«Emo­cio­na ir a lu­ga­res co­mo Flo­ri­da e ato­par, de sú­pe­to, un equi­po teu»

La Voz de Galicia (A Coruña) - Mercados - - EMPRESAS -

¿Qué fai un­ha em­pre­sa co­mo es­ta nun lu­gar coma Ce­dei­ra? Esa é a pre­gun­ta que po­de che­gar a fa­cer­se cal­que­ra ao des­cu­brir a tra­xec­to­ria dun­ha com­pa­ñía que, en ape­nas ca­tro anos, ten pos­ta un­ha pi­ca en cer­ca duns vin­te paí­ses de to­do o mun­do. O di­rec­tor téc­ni­co e so­cio fun­da­dor, Santiago Al­ca­lá, ex­pli­ca as ra­zóns que se xun­tan para es­co­ller Ce­dei­ra co­mo se­de: «Son de aquí e des­pois de ter tra­ba­lla­do nun­ha com­pa­ñía moi gran­de en Es­ta­dos Uni­dos e de es­tar dous anos máis en Chi­na pre­gun­tei­me ‘e por que non al­go in­ter­me­dio’. Des­pois es­tán as ra­zóns eco­nó­mi­cas. É ver­da­de que en Chi­na po­des pro­du­cir máis ba­ra­to, pe­ro Ga­li­cia es­tá nun pun­to xeo­grá­fi­co no que, por un­ha ban­da, os cus­tes son máis ba­ra­tos que ins­ta­lar­se en Bar­ce­lo­na ou Va­len­cia e, por ou­tra, a mer­ca­do­ría tar­da en che­gar por bar­co den­de aquí a Amé­ri­ca un­ha se­ma­na e me­dia me­nos que den­de Asia. Uni­do a que ao ex­por­tar den­de aquí os aran­ceis son me­no­res, fai que poi­da­mos ofre­cer un pro­du­to que ten a ca­li­da­de das gran­des mar­cas a un pre­zo pou­co máis ca­ro que en Chi­na.

—Por­que to­do o seu pro­du­to é fei­to en Eu­ro­pa..

—Iso é. Re­sul­ta fa­bri­ca­do 100 % en Eu­ro­pa e ta­mén son tes­ta­dos cos es­tán­da­res eu­ro­peos. Po­lo tan­to os cer­ti­fi­ca­dos ta­mén son fei­tos aquí.

—Nes­tes ca­tro anos, des­pois des­te des­pe­gue tan rá­pi­do, ¿de que es­tán máis or­gu­llo­sos?

—É com­pli­ca­da a res­pos­ta, pe­ro emo­cio­na ir a lu­ga­res co­mo Flo­ri­da e ato­par, de sú­pe­to, un equi­po teu. Por­que can­do arran­cas sa­bes on­de vai to­do. Per­der­lle a pis­ta mos­tra que imos me­dran­do.

Santiago Al­ca­lá ha es­ta­do tra­ba­jan­do en EE.UU. an­tes de re­gre­sar a Ga­li­cia.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.