Un ve­cino de Car­ba­lle­do bus­ca ma­nan­tia­les sub­te­rrá­neos con la téc­ni­ca del pén­du­lo

Un ve­ci­ño da pa­rro­quia de Car­te­los de­dí­ca­se a bus­car po­zos sub­te­rrá­neos pa­ra ou­tros sen co­brar po­lo ser­vi­zo

La Voz de Galicia (Monforte) - Monforte local - - PORTADA - ROI FER­NÁN­DEZ, FRAN­CIS­CO ALBO

Na­tu­ral de Tra­sar de Car­ba­llo, na pa­rro­quia de Car­te­los —no mu­ni­ci­pio de Car­ba­lle­do—, o gan­dei­ro Jo­sé Ma­nuel Gon­zá­lez Gue­rra de­dí­ca­se des­de hai tem­po a bus­car ma­nan­ciais sub­te­rrá­neos de acor­do cos prin­ci­pios da ra­dies­te­sia. Se­gun­do afir­ma, acer­ta en moi­tas oca­sións e con­se­guiu en­con­trar au­ga tan­to pa­ra el co­mo pa­ra al­gúns ve­ci­ños que llo pe­di­ron. Faino por afec­ción e nun­ca co­bra por es­tes ser­vi­zos.

—¿Co­mo se ini­ciou nes­tas prá­ti­cas?

—Creo que é al­go que me atraía xa des­de pe­queno. Pe­ro co­me­cei a to­mar a cou­sa un pou­co máis en se­rio en torno ao ano 2000, can­do mon­ta­mos a no­sa ex­plo­ta­ción, por­que tí­ña­mos pro­ble­mas de fal­ta de au­ga pa­ra o gan­do. Nes­ta zo­na hai escasez de au­ga so­bre to­do des­de agos­to, can­do bai­xa o ni­vel freá­ti­co. Ini­ciei­me gra­zas a un cu­ra que me pres­tou li­bros e que me deu un­has pau­tas pa­ra ac­tuar.

—¿Cus­tou­lle moi­to tra­ba­llo apren­der?

—Pois si, foi com­pli­ca­do. Ti­ven que de­di­car­lle moi­tas ho­ras. O máis im­por­tan­te é apren­der a fi­xar­se en to­do o que o ro­dea a un. Can­do al­guén vai por un cam­po, por exem­plo, non se fi­xa nas for­mi­gas e en moi­tos ou­tros de­ta­lles. Eu fí­xo­me moi­to en to­do, nos dis­tin­tos ti­pos de ve­xe­ta­ción, nas cla­ses de ár­bo­res que che po­den in­di­car on­de hai au­ga... E ta­mén hai que preo­cu­par­se por ano­tar to­do o que se fai, so­bre to­do os erros. Can­do co­me­tes un erro tes que sa­ber que foi o que fi­xe­che mal ou que foi o que che des­pis­tou.

—¿Co­mo fai pa­ra bus­car au­ga usan­do un pén­du­lo?

—Can­do al­guén me vén di­cir que ten que bus­car au­ga nun­ha fin­ca, o pri­mei­ro que fa­go é ir ao or­de­na­dor, si­tuar ese te­rreo e bai­xar o plano. Un­ha vez im­pre­so, fa­go cálcu­los pa­ra de­ter­mi­nar os pun­tos on­de po­de ha­ber au­ga. Si­go un­ha orien­ta­ción de­ter­mi­na­da ten­do en con­ta o nor­te mag­né­ti­co. Des­pois vou co pén­du­lo pa­ra lo­ca­li­zar eses pun­tos so­bre o te­rreo. A ra­dies­te­sia ba­séa­se no prin­ci­pio que as co­rren­tes de au­ga que hai de­bai­xo da te­rra xe­ran un­has co­rren­tes eléc­tri­cas, un mag­ne­tis­mo, e iso o que hai que sa­ber de­tec­tar. Pa­ra tra­ba­llar co pén­du­lo hai que ter un­ha sen­si­bi­li­da­de e des­pois hai que apren­der, hai que educar o sub­cons­cien­te.

—¿A que se re­fi­re can­do fa­la de sub­cons­cien­te?

—É al­go que te­mos to­dos e que ca­se nin­guén sa­be co­mo fun­cio­na. Vai un pou­co por li­bre con res­pec­to ao que nós pen­sa­mos nor­mal­men­te. Pa­ra tra­ba­llar co pén­du­lo hai po­ñer a men­te en bran­co, ou se­xa, non pen­sar en na­da, que non ha­xa na­da que nos mo­les­te e que nos dis­traia do que que imos fa­cer. Hai que dei­xar ao sub­cons­cien­te que tra­ba­lle só, que de­tec­te as co­rren­tes, o mag­ne­tis­mo, e in­ter­pre­tar iso a tra­vés do pén­du­lo.

—¿E ten éxi­to uti­li­zan­do es­tes mé­to­dos?

—Xe­ral­men­te si. O que pa­sa é que non to­dos os pun­tos on­de se en­con­tra au­ga son sem­pre ade­cua­dos pa­ra abrir un po­zo, por­que ás ve­ces po­den ser lu­ga­res pou­co ac­ce­si­bles pa­ra me­ter a ma­qui­na­ria.

—¿Po­de con­tar al­gún ca­so re­cen­te no que te­ña acer­ta­do?

—Hai un par de anos es­ta­ban fa­cen­do un­ha per­fo­ra­ción pa­ra bus­car au­ga cer­ca de on­de vi­vo eu, pe­ro non lles saía su­fi­cien­te can­ti­da­de. En­tón eu acon­se­llei­lles ao que es­ta­ban fa­cen­do o tra­ba­llo que per­fo­ra­sen nun pun­to con­cre­to on­de me pa­re­ceu que po­día ha­ber máis cau­dal a uns no­ven­ta me­tros de pro­fun­di­da­de. Dei­xei­lles o si­tio mar­ca­do cun­ha pe­dra, pe­ro ao prin­ci­pio non fi­xe­ron ca­so, por­que di­cían que por aí po­día pa­sar un­ha tu­ba­xe. En vez di­so per­fo­ra­ron a va­rios me­tros dese pun­to, pe­ro tam­pou­co lles deu re­sul­ta­do. En­tón pu­xé­ron­se a per­fo­rar no si­tio que eu lles di­xe­ra e non fi­xo fal­ta que che­ga­sen aos no­ven­ta me­tros. Can­do che­ga­ron aos oi­ten­ta pa­ra­ron, por­que di­cían que con iso xa ti­ñan au­ga su­fi­cien­te

—¿É ca­paz de no­tar a pre­sen­za da au­ga a tan­ta pro­fun­di­da­de?

—Si, con es­tes mé­to­dos nor­mal­men­te po­de sa­ber­se a que pro­fun­di­da­de es­tá a au­ga e ta­mén se hai va­rios ni­veis di­fe­ren­tes de au­ga. O te­rreo ten ca­pas permea­bles e ca­pas im­permea­bles e en­tre elas po­de ha­ber au­ga a dis­tin­tos ni­veis. Por exem­plo, po­de ha­ber un cau­dal a cin­cuen­ta me­tros de pro­fun­di­da­de, des­pois un­ha ca­pa im­permea­ble de te­rreo e máis au­ga a 75 me­tros.

ROI FER­NÁN­DEZ

Jo­sé Ma­nuel Gon­zá­lez mos­tra co­mo bus­ca as au­gas sub­te­rrá­neas coa axu­da dun pén­du­lo.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.