«As mi­ñas mans son os meus ollos»

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de la Escuela - - MEJOR PERIODISTA JUVENIL 2016 - > AI­TOR LAGO RAMÍREZ | ESTUDANTE DE ADE Noa Ramírez Cas­te­llano

SAL­CE­DA DE CA­SE­LAS | O meu en­tre­vis­ta­do é o estudante Ai­tor Lago Ramírez. Pa­re­ceu­me in­tere­san­te en­tre­vis­ta­lo de­bi­do ás di­fi­cul­ta­des que ato­pa, xa que é in­vi­den­te.

—Cres que Ga­li­cia es­tá a un bo ni­vel de im­plan­ta­ción da edu­ca­ción pa­ra per­soas ce­gas?

—O ni­vel é acep­ta­ble, pe­ro de­be­ría ser bo. Se non te­ño a mes­ma ac­ce­si­bi­li­da­de ós ma­te­riais edu­ca­ti­vos, es­tan­me ex­cluín­do. —Es­tán as no­vas tec­no­lo­xías ade­cua­das ó brai­lle?

—Non. Adoi­to ter moi­tos pro­ble­mas por­que al­gun­has páxinas web non es­tán ade­cua­da­men­te con­fi­gu­ra­das. —E as re­des so­ciais? Son ac­ce­si­bles?

—Si, te­ño un or­de­na­dor con lec­tor de pan­ta­lla. Co­ló­co­me os cas­cos e di­me o que vou es­cri­bin­do. É o meu gran alia­do. —E di­fí­cil o día a día dun estudante ce­go?

—Bas­tan­te com­pli­ca­do. Te­ño que es­for­zar­me moi­to máis que os de­mais. —Co­mo che axu­da a ON­CE?

—Aché­ga­me to­do ti­po de ma­te­riais edu­ca­ti­vos. Ta­mén me tra­du­cen os li­bros ó brai­lle, pó­ñen­me un profesor de apoio

que me axu­da a so­lu­cio­nar cal­que­ra pro­ble­ma que poi­da ter na cla­se e im­pár­ten­me cur­sos que me en­si­nan a ter máis au­to­no­mía. —É cer­to iso de que un­ha per­soa ce­ga desen­vol­ve máis ou­tros sen­ti­dos? —Cla­ro que si. Por exem­plo co tac­to re­co­ñe­zo for­mas, tex­tu­ras, car­tos ... As mi­ñas mans son os meus ollos. Ta­mén te­ño desen­vol­vi­do o oí­do por­que me axu­da a orien­tar­me. —Cal foi o peor mo­men­to que vi­vi­ches co­mo in­vi­den­te? E o me­llor?

—Non hai mo­men­tos con­cre­tos, se­nón si­tua­cións. O peor que che po­de pa­sar é que non va­lo­ren o es­for­zo que fas to­dos os días. E o me­llor, sen­tir­me apoia­do po­la mi­ña fa­mi­lia e ami­gos, que me fan sen­tir im­por­tan­te. —Que cres que de­be­ría me­llo­rar a so­cie­da­de pa­ra fa­vo­re­cer ós ce­gos/as? —De­be­ría me­llo­rar a ac­ce­si­bi­li­da­de, a tec­no­lo­xía e o per­soal. Pe­ro o máis im­por­tan­te é cam­biar a for­ma na que pen­sa a so­cie­da­de «in­vi­den­te = in­ca­pa­ci­ta­do». Os ce­gos te­mos mes­mos de­rei­tos e as mes­mas opor­tu­ni­da­des que cal­que­ra ci­da­dán.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.