos desen­vol­ven prác­ti­cas que lo­go le­van aos cam­pos mo­de­lo nas súas ca­sas e co­mu­ni­da­des. «¡Oxa­lá par­ti­ci­pa­sen así os pais en Ga­li­cia!», re­ma­ta Su­sa­na, asom­bra­da an­te a asis­ten­cia ma­si­va de pais e nais que se des­pra­za­ron na maio­ría dos ca­sos máis de 20 qui­ló­me­tros a pé ou, os máis fa­vo­re­ci­dos, nun­ha mo­to tri- ou te­tra­pra­za.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.