Axu­ni­ca: vin­te anos de axu­da lu­cen­se en Nicaragua

Un­ha ex­po­si­ción no Uxío No­vo­ney­ra dá a co­ñe­cer o tra­ba­llo des­ta oe­ne­gué que es­tá de aniver­sa­rio

La Voz de Galicia (Monforte) - Monforte local - - PROVINCIA - LAU­RA LÓ­PEZ

A so­li­da­rie­da­de lu­cen­se es­tá de fes­ta. Cúm­pren­se vin­te anos do na­ce­men­to da oe­ne­gué Axu­ni­ca, un­ha agru­pa­ción crea­da en Lu­go, por lu­cen­ses, e que pres­ta axu­da fun­da­men­tal­men­te a Nicaragua. Con mo­ti­vo des­te aniver­sa­rio, o cen­tro Uxío No­vo­ney­ra aco­lle un­ha ex­po­si­ción fo­to­grá­fi­ca pa­ra dar a co­ñe­cer o tra­ba­llo que fan des­de es­te co­lec­ti­vo.

A mos­tra, que pe­cha­rá ho­xe as súas por­tas, xa foi vi­si­ta­da por alum­nos de nu­me­ro­sos cen­tros edu­ca­ti­vos da zo­na, co­mo o Qui­ro­ga Ba­lles­te­ros ou o Ro­sa­lía de Cas­tro. A ex­po­si­ción via­xa­rá des­pois po­los co­le­xios. Ta­mén es­tá pre­vis­to no­vas ac­ti­vi­da­des pa­ra ce­le­brar es­te vin­te aniver­sa­rio, co­mo un fes­ti­val, aín­da que por ago­ra non es­tá pe­cha­da a programación.

A lu­cen­se Ana Vi­la foi a im­pul­so­ra des­ta or­ga­ni­za­ción. Es­ta coope­ran­te que le­va 28 anos tra­ba­llan­do en Nicaragua, en­cón­tra­se es­tes días en Lu­go: «Es­ta ex­po­si­ción, na que te­mos un­ha men­ción es­pe­cial pa­ra o Con­ce­llo lu­cen­se po­la súa co­la­bo­ra­ción to­dos es­tes anos, pre­ten­de mos­trar co­mo se vi­ve nas co­mu­ni­da- des nas que tra­ba­lla­mos», re­la­ta. A súa ac­ción cén­tra­se en Nicaragua, aín­da que ta­mén pres­tan al­gun­ha axu­da a Hai­tí e, pun­tual­men­te, ao Sáha­ra e a Gua­te­ma­la.

Un­ha li­ña fun­da­men­tal do seu tra­ba­llo é a educación. De fei­to, po­ñen en mar­cha moi­tos proxectos de for­ma­ción, con bol­sas pa­ra ne­nos e ne­nas. Ade­mais, can­do se lle dá un­ha axu­da, o pri­mei­ro que se lles pi­de é que es­co­la­ri­cen aos ne­nos en ida­de es­co­lar. Ta­mén apor­tan axu­das a gru­pos de mu­lle­res. Ade­mais, es­tán as ne­ce­si­da­des máis ur­xen­tes, nes­te ca­so, a ali­men­ta­ción. «Non hai que es­que­cer que en Nicaragua pá­sa­se fa­me», re­cor­da Vi­la. Por iso, en­tre ou­tras cou­sas, xa pu­xe­ron en mar­cha se­te co­me­do­res in­fan­tís, seis de­les no ru­ral e un na ci­da­de. A saúde é ou­tra área na que in­ci­den, so­bre to­do, con proxectos de po­ta­bi­li­za­ción de au­ga e ven­da so­cial de me­di­ca­men­tos. Ta­mén tra­ba­llan na pos­ta en mar­cha de in­fraes­tru­tu­ras, co­mo ca­sas co­mu­nais, cen­tros de saúde ou re­de eléc­tri­ca.

Es­ta la­bor com­plé­ta­se coas ta­re­fas de sen­si­bi­li­za­ción en Lu­go, re­ca­da­ción de fon­dos e via­xes de vo­lun­ta­rios pa­ra que par­ti­ci­pen de for­ma di­rec­ta no tra­ba­llo en Nicaragua.

FOTOS: ÓS­CAR CE­LA

A ex­po­si­ción fo­to­grá­fi­ca po­de vi­si­tar­se no cen­tro Uxío No­vo­ney­ra.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.