In­ves­ti­ga­do­ras do cam­pus va­li­dan o uso de sal­moi­ra co­mo al­ter­na­ti­va ao for­mol

La Voz de Galicia (Monforte) - Monforte local - - PROVINCIA - L. LÓ­PEZ

In­ves­ti­ga­do­ras da fa­cul­ta­de de Ve­te­ri­na­ria do Cam­pus Te­rra de Lu­go tes­ta­ron con éxi­to des­de hai dous anos o uso de sal­moi­ra co­mo al­ter­na­ti­va sau­da­ble ao for­mol pa­ra con­ser­var ma­te­rial bio­ló­xi­co. A téc­ni­ca, que mes­mo cen­trou un artigo na re­vis­ta Jour­nal of Ana­tomy, foi desen­vol­vi­da por Ma­til­de Lom­bar­de­ro e Mar Ylle­ra, xun­to co Ic­bas do Por­to.

Es­te sis­te­ma ten es­pe­cial re­le­van­cia da­da a to­xi­ci­da­de do for­mol, polo que o seu uso pre­ser­va­rá a saúde de pro­fe­so­res e alum­nos, se­gun­do in­di­can as in­ves­ti­ga­do­ras. De fei­to, a Axen­cia In­ter­na­cio­nal de In­ves­ti­ga­ción so­bre o Can­cro (AIRC) xa in­for­mou de que es­te com­pos­to é can­ce­rí­xeno pa­ra os hu­ma­nos, polo que o seu uso de­be­ría es­tar prohi­bi­do.

A téc­ni­ca que idea­ron as in­ves­ti­ga­do­ras do cam­pus lu­gués es­tá ba­sea­da nun­ha idea sin­xe­la, pe­ro in­no­va­do­ra: trá­ta­se do uso dun­ha sal­moi­ra ou so­lu­ción sa­li­na sa­tu­ra­da (sal de me­sa co­mer­cial), que se per­fun­de du­ran­te ho­ras polo sis­te­ma vas­cu­lar coa axu­da dun­ha bom­ba pe­ris­tál­ti­ca. Des­te xei­to, o ma­te­rial bio­ló­xi­co es­tá so­me­ti­do a un pro­ce­so de sal­ga­do des­de o in­te­rior, aín­da que man­tén a tex­tu­ra dos múscu­los e a mo­bi­li­da­de das ar­ti­cu­la­cións de xei­to si­mi­lar ás dun ani­mal vi­vo.

Se­gun­do ex­pli­can des­de a USC, a in­no­va­ción des­ta téc­ni­ca, —tes­ta­da con mos­tras e es­pé­ci­mes ani­mais aín­da que ex­ten­si­ble a hu­ma­nos e apta pa­ra o seu uso en prác­ti­cas de Ana­to­mía e Medicina—, ra­di­ca en «in­fil­trar du­ran­te ho­ras un­ha so­lu­ción sa­li­na sa­tu­ra­da pro­ce­den­do ao sal­ga­do do es­pé­ci­me que, lo­go des­te pro­ce­so, tam­pou­co re­qui­re con­di­cións de al­ma­ce­na­men­to es­pe­cial ata que se pro­ce­da á súa di­sec­ción.

Saúde de do­cen­tes e alum­nos

Lom­ba­de­ro e Ylle­ra des­ta­can que es­te no­vo mé­to­do, que em­pre­ga un­ha com­bi­na­ción sen com­pos­tos tó­xi­cos e que non xe­ra va­po­res no­ci­vos, é tec­ni­ca­men­te moi sin­xe­lo, ade­mais de re­sul­tar moi ba­ra­to —só se uti­li­za au­ga co­rren­te e sal—, polo que con­si­de­ran que po­de ter gran acep­ta­ción —e un­ha re­per­cu­sión po­si­ti­va na saúde de es­tu­dan­tes e do­cen­tes— en to­das as uni­da­des de Ana­to­mía que pre­ci­sen pro­ce­sar as mos­tras que uti­li­cen nas súas prác­ti­cas pa­ra pro­lon­gar o a súa vi­da útil.

Lom­bar­de­ro e Ylle­ra son in­ves­ti­ga­do­ras de Ve­te­ri­na­ria.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.