Os pre­mios que fo­men­tan a cien­cia na es­co­la

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de la Escuela - - PORTADA -

Un­ha das mo­da­li­da­des máis re­cen­te­men­te in­cor­po­ra­da ao pre­mio Luis Freire é o de in­ves­ti­ga­cións cien­tí­fi­cas en au­las de edu­ca­ción pri­ma­ria. Nes­te ca­so son os pro­fe­so­res os que pre­sen­tan a súa can­di­da­tu­ra con tra­ba­llos que te­ñan desen­vol­vi­do en cla­se. Da man dos seus mes­tres, es­tes ne­nos e nenas iní­cian­se no mé­to­do cien­tí­fi­co, rea­li­zan­do ta­re­fas co­mo ob­ser­var, to­mar da­tos, ela­bo­rar tá­boas e grá­fi­cas ou dis­cu­tir re­sul­ta­dos.

¿DE QUE COR É A «SUOR» DAS PLAN­TAS?

Nes­ta li­ña tra­ba­llou o gru­po de se­gun­do de pri­ma­ria do CEIP Pon­te dos Bro­zos, de Ar­tei­xo, que ob­ti­vo o pri­mei­ro pre­mio. Di­ri­xi­dos po­la súa ti­to­ra, Isa­bel Es­pi­ñei­ra, pro­pu­xé­ron­se pes­cu­dar se a cor da suor, ou trans­pi­ra­ción, das plan­tas, de­pen­de da cor da au­ga coa que se lles re­ga. Rea­li­za­ron un­ha me­ticu­losa pla­ni­fi­ca­ción da in­ves­ti­ga­ción, pre­pa­ran­do va­rias ma­ce­tas con plan­tas, un­has con flo­res e ou­tras sen elas, pa­ra ver se o re­sul­ta­do era di­fe­ren­te, e pe­cha­ron as ma­ce­tas con plás­ti­co trans­pa­ren­te pa­ra po­der ob­ser­var as go­ti­ñas de au­ga re­sul­tan­tes da trans­pi­ra­ción.

En­tón co­me­za­ron a re­gar as plan­tas pe­rio­di­ca­men­te usan­do au­ga tin­gui­da con co­lo­ran­tes ali­men­ta­rios, un pro­ce­so no que pui­de­ron apren­der e avan­zar a ba­se do en­saio e erro; ini­cial­men­te bo­ta­ban a au­ga cun con­ta­go­tas, pe­ro

a di­fe­ren­te des­tre­za des­tes pe­que­nos cien­tí­fi­cos con es­te ins­tru­men­tos fa­cía que a can­ti­da­de de au­ga ver­ti­da non fo­se re­gu­lar, así que de­ci­di­ron cam­biar a un­ha me­di­da dun ta­pón de bo­te­lla. E, tras com­pro­bar a cor da suor de ca­da plan­ta, con­cluí­ron que no 90 por cen­to das mos­tras era trans­pa­ren­te, in­de­pen­den­te­men­te da cor da au­ga de re­ga.

CON MOI­TO MÉ­TO­DO

Ou­tros dous tra­ba­llos de au­las de pri­ma­ria al­can­za­ron a fi­nal po­lo seu bo de­sen­vol­ve­men­to. Alum­nos de 4.º e 6.º que com­par­ten au­la no CPI Poe­ta Uxío No­vo­ney­ra pre­gun­tá­ron­se se son im­por­tan­tes os or­ga­nis­mos do chan pa­ra o cre­ce­men­to das plan­tas. A súa pro­fe­so­ra, M.ª Car­men Fer­nán­dez, orien­to­ulles nun en­saio no que fi­xe­ron xer­mi­nar se­men­tes en mos­tras de te­rra e ou­tras na mes­ma te­rra, pe­ro es­te­ri­li­za­da tras so­me­te­la á luz dun­ha lám­pa­da e in­tro­du­ci­la nun forno a bai­xa tem­pe­ra­tu­ra du­ran­te 3 días pa­ra eli­mi­nar os mi­cro­or­ga­nis­mos. De­ter­mi­na­ron así, que as plan­tas cre­cen me­llor en te­rra sen al­te­rar, fa­cen­do a par­tir di­so un­ha in­tere­san­te re­fle­xión so­bre os efec­tos que po­de­rían ter os incendios so­bre o chan.

O mé­to­do cien­tí­fi­co e o de­sen­vol­ve­men­to de deseños ex­pe­ri­men­tais fo­ron ta­mén os pun­tos for­tes da in­ves­ti­ga­ción dos alum­nos de 5.º do co­le­xio San­ta Ma­ría del Mar, que, co seu mes­tre Jo­sé Ló­pez, in­ten­ta­ron des­cu­brir se a cor da luz que re­ci­ben as plan­tas in­flúe no seu cre­ce­men­to. Tras en­saiar di­ver­sos deseños de ma­ce­tas, cu­ber­tas con pa­pel de ce­lo­fán de co­res, e dis­tin­tos sis­te­mas de re­ga, de­du­ci­ron que hai tons que per­mi­ten ás plan­tas cre­cer me­llor.

Re­gan­do con au­ga co­lo­rea­da de ama­re­lo, e re­xis­tran­do da­tos e re­sul­ta­dos

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.