Un re­pa­so ao es­ta­do da di­ver­si­da­de am­bien­tal

Se a bio­di­ver­si­da­de en­fer­ma, en­fer­ma a hu­ma­ni­da­de, pe­ro ma­lia as aler­tas ca­se se­ma­nais aín­da de­ma­sia­dos ci­da­dáns em­pé­ñan­se en sus­pen­der a ma­te­ria de­no­mi­na­da com­pro­mi­so coa con­ser­va­ción da na­tu­re­za

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de la Escuela - - PORTADA - > Antonio San­do­val Rey asan­do­val­rey@gmail.com

Ago­ra que o cur­so es­tá a pi­ques de ter­mi­nar, ¿que tal bo­tar a vis­ta atrás, ata se­tem­bro, pa­ra re­pa­sar de for­ma rá­pi­da que tal che foi? E non só no aca­dé­mi­co, que pa­ra iso es­tán as no­tas. Ta­mén no per­soal, o fa­mi­liar... E en can­to ten re­la­ción cos teus ami­gos e ami­gas, as túas afec­cións, as túas lec­tu­ras ou mú­si­ca pre­fe­ri­das, et­cé­te­ra. ¿Que no­tas lles dás a es­tas ou­tras ma­te­rias? En li­ñas xe­rais, su­man­do un­has e ou­tras, ¿que tal te sen­ti­ches? ¿E co­mo cres que se sen­ti­ron quen che ro­dean? A túa fa­mi­lia, os teus ami­gos, os teus co­ñe­ci­dos, a xen­te do teu ba­rrio ou po­bo... Se ti­ve­ses que su­mar a túa no­ta glo­bal á que cres que che po­rían to­dos eles, ¿cal se­ría a me­dia?

Os se­res hu­ma­nos vi­vi­mos en so­cie­da­de. Por iso é tan im­por­tan­te, pa­ra ca­da un de nós, o grao de be­nes­tar de quen nos ro­dean. Sen dar­nos, ás ve­ces, de­ma­sia­da con­ta, es­ta­mos moi uni­dos a moi­tas per­soas. Ás súas for­mas de per­ci­bir o mundo, as súas con­vic­cións, as súas ilu­sións, os seus sen­ti­men­tos, as súas in­cer­te­zas eco­nó­mi­cas ou dou­tro ti­po... Com­par­tá­mo­los ou non.

Por iso mes­mo ca­se to­dos os Es­ta­dos e in­fi­ni­da­de de em­pre­sas pri­va­das en­car­gan de for­ma cons­tan­te en­qui­sas des­ti­na­das a co­ñe­cer ac­ti­tu­des acer­ca de to­do ti­po de con­cep­tos ou pro­du­tos. Es­ta in­for­ma­ción sér­ve­lles un pou­co pa­ra o mes­mo que a ca­da un de nós con­ver­sar coas per­soas da no­sa con­tor­na: é co­mo ob­te­mos in­for­ma­ción non só acer­ca de moi­tos asun­tos, se­nón ta­mén so­bre co­mo se in­ter­pre­tan e va­lo­ran. Es­tes días, sen ir máis lon­xe, rea­lí­zan­se nu­me­ro­sas en­qui­sas con ob­xec­to de co­ñe­cer as ten­den­cias do vo­to de ca­ra ás eleccións xe­rais de den­tro de once días.

E é que do mes­mo xei­to que es­ta­mos moi uni­dos a quen ve­mos ca­da día, se­ma­na ou mes, o no­so víncu­lo con ou­tras xen­tes con quen xa­mais nos ato­pa­re­mos é ta­mén moi in­ten­so. Moi­to máis do que pa­re­ce. En tan­to que ci­da­dáns dun es­ta­do moderno, o no­so des­tino máis in­me­dia­to de­pen­de­rá en boa me­di­da do que se vo­te o pró­xi­mo 26 de xu­ño no res­to de Es­pa­ña. Un exem­plo moi fá­cil de en­ten­der é a re­cen­te­men­te re­for­ma­da ei de edu­ca­ción es­ta­tal. De­pen­de­rá de quen go­ber­ne de­ci­dir se se man­tén ou non. Ou o que é o mes­mo, se­rán os vo­tan­tes de ca­da ba­rrio e po­bo de Es­pa­ña quen van de­ci­dir, en­tre ou­tras cou­sas, que ma­te­rias e exa­mes te­rás ti du­ran­te po­lo me­nos os pró­xi­mos ca­tro anos.

A re­de da que for­ma­mos par­te co­mo so­cie­da­de mo­der­na non se aca­ba aí, cla­ro. Ade­mais es­tán a ci­da­da­nía do res­to da Unión Eu­ro­pea, cu­xas po­lí­ti­cas ta­mén se adop­tan en boa me­di­da me­dian­te o vo­to. E os seus co­rres­pon­den­tes de­ci­so­res pú­bli­cos e pri­va­dos. E o res­to de per­soas do pla­ne­ta. Si, ta­mén os ha­bi­tan­tes de ca­da un dos paí­ses do mundo te­ñen que ver con­nos­co, con­ti­go. E, un­ha vez máis, moi­to máis do que pa­re­ce. Aí vai ou­tro exem­plo fá­cil de com­pren­der: moi­tos dos gra­ves re­tos am­bien­tais que afron­ta­mos son ori­xi­na­dos por to­da a hu­ma­ni­da­de, en moi­tos fo­ga­res e em­pre­sas á vez, e só po­den ser re­sol­tos a tra­vés de cam­bios de ac­ti­tu­de glo­bais.

Pe­ro é que tam­pou­co é a hu­ma­ni­da­de o lí­mi­te ás no­sas co­ne­xións. Por­que re­sul­ta ca­da un de nós res­pi­ra­mos, co­me­mos ou be­be­mos gra­zas a al­go que a miú­do nos pa­sa tan des­aper­ci­bi­do co­mo o que su­ce­de, di­ga­mos, en No­va Ze­lan­dia. E iso, a pe­sar de que es­tá tan ao re­dor no­so que o ve­mos ca­da día. ¿Dás­te con­ta de que se tra­ta?

É a bio­di­ver­si­da­de. Esa fa­bu­lo­sa di­ver­si­da­de de se­res vi­vos que, ao en­re­dar­se de for­ma ca­se má­xi­ca, crean non só eco­sis­te­mas e pai­sa­xes, se­nón ta­mén cli­mas, e can­to de­no­mi­na­mos re­cur­sos na­tu­rais, des­de a au­ga ata os pro­du­tos da te­rra. Se a bio­di­ver­si­da­de en­fer­ma, é co­ma se en­fer­ma­se a hu­ma­ni­da­de, ou Eu­ro­pa, ou o teu ba­rrio ou po­bo, ou a túa fa­mi­lia. E su­ce­de que o seu es­ta­do de saú­de non é bo. E em­peo­ra. Así o aler­tan ca­da se­ma­na quen se en­car­gan de pór no­ta a esa ma­te­ria que ca­se to­dos os go­ber­nos e em­pre­sas e aín­da de­ma­sia­dos ci­da­dáns de to­das as ida­des, em­pé­ñan­se en ca­tear: a ma­te­ria de­no­mi­na­da com­pro­mi­so coa con­ser­va­ción da na­tu­re­za. Que é o mes­mo que di­cir com­pro­mi­so co fu­tu­ro. É di­cir, ese lugar no que ti vi­vi­rás den­tro duns anos.

Pa­ra co­ñe­cer me­llor por que a hu­ma­ni­da­de sus­pen­de­mos ne­sa ma­te­ria tan im­por­tan­te pa­ra nós, pa­ra ti, o me­llor é re­pa­sar al­gúns dos erros co­me­ti­dos, co­mo quen exa­mi­na o re­sul­ta­do dun cur­so. Des­te xei­to, co­ñe­cén­doos, se­re­mos máis ca­pa­ces de co­rri­xi­los.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.