A be­le­za de Be­le­sar

La Voz de Galicia (Monforte) - Monforte local - - TERRAS DE LEMOS - An­tón Fen­te Con­ce­llei­ro en Chan­ta­da

Cón­ta­nos Ni­can­dro Ares Váz­quez (Lu­cen­sia, nº 22, 2001: 75) que o to­pó­ni­mo Be­le­sar pro­vén do an­tro­pó­ni­mo go­do Be­li­sa­rius, ho­mó­ni­mo do xe­ne­ral máis fa­mo­so de Xus­tiano na fas­ci­nan­te his­to­ria do Im­pe­rio Bi­zan­tino. Un territorio que sem­pre foi de en­con­tro nun­ha das pa­ra­xes máis be­las, o cal é di­cir moi­to den­tro da es­pec­ta­cu­la­ri­da­de pai­sa­xís­ti­ca da Ri­bei­ra Sa­cra. Por iso cha­mou a aten­ción dun dos mellores co­ñe­ce­do­res do no­so país, Ote­ro Pe­dra­yo e, se ca­llar, por iso Be­le­sar é de to­dos e de nin­guén, un patrimonio par­ti­lla­do po­los con­ce­llos de Chan­ta­da e de Sa­vi­ñao.

A fes­ta da ce­rei­xa e do viño pon en va­lor a ri­que­za e a exu­be­ran­cia na­tu­ral de Be­le­sar. Po­de­ría fa­lar­se ta­mén da pes­ca, das em­bar­ca­cións tra­di­cio­nais e do ri­quí­si­mo patrimonio ri­bei­rao. To­dos os anos con­gre­ga a cen­tos de per­soas nun­ha ci­ta coa be­le­za, coa mú­si­ca e cos froi­tos dun­ha te­rra abon­do­sa e xe­ne­ro­sa.

Con to­do, ima­xino que xa sos­pei­ta­ba­des que non vos ía fa­lar só de pai­sa­xe, se­nón ta­mén de pai­sa­na­xe. To­das as fes­tas son en­con­tro, di­ver­sión, ale­gría e cons­trúen la­zos esen­ciais pa­ra as co­mu­ni­da­des que as sus­ten­tan. As fes­tas son do po­bo, mais co­mo fe­nó­me­nos so­ciais non fi­can alleas á po­lí­ti­ca nin á ins­tru­men­ta­li­za­ción por par­te das eli­tes. O re­sul­ta­do da ac­ción das for­zas so­ciais e da es­tru­tu­ra das nor­mas in­ter­nas do cam­po so­cial en que os in­di­vi­duos nos in­se­ri­mos con­di­cio­na o no­so ha­bi­tus (Bour­dieu, 1994).

Por iso re­ma­to coa an­tí­te­se da fes­ta, da be­le­za e do en­con­tro fra­ter­nal: a co­rrup­ción. Por­que é o que fai de­ca­den­tes ás so­cie­da­des que a sus­ten­tan e am­pa­ran. A mos­tra é a idea fi­xa­da polo ci­ne­ma do de­ca­den­te Im­pe­rio Ro­mano, on­de a co­rrup­ción e as ba­ca­nais se dan as mans en es­tam­pas de des­hu­ma­ni­za­ción e de­gra­da­ción éti­ca e mo­ral ata a ex­tin­ción do Im­pe­rio. A an­tí­te­se do xe­ne­ral Be­li­sa­rio, a apo­ca­líp­ti­ca Ci­da­de de Deus de san­to Agos­ti­ño.

Real­men­te era ne­ce­sa­rio hon­rar co­mo pre­goei­ro a al­guén con­de­na­do e in­ha­bi­li­ta­do pa­ra desen­vol­ver car­go pú­bli­co po­la xus­ti­za? Un­ha sub­ver­sión do di­ta­me xu­rí­di­co ins­ti­ga­da des­de as eli­tes lo­cais, o re­ver­so do po­pu­lar. Que mé­ri­tos e re­la­cións ti­ña co viño, coas ce­rei­xas ou con Be­le­sar es­te ilus­tre pre­goei­ro? Eis a in­ne­ce­sa­ria po­li­ti­za­ción das fes­tas por par­te da eli­te lo­cal, co­mo na Fei­ra do viño de Chan­ta­da on­de vai ha­ber que au­men­tar­lle ao pal­co pa­ra dar ca­bi­da a tan­ta au­to­ri­da­de.

Aín­da que a be­le­za de Be­le­sar poi­da con to­do am­pa­rar e per­mi­tir so­cial­men­te cer­tos com­por­ta­men­tos pro­du­ce que no pe­ca­do nos vaia a pe­ni­ten­cia.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.