> SE­CUN­DA­RIA

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de la Escuela - - CIENCIAS -

O Pre­mio Luis Freire na­ceu coa fi­na­li­da­de de es­per­tar en­tre os es­tu­dan­tes de se­cun­da­ria en Ga­li­cia o in­tere­se po­la cien­cia, in­vi­tán­do­lles a for­mu­lar pre­gun­tas ás que pui­de­sen dar res­pos­ta me­dian­te a ex­pe­ri­men­ta­ción ou o tra­ba­llo de cam­po. Es­ta mo­da­li­da­de, a máis an­ti­ga do cer­ta­me, pre­miou ao lon­go de to­dos es­tes anos in­ves­ti­ga­cións so­bre cues­tións moi ori­xi­nais, desen­vol­vi­das de for­ma bri­llan­te.

¿PÓDESE RE­SU­CI­TAR IN­SEC­TOS?

Es­te é o tí­tu­lo da in­ves­ti­ga­ción que se al­zou co pri­mei­ro pre­mio na mo­da­li­da­de de se­cun­da­ria nes­ta úl­ti­ma edi­ción, pre­sen­ta­da por tres alum­nas do IES La­goa de An­te­la: An­tía Quin­tas, Arian­na Alon­so e Azahar Casas. O xu­ra­do des­ta­cou do seu tra­ba­llo a cu­rio­si­da­de e va­len­tía pa­ra afron­tar o es­tu­do dun su­ce­so na­tu­ral da súa con­tor­na.

Foi por mor dun­ha anéc­do­ta su­ce­di­da du­ran­te un­ha vo­da á que asis­ti­ra un­ha das au­to­ras, can­do se plan­tea­ron in­ves­ti­gar se un­ha mos­ca, ou ou­tros in­sec­tos, po­día re­su­ci­tar des­pois de mer­gu­lla­la nun lí­qui­do. Pa­ra co­me­zar, do­cu­men­tá­ron­se e acha­ron di­ver­sas re­fe­ren­cias, al­gun­has de es­cri­tos da an­ti­ga Gre­cia, que fa­la­ban da ca­pa­ci­da­de das mos­cas de re­na­cer.

No seu tra­ba­llo, que de­mos­trou la­bo­rio­si­da­de e cons­tan­cia, em­pre­ga­ron mos­cas que elas mes­mas cria­ron, así co­mo gri­los e in­sec­tos pau, que mer­gu­lla­ron en au­ga du­ran­te va­rios in­ter­va­los de tem­po, e des­pois se­cá­ro­nos uti­li­zan­do di­ver­sos ma­te­riais, co­mo cin­za, sal, se­rra­du­ras, arroz ou si­li­ca­xel. A con­clu­sión prin­ci­pal é que os in­sec­tos ob­xec­to do seu es­tu­do po­dían re­vi­vir tras un tem­po má­xi­mo de in­mer­sión en au­ga de 21 ho­ras, pro­ba­ble­men­te por per­ma­ne­cer du­ran­te ese tem­po nun­ha es­pe­cie de le­tar­go.

CU­RIO­SI­DA­DE PO­LA CON­TOR­NA

O se­gun­do posto nes­ta ca­te­go­ría de in­ves­ti­ga­cións na ESO foi pa­ra tres es­tu­dan­tes do CPI Poe­ta Uxío No­vo­ney­ra, de Fol­go­so do Cou­rel, que rea­li­za­ron un tra­ba­llo so­bre o éxi­to da po­li­ni­za­ción de tres es­pe­cies de or­quí­deas que cre­cen no Cou­rel. Aman­da Ar­za, Ma­ría Lo­cay e Lluis Cas­tro des­pra­zá­ron­se á mon­ta­ña, a un­ha zo­na a 1.000 me­tros de al­ti­tu­de, e con­ta­ron as flo­res de ca­da un­ha das plan­tas, así co­mo can­tas des­tas flo­res se con­ver­te­ron pos­te­rior­men­te en froi­tos. Os seus re­sul­ta­dos, que mos­tra­ron di­fe­ren­zas en­tre o éxi­to de po­li­ni­za­ción das tres es­pe­cies, con­cor­da­ron cos dou­tros es­tu­dos so­bre es­tas or­quí­deas en Eu­ro­pa oc­ci­den­tal.

En ter­cei­ro lu­gar, pe­ro non me­nos me­ri­to­rio, que­dou cla­si­fi­ca­do o es­tu­do que qui­xo de­ter­mi­nar se é di­fe­ren­te a res­pos­ta ás ilu­sións óp­ti­cas en mo­zos e mo­zas. Es­te­la Ara­das, Zu­ri­ñe Pé­rez e Clau­dia San­tos, do IES Ro­sa­lía de Cas­tro de San­tia­go de Com­pos­te­la, con­cluí­ron, tras mos­trar di­fe­ren­tes ilu­sións vi­suais a un­ha selección de per­soas, que as mu­lle­res as ven me­llor que os ho­mes.

A ima­xe mos­tra un­ha cu­be­ta on­de as alum­nas cria­ron as mos­cas

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.