O 26 de xu­ño inau­gú­ra­se o novo ca­nal de Pa­na­má

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de la Escuela - - PORTADA - > Fer­nan­do Pa­rien­te

Re­pa­sa­mos o pro­ta­go­nis­mo de em­pre­sas es­pa­ño­las na cons­tru­ción dun ter­cei­ro ca­rril no ca­nal

A con­ta atrás pa­ra un­ha da­ta es­pe­cial­men­te sig­ni­fi­ca­ti­va, o 26 de xu­ño, co­me­zou. Pe­ro non imos fa­lar aquí do acon­te­ce­men­to que máis po­la­ri­za a aten­ción dos es­pa­ñois, a re­pe­ti­ción das elec­cións xerais des­pois de que nin­gún par­ti­do pui­de­se for­mar Go­berno tras as do 20 de de­cem­bro. Ese é o in­tere­se pre­fe­ren­te en Es­pa­ña, pe­ro o do mun­do se­rá ese día a inau­gu­ra­ción da am­plia­ción da can­le de Pa­na­má. Un acon­te­ce­men­to que cam­bia­rá o trans­por­te e o co­mer­cio mun­diais. E a mar­ca Es­pa­ña ten moi­to que ver ni­so, por­que o con­sor­cio de em­pre­sas que exe­cu­tou es­ta obra de en­xe­ña­ría, tal­vez a máis com­ple­xa que se te­ña aco­me­ti­do na his­to­ria con­tem­po­rá­nea, foi di­ri­xi­do por un­ha em­pre­sa es­pa­ño­la, Sacyr Vallehermoso.

A inau­gu­ra­ción vai ser un acon­te­ce­men­to so­cial de pri­mei­ra mag­ni­tu­de. Es­tán in­vi­ta­dos máis de 70 xe­fes de Es­ta­do. Asis­ti­rá, co­mo in­vi­ta­do de hon­ra, o ex­pre­si­den­te de Es­ta­dos Uni­dos Jimmy Car­ter, que foi quen asi­nou co pre­si­den­te de Pa­na­má Omar To­rri­jos o Tra­ta­do To­rri­jos-Car­ter o 7 de se­tem­bro de 1977, que de­vol­veu a Pa­na­má a so­be­ra­nía so­bre a can­le des­de o 31 de de­cem­bro de 1999.

O PRI­MEI­RO BU­QUE

O pri­vi­le­xio de ser o bar­co en­car­ga­do de inau­gu­rar a am­plia­ción, atra­ve­san­do as no­vas es­clu­sas, co­rres­pon­deu­lle, tras un ri­go­ro­so sor­teo a un bu­que chi­nés, o An­dro­ni­kos, con ca­pa­ci­da­de pa­ra trans­por­tar 9.500 co­lec­to­res. Per­ten­ce á na­viei­ra Cos­co, un­ha das cin­co máis gran­des do mun­do. Mi­de 48,25 me­tros de man­ga e 299,98 de es­lo­ra. Cus­ta­ra­lle a pa­sa­xe en­tre 500.000 e 600.000 dó­la­res. Cru­za­rá des­de o Atlán­ti­co ao Pa­cí­fi­co.

UN­HA LON­GA HIS­TO­RIA

O ca­mi­ño pa­ra unir os dous océa­nos foi lon­go. Xa se pro­pu­xo o pro­xec­to du­ran­te o do­mi­nio español pa­ra co­mu­ni­car con se­gu­ri­da­de e ra­pi­dez o Pa­cí­fi­co e Es­pa­ña. Pe­ro re­sul­tou tec­ni­ca­men­te im­po­si­ble cos me­dios tec­no­ló­xi­cos da épo­ca. Por iso op­tou­se po­la so­lu­ción da vía te­rres­tre. As mer­can­cías eran des­em­bar­ca­das no por­to de Pa­na­má, no gol­fo de Da­rién, na cos­ta do Pa­cí­fi­co, e trans­por­tá­ban­se po­lo Ca­mi­ño Real, un­ha an­ti­ga ru­ta in­dí­xe­na me­llo­ra­da e as­fal­ta­da que atra­ve­sa­ba to­do o ist­mo. Máis tar­de adop­tou­se ou­tra so­lu­ción: fíxose un novo ca­mi­ño ata as bei­ras do río Cha­gres, e trans­por­tá­ban­se ata alí as mer­can­cías pa­ra em­bar­ca­las des­pois en bar­cos flu­viais ata o por­to de Por­to­be­lo, no Ca­ri­be, on­de se or­ga­ni­za­ba ca­da ano a flo­ta que via­xa­ba a Es­pa­ña.

Va­rios sécu­los des­pois re­to­mou­se a idea, pri­mei­ro po­lo en­xe­ñei­ro fran­cés Fer­di­nand de Les­seps, que xa cons­truí­ra a can­le de Suez, pe­ro a súa ini­cia­ti­va fra­ca­sou e fo­ron os es­ta­dou­ni­den­ses quen re­co­lle­ron a tes­te­mu­ña. O pri­mei­ro pa­so con­sis­tiu en apoiar a se­ce­sión de Co­lom­bia do te­rri­to­rio e a cons­ti­tu­ción dun­ha no­va na­ción, Pa­na­má, coa que asi­na­ron tra­ta­dos que es­ta­ble­ce­ron un­ha zo­na de ex­clu­sión ao re­dor da fu­tu­ra vía ma­rí­ti­ma e a con­ce­sión a per­pe­tui­da­de dos de­rei­tos de xes­tión a fa­vor de Es­ta­dos Uni­dos. As obras re­em­pren­dé­ron­se en 1904 e ter­mi­ná­ron­se en 1914.

CAR­LOS JASSO / REUTERS

Vis­ta aé­rea da ex­pan­sión do ca­nal de Pa­na­má na ri­bei­ra atlán­ti­ca

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.