Aper­ta á na­tu­re­za no seu día gran­de

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de la Escuela - - PROGRAMA PRENSA-ESCUELA - > Ana Abe­len­da TEX­TO > Ví­tor Me­ju­to, Mar­cos Mí­guez FO­TOS

Mi­les de per­soas des­pe­di­ron o cur­so con Voz Na­tu­ra nun­ha fes­ta na que nin se­que­ra fal­tou o rock

A cita era tan es­pe­cial que ata ti­vo son de rock. Os Fu­rious Mon­key House fo­ron un­ha das no­vi­da­des máis ce­le­bra­das da cita de fin de cur­so. Una fes­ta que reúne ca­da ano, ¡e xa van 19!, aos gran­des fans da na­tu­re­za. Ac­ti­vi­da­des co­mo un­ha xin­ca­na, es­ca­la­da e ta­lle­res a pro­ba de gus­tos e ha­bi­li­da­des (de­bu­xo, ra­dio, ma­qui­lla­xe, cha­pas per­so­na­li­zas ou pren­sa) pin­ta­ron o sá­ba­do un­ha xor­na­da de sol que me­re­ceu mi­les de por­ta­das. De fei­to, ata 1.567 pri­mei­ras pla­nas im­pri­mí­ron­se na pe­que­na re­dac­ción ao ai­re li­bre que tra­ba­llou en Acea de Ama. Os ti­tu­la­res fa­lan de pe­que­nos moi gran­des. O sá­ba­do pui­de­mos ve­los ata con­du­cin­do o trac­tor da Con­se­lle­ría de Me­dio Ru­ral, as mo­tos da Gar­da Ci­vil e apa­gan­do o lu­me cos Bom­bei­ros. O cur­so aca­ba ao na­tu­ral, cun­ha for­te aper­ta á te­rra.

A mas­co­ta de Voz Na­tu­ra, «Terry», foi un­ha das pro­ta­go­nis­tas da gran fes­ta de fin de cur­so de Acea de Ama, que es­te ano con­tou con 60.000 alum­nos dis­pos­tos a dar a ca­ra polo me­dio am­bien­te

A ac­ti­vi­da­de hí­pi­ca or­ga­ni­za­da polo Club San­ta Apo­lo­nia foi un dos atrac­ti­vos da cita, na que os máis es­pe­li­dos pu­xe­ron a pro­ba o seu ol­fac­to pe­rio­dís­ti­co

O pú­bli­co deu o me­llor nun­ha fes­ta que vai xa a po­los 20 anos. ¡Gra­zas!

O rock dos Fu­rious Mon­key House soou co­ma a gran no­vi­da­de do ano

A es­ca­la­da non se lles re­sis­tiu aos que so­ñan che­gar al­to

Pe­que­nas pre­sen­ta­do­ras pa­ra o fu­tu­ro de V Te­le­vi­sión

Hou­bo in­cha­bles, ta­lle­res e ata un­ha xin­ca­na

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.