Ma­ni­fes­to dun mé­di­co in­ter­nis­ta

La Voz de Galicia (Monforte) - Monforte local - - PORTADA - Ma­nuel Ló­pez Es­te tex­to es sus­cri­to por to­dos los mé­di­cos del área de me­di­ci­na in­ter­na del hos­pi­tal de Mon­for­te

Tra­ba­llo no Hos­pi­tal Co­mar­cal de Mon­for­te e son in­ter­nis­ta. Le­vou­me cin­co anos de for­ma­ción con­se­guir a mi­ña es­pe­cia­li­da­de, apar­te dos seis anos de ca­rrei­ra e ou­tro ano pa­ra pre­pa­rar o exa­me MIR. Pe­ro moi­ta xen­te non sa­be a que se de­di­ca a mi­ña es­pe­cia­li­da­de. Que fai un mé­di­co in­ter­nis­ta? O in­ter­nis­ta é un mé­di­co clí­ni­co cu­xa mi­sión é aten­der de for­ma in­te­gra­da to­dos os pro­ble­mas de saú­de do pa­cien­te, xa que ten un am­plo co­ñe­ce­men­to de to­dos os cam­pos da me­di­ci­na. Po­de tra­tar de xei­to in­te­gra­do to­das as en­fer­mi­da­des dun mes­mo doen­te e in­clu­so coor­di­nar aos di­fe­ren­tes es­pe­cia­lis­tas pa­ra fa­ce­lo. Os in­ter­nis­tas po­den aten­der pa­cien­tes in­gre­sa­dos ao seu car­go e ser­vir de apoio a ou­tros es­pe­cia­lis­tas, co­mo os que acoden a con­sul­tas, os que son aten­di­dos na hos­pi­ta­li­za­ción do­mi­ci­lia­ria ou in­clu­so nos hos­pi­tais de día. Os en­fer­mos que máis se be­ne­fi­cian da ac­tua­ción dun in­ter­nis­ta son os que te­ñen di­fe­ren­tes ór­ga­nos en­fer­mos e es­tán a to­mar múl­ti­ples tra­ta­men­tos, xa que non aten­de­mos a ca­da un­ha das súas en­fer­mi­da­des por se­pa­ra­do, se­nón que ve­mos ao en­fer­mo co­mo un to­do e o que nos preo­cu­pa de ver­da­de é a per­soa que hai de­trás de­sas en­fer­mi­da­des. Os pa­cien­tes que máis en­fer­mi­da­des pa­de­cen son os no­sos an­ciáns, que fo­ron ad­qui­rin­do di­ver­sas en­fer­mi­da­des cró­ni­cas, e ne­les é on­de o no­so papel é fun­da­men­tal, xa que so­mos a es­pe­cia­li­da­de in­di­ca­da pa­ra tra­ta­los dun xei­to in­te­gral. Non hai moi­to co­men­to­use que exis­tía dis­cri­mi­na­ción no tra­to dos pa­cien­tes maio­res de 65 anos na área sa­ni­ta­ria de Mon­for­te por non ha­ber xe­ria­tría no no­so hos­pi­tal, pe­ro is­to non é cer­to, xa que coa vi­sión glo­bal do en­fer­mo e o ma­ne­xo in­te­gra­dor que apor­ta­mos os in­ter­nis­tas, es­ta dis­cri­mi­na­ción non exis­te, se­nón que a no­sa es­pe­cia­li­da­de pro­por­cio­na os coida­dos que es­tes doen­tes pre­ci­san. Os in­ter­nis­tas cre­mos que máis que am­pliar a car­te­le­ira de es­pe­cia­li­da­des o me­llor se­ría do­tar de me­dios as xa exis­ten­tes, pa­ra aca­bar de desen­vol­ver to­do o seu po­ten­cial.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.