ANA VI­LA «Nun­ca se dá un proxecto sen que a comunidade se com­pro­me­ta con al­go»

IM­PUL­SO­RA DE AXU­NI­CA. COOPE­RAN­TE EN NICARAGUA DES­DE HAI 28 ANOS

La Voz de Galicia (Monforte) - Monforte local - - PROVINCIA - L.LÓ­PEZ

Ana Ma­ría Vi­la Mon­te­ro é o xer­me des­ta on­da­da de so­li­da­rie­da­de lu­cen­se.

—¿Can­to tem­po le­va en Nicaragua?

—Mar­chei tra­ba­llar alí hai 28 anos, sen­do mem­bro dun­ha or­de re­li­xio­sa, a Com­pa­ñía de Ma­ría. Por di­fe­ren­tes mo­ti­vos dei­xei a or­de, pe­ro non o meu com­pro­mi­so so­cial e, aín­da que fo­ra soa, se­guín tra­ba­llan­do en Nicaragua.

—¿Co­mo se creou Axu­ni­ca?

—Na­quel mo­men­to hou­bo moi­ta xen­te de Lu­go, so­bre to­do per­soas da do­cen­cia e, con­cre­ta­men­te, de escolas ru­rais, que me apoia­ron. E xun­tos vi­mos que a úni­ca for­ma de man­ter a axu­da e de con­ti­nuar fa­cen­do un bo tra­ba­llo era crean­do un­ha oe­ne- gué. E así na­ceu Axu­ni­ca.

—¿Can­tos so­cios te­ñen na ac­tua­li­da­de?

—Axu­ni­ca con­ta na ac­tua­li­da­de con máis de 200 so­cios, so­bre to­do de Lu­go, pe­ro ta­mén hai xen­te do res­to de Ga­li­cia e de Es­pa­ña. Eu fa­go un pou­co de pon­te en­tre Ga­li­cia e Nicaragua.

—¿Que ti­po de axu­da pres­tan en Nicaragua?

—Os proxectos que em­pren­de­mos son fun­da­men­tal­men­te os que nos so­li­ci­ta a xen­te, aín­da que son tres as gran­des ne­ce­si­da­des e nas que máis nos cen­tra­mos: educación dos ne­nos, axu­das a mu­lle­res e ali­men­ta­ción. Pe­ro hai un­ha pre­mi­sa que sem­pre cum­pri­mos: nun­ca se dá un proxecto sen que a comunidade se com­pro­me­ta con al­go, a xen­te ten que im­pli­car­se e fa­cer al­go po­la súa comunidade, iso é fun­da­men­tal pa­ra que poi­dan li­be­rar­se.

Ana Vi­la es­tá es­tes días en Lu­go

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.