> PRO­XEC­TOS TECNOLÓXICOS

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de la Escuela - - CIENCIAS -

A tec­no­lo­xía for­ma par­te xa da vi­da dos mo­zos e a es­co­la non é allea a es­te fei­to. Por iso o Pre­mio Luis Freire en­ga­diu hai dous anos a ca­te­go­ría de In­ves­ti­ga­ción Tec­no­ló­xi­ca, di­ri­xi­da a alum­nos de edu­ca­ción se­cun­da­ria obri­ga­to­ria, ba­cha­re­la­to e ci­clos for­ma­ti­vos, que han de pre­sen­tar ideas pa­ra desen­vol­ver un pro­xec­to que te­ña re­la­ción con fei­tos ou pro­ce­sos da vi­da co­tiá.

A CA­LI­DA­DE DO ACEI­TE USA­DO EN FRIXIDEIRAS

¿Que acei­te é me­llor pa­ra fri­tir, o de oliva ou o de xi­ra­sol? ¿Co­mo se de­te­rio­ra? ¿Co­mo afec­ta á no­sa saú­de? ¿Ata can­do se de­be man­ter o acei­te usa­do sen cam­bia­lo? Es­tas fo­ron al­gun­has das pre­gun­tas que se pro­pu­xe­ron re­sol­ver Mi­guel Ro­drí­guez e Martín An­sia, do Par­que Tec­no­ló­xi­co de Ga­li­cia, a tra­vés dun pro­xec­to que lles fi­xo le­var o pri­mei­ro pre­mio na súa mo­da­li­da­de, en­tre ou­tras cou­sas po­lo de­sen­vol­ve­men­to dun­ha tec­no­lo­xía di­rec­ta e ac­ce­si­ble a to­dos, en pa­la­bras do xu­ra­do.

Pa­ra de­ter­mi­nar a ca­li­da­de das mos­tras de acei­te usa­do, ob­ti­das de frixideiras de 10 fa­mi­lias que co­la­bo­ra­ron na in­ves­ti­ga­ción, fa­bri­ca­ron un es­pec­tro­fo­tó­me­tro ca­sei­ro. Es­te ins­tru­men­to per­mi­te me­dir o es­pec­tro de ab­sor­ción de luz das sus­tan­cias, nes­te ca­so os acei­tes de oliva e xi­ra­sol, can­do se ilu­mi­nan cun lá­ser; a me­di­da que o acei­te se de­gra­da po­lo uso, o seu es­pec­tro de ab­sor­ción va­ría.

As súas con­clu­sións, nas que in­di­can que o acei­te de oliva de­be re­no­var­se tras 12 usos e o de xi­ra­sol des­pois de 8, ser­vi­ron pa­ra que tan­to eles co­mo as fa­mi­lias que co­la­bo­ra­ron re­fle­xio­na­sen so­bre a im­por­tan­cia de uti­li­zar acei­tes en bo es­ta­do pa­ra o con­su­mo.

DA APLI­CA­CIÓN PA­RA MÓ­BIL AO ESPANTALLO ELEC­TRÓ­NI­CO

Co­mo afec­cio­na­do á prác­ti­ca do pa­tín

scoo­ter, Fé­lix Ote­gui, alumno do co­le­xio Mi­ral­ba, pen­sou en crear un­ha apli­ca­ción pa­ra o te­lé­fono mó­bil que per­mi­ti­se co­nec­tar aos afec­cio­na­dos a es­te de­por­te en Ga­li­cia. Uti­li­zan­do App In­ven­tor desen­vol­veu un­ha fe­rra­men­ta que in­clúe a lo­ca­li­za­ción dos usua­rios e dos par­ques de ska­te, un­ha ga­le­ría de ima­xes e un twit­ter pa­ra com­par­tir ex­pe­rien­cias. O xu­ra­do va­lo­rou o seu pro­xec­to tec­no­ló­xi­co co­mo me­re­ce­dor do se­gun­do pre­mio.

Dou­tra ban­da, a sen­si­bi­li­za­ción ca­ra aos pro­ble­mas que pre­sen­tan os no­sos cul­ti­vos ser­viu de pun­to de par­ti­da a Na­ta­lia Fa­ri­ña e Pau­la Le­ma, de Au­las Cien­tí­fi­co-Tec­no­ló­xi­cas Isi­dro Par­ga Pon­dal, pa­ra cons­truír un espantallo elec­tró­ni­co. Cun­ha pla­ca ba­se de Ar­duino e sen­so­res de mo­ve­men­to, es­tá pen­sa­do pa­ra es­co­rren­tar ás aves a tra­vés da emi­sión de lu­ces e sons. Es­te ori­xi­nal e ac­ce­si­ble deseño, co que fo­ron as ter­cei­ras fi­na­lis­tas dos pro­xec­tos tecnolóxicos, de­mos­trou ser máis efec­ti­vo nas pro­bas de cam­po que o espantallo tra­di­cio­nal.

Es­pec­tro­fo­tó­me­tro fa­bri­ca­do po­los alum­nos pa­ra ana­li­zar as mos­tras de acei­te usa­do

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.