Co­me­za o ca­mi­ño

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de la Escuela - - EL PANEL DE LA -

Es­te é o tí­tu­lo da pri­mei­ra uni­da­de di­dác­ti­ca do li­bro O co­ra­zón es­tá do teu la­do, que a Con­se­lle­ría de In­fraes­tru­tu­ras da Xun­ta de Ga­li­cia edi­tou pa­ra a for­ma­ción dos máis pe­que­nos en ma­te­ria de edu­ca­ción via­ria.

OB­XEC­TI­VOS E AC­TI­VI­DA­DES

Nes­ta pri­mei­ra uni­da­de son:

Tra­ba­llar a orien­ta­ción e a me­mo­ria es­pa­cial. Dis­tin­guir en­tre de­rei­ta e es­quer­da. Iden­ti­fi­car o pro­pio cor­po e as prin­ci­pais par­tes que in­ter­ve­ñen no mo­ve­men­to.

Ter au­to­no­mía e con­fian­za nas ha­bi­li­da­des mo­tri­ces en si­tua­cións e con­tor­nas ha­bi­tuais. En­tre as ac­ti­vi­da­des que pro­pón o li­bro:

Des­ta­ca un­ha boa idea, ador­nán­doa cun de­bu­xo fa­cil­men­te in­te­li­xi­ble: En gru­po e en fi­la ca­mí­ña­se me­llor.

Co­lo­rea de ver­de os co­ches que mi­ran á es­quer­da e de ver­me­llo os que mi­ran ca­ra á de­rei­ta.

In­di­ca a de­rei­ta e es­quer­da do xes­to que te­ñen dous ne­nos e dúas ne­nas.

E, na úl­ti­ma ac­ti­vi­da­de, oi­to pro­bas da túa des­tre­za es­quer­da–de­rei­ta. Podes am­pliar a in­for­ma­ción en: http:// bit.ly/1TnAw­rN

A NOTICIA

Fa­cé­mo­lo sem­pre nes­ta pá­xi­na 2 de La Voz de la Es­cue­la: bus­ca­mos no­ti­cias que te­ñan que ver co te­ma pa­ra que na es­co­la non só se es­tu­de o que traen os li­bros e ver se iso ten im­por­tan­cia e re­la­ción co que pa­sa na vi­da, na rúa, en ca­sa, no mun­do, e pa­ra que axu­den a co­ñe­cer me­llor es­te te­ma. Mi­ra o que lles pa­sou a uns mo­zos que ían tan dis­traí­dos mi­ran­do ca­ra abai­xo no mó­bil que non se de­ca­ta­ron das lu­ces dos se­má­fo­ros. Me­nos mal que ago­ra in­ven­ta­ron un re­me­dio: co­lo­car­lles un si­nal lu­mi­no­so no chan pa­ra que a ve­xan e non ha­xa ac­ci­den­tes. ¿Ve­ra­na? ¿Que che pa­re­ce?

A. PEACH

Si­nal que aler­ta do pe­ri­go de «smom­bies»

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.