Atra­pa a ban­dei­ra

Des­co­bre os ele­men­tos na­tu­rais e ou­tros sím­bo­los que es­con­den os pa­vi­llóns do mun­do

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de la Escuela - - CIENCIAS >> - > Mi­guel Ba­rral

O re­sul­ta­do de­fi­ni­ti­vo do pro­ce­so con­vo­ca­do hai un ano po­lo Go­berno neo­ce­lan­dés pa­ra que a po­boa­ción es­co­lle­se cal que­ría que fo­se a súa ban­dei­ra na­cio­nal fí­xo­se ofi­cial o pa­sa­do 30 de mar­zo. Me­dian­te un re­fe­ren­do os ci­da­dáns es­fo­lla­ron a ¿mar­ga­ri­da? e op­ta­ron por man­ter­se fieis á tra­di­ción e dar por boa a ban­dei­ra vi­xen­te des­de 1902, deseña­da po­lo ofi­cial da Ro­yal Navy sir Al­bert Has­tings Mark­ham e ins­pi­ra­da na in­sig­nia ma­rí­ti­ma bri­tá­ni­ca. Pre­sen­ta un fon­do azul mariño que re­pre­sen­ta o mar e o ceo que ro­dea o te­rri­to­rio. So­bre es­te des­ta­ca o cuar­te­to de es­tre­las da cons­te­la­ción da Cruz do Sur, que pre­si­de o fir­ma­men­to noc­turno do he­mis­fe­rio aus­tral. Na es­qui­na su­pe­rior es­quer­da lo­ce a Union Jack, re­cor­dan­do a súa fun­da­ción e ori­xes co­mo co­lo­nia bri­tá­ni­ca. Fron­te a ela, a al­ter­na­ti­va pre­sen­ta­da man­ti­ña o fon­do azul mariño e a cons­te­la­ción pe­ro subs­ti­tuía a re­fe­ren­cia bri­tá­ni­ca por un­ha fo­lla de fiei­to pra­tea­do (Cyat­hea deal­ba­ta). Un­ha es­pe­cie en­dé­mi­ca do país e que, de fei­to, é em­pre­ga­da co­mo em­ble­ma na­cio­nal des­de a se­gun­da gue­rra dos bóer e lo­ce no pei­to da maio­ría dos equi­pos de­por­ti­vos na­cio­nais, cos All Blacks á ca­be­za.

O cer­to é que un­ha vez que un se de­ci­de a in­da­gar res­pec­to di­so, des­co­bre nu­me­ro­sos exem­plos de ban­dei­ras na­cio­nais que in­cor­po­ran non só plan­tas re­pre­sen­ta­ti­vas, se­nón ta­mén ani­mais e in­clu­so ele­men­tos tecnolóxicos e in­dus­triais. Ou se­xa, que a ve­xi­lo­lo­xía, que así se de­no­mi­na o es­tu­do das ban­dei­ras, un­ha dis­ci­pli­na crea­da en 1957 por With­ney Smith, pro­fe­sor da Uni­ver­si­da­de de Ya­le, ten moi­to de cien­cia.

Pa­ra cons­ta­ta­lo, es­ta selección de ban­dei­ras, con­ver­ti­da en xo­go con­sis­ten­te en iden­ti­fi­car a que país per­ten­cen coa axu­da das pis­tas que se lis­tan a con­ti­nua­ción:

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.