Au­la na­ve­gan­te: ¿por que?

Mi­guel de la Qua­dra-Sal­ce­do, mes­tre, cón­ta­nos a his­to­ria e ra­zóns da fun­da­ción da súa Au­la Na­ve­gan­te, que le­va xa 30 ex­pe­di­cións e cum­pre ago­ra, des­pois do seu fa­le­ce­men­to o 20 de maio do 2016, sim­bo­li­ca­men­te —ou tal­vez al­go máis— na mes­ma da­ta do fa­le­cem

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de la Escuela - - EL PANEL DE LA - > Je­sús Ga­rri­do / jgs@cur­sos­re­pe­du­ca­dor.com Ru­ta Quet­zal 1995. Os ex­pe­di­cio­na­rios con­tan a súa pro­pia his­to­ria en You Tu­be: https://goo.gl/EI2ab1

«O pro­xec­to ori­xi­na­rio des­tas ex­pe­di­cións re­món­ta­se a me­dia­dos dos anos 50 e co­mo re­sul­ta­do da mi­ña pro­lon­ga­da es­tan­cia en Por­to Ri­co. Pe­ro a idea vén de moi­to máis atrás, dos anos 40. Con­cre­ta­men­te, das con­ver­sa­cións que, men­tres to­ma­ba­mos cho­co­la­te na mi­ña ca­sa, man­ti­ven co fi­ló­so­fo Juan Zaragüeta.

»O fi­ló­so­fo rea­li­za­ra en 1934, e en com­pa­ñía de fu­tu­ros fi­ló­so­fos e ilus­tres aca­dé­mi­cos da ta­lla de Xa­vier Zu­bi­ri e Ma­nuel Gar­cía Mo­ren­te, un­ha via­xe en bar­co que se cha­mou Cru­cei­ro po­lo Me­di­te­rrá­neo e que se fi­xo co apoio da Uni­ver­si­da­de Com­plu­ten­se e da Es­co­la de Ar­qui­tec­tu­ra de Ma­drid. Co­mo da­to anec­dó­ti­co, ca­be re­cor­dar que o alumno que le­vou o pre­mio ao me­llor re­la­to da via­xe, e que lo­go se­ría pu­bli­ca­do, cha­má­ba­se Ju­lián Ma­rías.

»Pe­ro, oín­do a Juan Zaragüeta e aos seus com­pa­ñei­ros fa­lar con to­do en­tu­sias­mo da­que­la via­xe mí­ti­ca, que non só lles per­mi­tiu des­cu­brir o Ma­re Nos­trum se­nón que es­ta­ble­ceu en­tre eles uns víncu­los de ami­za­de e com­pa­ñei­ris­mo que per­ma­ne­ce­ría vi­vo du­ran­te to­da a súa vi­da, oco­rréu­se­me que se­ría fan­tás­ti­co vol­ver crear aque­la aven­tu­ra cul­tu­ral e ilus­tra­da en be­ne­fi­cio dos mo­zos es­pa­ñois e ame­ri­ca­nos ac­tuais, por des­gra­za tan dis­tan­cia­dos e alleos os uns dos ou­tros.

»Con to­do, o pro­xec­to non em­pe­zou a con­cre­tar­se ata fi­nais dos anos 70. E, co­mo tan­tas ve­ces oco­rre nes­ta vi­da, xur­diu de for­ma ca­sual, no cur­so dun­ha reu­nión co rei Juan Car­los. Os fas­tos e con­me­mo­ra­cións do quin­to cen­te­na­rio do des­cu­bri­men­to es­ta­ban aín­da moi afas­ta­dos; pe­ro de to­dos é co­ñe­ci­do o pa­pel di­na­mi­za­dor xo­ga­do po­la Co­roa e a súa de­ci­sión de su­pe­rar ve­llas in­com­pren­sións e re­sen­ti­men­tos pa­ra abrir no­vas vías de co­ñe­ce­men­to en­tre Amé­ri­ca e Es­pa­ña e, a tra­vés des­ta, con Eu­ro­pa.

»De in­me­dia­to mos­trou o mo­nar­ca o seu in­tere­se e a súa de­ci­sión de apoiar un pro­xec­to di­ri­xi­do aos mo­zos dun e ou­tro la­do do Atlán­ti­co que pre­ten­día sus­ci­tar, a tra­vés da cul­tu­ra e a aven­tu­ra, un me­llor co­ñe­ce­men­to e com­pren­sión mu­tuos.

»To­do is­to ser­viu pa­ra ir per­fi­lan­do, ata dar­lle a súa for­ma ac­tual, es­ta Ru­ta Quet­zal que, non por ca­sua­li­da­de, to­ma o seu no­me dun­ha ave que foi ve­ne­ra­da po­los an­ti­gos maias e os az­te­cas: un­ha ave mí­ti­ca, pe­ro en pe­ri­go de ex­tin­ción, que vén do pa­sa­do e prés­ta­lle o seu no­me a un­ha aven­tu­ra tan des­pro­por­cio­na­da en re­la­ción á ta­re­fa que se pro­pu­ña rea­li­zar que ben po­de­ría ser ta­cha­da de qui­me­ra, no que es­ta aven­tu­ra no­sa ten de so­ño e de mi­to, pois non dou­tro xei­to po­de cua­li­fi­car­se un pro­xec­to que pre­ten­de unir os mo­zos de ho­xe no co­ñe­ce­men­to dun pa­sa­do que os ir­man­da­rá no fu­tu­ro.

»To­das a so­cie­da­des po­súen os seus pro­pios ri­tos de ini­cia­ción e es­te, cer­ta­men­te, o é, na me­di­da en que os ex­pe­di­cio­na­rios xa non re­gre­sa­rán aos seus res­pec­ti­vos paí­ses sen­do os mes­mos que eran ao par­tir. In­clu­so a xeo­gra­fía lles cam­biou, pois des­de as gran­des ci­da­des ame­ri­ca­nas ás pe­que­nas al­deas que te­ñan vi­si­ta­do, os ríos, os vol­cáns dei­xa­rán de ser sim­ples sig­nos ilo­ca­li­za­bles nun ma­pa e ad­qui­ri­rán fi­sio­no­mía e no­mes pro­pios, pois é po­si­ble in­clu­so que nal­gún deses lu­ga­res vi­va un dos seus com­pa­ñei­ros de aven­tu­ra».

(Mi­guel de la Qua­dra-Sal­ce­do: Ru­ta Quet­zal,

ju­nio 1995).

Mi­guel de la Qua­dra fa­la os ex­pe­di­cio­na­rios da ru­ta ás mon­ta­ñas do Pa­raí­so (Re­pú­bli­ca Do­mi­ni­ca­na e Por­to Ri­co)

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.