Aga­sa­llos aos pro­fes: ¿si ou non?

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de la Escuela - - ORIEN­TA­CIÓN EDU­CA­TI­VA - > Ana T. Jack anat­jack@edu.xun­ta.es

«Ola a to­dos. O fin de cur­so aché­ga­se e te­mos que ir pen­san­do nun aga­sa­lli­ño pa­ra a pro­fe, que ben o me­re­ce. ¿Que vos pa­re­ce se po­mos 6 eu­ros por neno? Po­dia­mos mon­tar un­ha or­la coas fo­tos de to­dos e ade­mais com­prar­lle uns pen­den­tes de pra­ta e un col­gan­te a xo­go. ¿Que vos pa­re­ce? Acép­tan­se ideas». Es­ta men­sa­xe, que aca­ba de che­gar ao chat de pais de 5.º C, pon­lle os pe­los de pun­ta a Ro­sa, a nai de Ro­dri­go. To­dos os anos por es­tas da­tas non po­de evi­tar sen­tir­se in­có­mo­da an­te a re­ca­da­ción de di­ñei­ro que se fai pa­ra com­prar un de­ta­lle ao ti­tor do seu fi­llo. O do ano pa­sa­do, máis que un de­ta­lli­ño foi un de­ta­lla­zo: coa ache­ga de to­dos lle re­ga­la­ron un li­bro elec­tró­ni­co.

A Ro­sa pa­re­ceu­lle un ex­ce­so. E non po­lo di­ñei­ro en si: a es­ta nai os 5 ou 10 eu­ros que sem­pre lle to­ca pór non lle su­po­ñen nin­gún es­for­zo eco­nó­mi­co. É un­ha cues­tión máis de fon­do: «¿Por que te­mos que con­ver­ter to­do (as fes­tas de aniver­sa­rio, a rou­pa que vis­ten os no­sos fi­llos, os aga­sa­llos que fa­ce­mos...) en ex­ce­sos ma­te­ria­lis­tas? ¿Que men­sa­xe es­ta­mos a en­viar aos no­sos fi­llos? ¿Non se­ría su­fi­cien­te cun xes­to de apre­cio e ca­ri­ño? Uns bom­bóns, un­has flo­res, un­ha plan­ta, un­ha car­ta es­cri­ta po­los pro­pios ne­nos... Pe­ro nes­ta so­cie­da­de con­su­mis­ta sa­ca­mos to­do de couzón». Tras fa­cer es­ta re­fle­xión, Ro­sa sus­pi­ra e, co­mo to­dos os anos, che­ga á con­clu­sión de que non me­re­ce a pe­na mon­tar nin­gun­ha po­lé­mi­ca no chat. De­ma­sia­do com­pli­ca­do pór a to­dos de acor­do. Ade­mais, tam­pou­co lle pa­re­ce un­ha so­lu­ción dei­xar fó­ra do aga­sa­llo co­lec­ti­vo só o seu fi­llo, que­da­ría moi feo. Así que, con ra­pi­dez, te­clea no seu mó­bil: «¡Boa idea! Con­ta­de co­mi­go. ¿A quen lle dou os 6 eu­ros?».

Co­mo en ca­se to­dos os te­mas, po­de­mos ato­par ar­gu­men­tos a fa­vor e en con­tra des­te ti­po de ini­cia­ti­vas gru­pais, máis tí­pi­cas en in­fan­til e pri­ma­ria que en se­cun­da­ria. Es­tes son al­gúns:

A FA­VOR

Non se tra­ta de gas­tar di­ñei­ro, se­nón de mos­trar agra­de­ce­men­to a un pro­fe­sio­nal que com­par­tiu moi­tas ho­ras cos no­sos fi­llos e aos que ofre­ceu un­ha aten­ción per­so­na­li­za­da.

É un re­cor­do bo­ni­to dos pais dun­ha cla­se aos que o pro­fe­sor viu ma­du­rar e cre­cer ao seu la­do.

A ache­ga eco­nó­mi­ca acór­da­se en­tre to­dos e non se obri­ga a nin­guén a par­ti­ci­par.

O im­por­tan­te non é o seu va­lor eco­nó­mi­co, se­nón o sen­ti­men­tal. Tén­de­se a fa­cer aga­sa­llos ti­po ma­nua­li­da­des, de­di­ca­to­rias, fo­to­gra­fías de gru­po...

É un xei­to de que os pro­fe­so­res sin­tan re­co­ñe­ci­do o seu tra­ba­llo por par­te das fa­mi­lias e dos pro­pios alum­nos.

Non ten na­da que ver con com­prar ao pro­fe­sor: es­tes de­ta­lles son ao fi­nal de cur­so e, des­de lo­go, non se es­pe­ra na­da a cam­bio.

EN CON­TRA

O pro­fe­sor é un pro­fe­sio­nal que fai o seu tra­ba­llo e xa que lo­go xa re­ci­be o seu sol­do. Non é ne­ce­sa­rio gas­tar­se di­ñei­ro nes­tes ob­se­quios.

Es­tes in­ves­ti­men­tos de di­ñei­ro son un xes­to máis do ma­te­ria­lis­mo da so­cie­da­de con­su­mis­ta na que vi­vi­mos.

É un­ha mo­da dos úl­ti­mos anos que se con­ver­teu nun gran ne­go­cio pa­ra as ten­das e pá­xi­nas web es­pe­cia­li­za­das en ven­da de aga­sa­llos a pro­fe­so­res.

É un agra­vio com­pa­ra­ti­vo con ou­tros do­cen­tes (os de Edu­ca­ción Fí­si­ca, Plás­ti­ca...) e pa­ra o res­to do per­soal do cen­tro (o con­ser­xe, os coida­do­res do co­me­dor, os mo­ni­to­res de ac­ti­vi­da­des ex­tra­es­co­la­res, o per­soal de co­ci­ña...). ¿Sei­ca eles non se me­re­cen ese mes­mo re­co­ñe­ce­men­to?

Hai fa­mi­lias pa­ra as que su­pón un es­for­zo eco­nó­mi­co rea­li­zar es­te gas­to, pe­ro, por non que­dar en evi­den­cia, en­tran no xo­go. Ade­mais, hai pais que es­tán en desacor­do pe­ro sén­ten­se pre­sio­na­dos a fa­ce­lo pa­ra non rom­per a dis­ci­pli­na de gru­po.

Ás ve­ces os aga­sa­llos son ex­ce­si­vos: un bol­so de mar­ca, un­ha ta­ble­ta, xoias, un li­bro elec­tró­ni­co, un fin de se­ma­na nun spa, un compu­tador... Hai pro­fe­so­res que di­rec­ta­men­te non acep­tan es­te ti­po de aga­sa­llos, pe­ro si un­ha tra­ba­llo ma­nual ou un­ha fo­to­gra­fía de gru­po.

Ar­gu­men­tos a fa­vor e con­tra es­te ti­po de ini­cia­ti­vas gru­pais por par­te de pais

Un bo aga­sa­llo po­de ser un­ha fo­to da cla­se ou un­ha or­la

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.