Fei­joo anun­ciou tras o con­se­llo da Xun­ta que xa au­to­ri­zou pa­gar o equi­pa­men­to do au­di­to­rio

La Voz de Galicia (Monforte) - Monforte local - - LOCAL -

O pre­si­den­te do Go­berno ga­le­go, Al­ber­to Núñez Fei­jóo, des­ta­cou on­te tras o Con­se­llo da Xun­ta que xa fir­ma­ra a au­to­ri­za­ción da si­na­tu­ra dun con­ve­nio de co­la­bo­ra­ción co Con­ce­llo de Lugo pa­ra que a ad­mi­nis­tra­ción au­to­nó­mi­ca asu­ma o pa­go do equi­pa­men­to es­cé­ni­co do no­vo au­di­to­rio de Lugo.

Xa máis po­lo miú­do, Fei­jóo ex­pli­cou que o acor­do re­co­lle que a Xun­ta des­ti­ne máis de 3,5 mi­llóns de eu­ros a equi­par es­ta in­fra­es­tru­tu­ra, así co­mo ao seu man­te­men­to du­ran­te es­te ano.

A cam­bio des­te pa­ga­men­to a ad­mi­nis­tra­ción au­to­nó­mi­ca es­ta­rá exen­ta de pa­gar o im­pos­to de bens in­mo­bles (IBI) co­rres­pon­den­te a cinco cen­tros sa­ni­ta­rios e so­cios sa­ni­ta­rios de Lugo du­ran­te os vin­dei­ros ca­tro anos: o Hos­pi­tal Lu­cus Au­gus­ti, a re­si­den­cia das Gán­da­ras, o cen­tro Cu­rros En­rí­quez, o cen­tro Rúa Fon­ten­lo e o cen­tro das Fon­ti­ñas. Así mes­mo, o Con­ce­llo de Lugo de­be rea­li­zar as xes­tións pa­ra ob­ter os per­mi­sos, li­cen­zas e au­to­ri­za­cións e asu­mir os la­bo­res de man­te­men­to. Ese é o acor­do al­can­za­do en­tre Xun­ta e Con­ce­llo de Lugo.

Lo­go de lem­brar que es­te edi­fi­cio se cons­truíu gra­zas a un in­ves­ti­men­to de 20 mi­llóns de eu­ros, dos que o 95% foi fi­nan­cia­do con fon­dos da Xun­ta, nun­ha das ac­tua­cións máis im­por­tan­tes do Plan Hur­be, o pre­si­den­te do exe­cu­ti­vo ga­le­go su­bli­ñou que, se ben os te­rreos son de ti­tu­la­ri­da­de au­to­nó­mi­ca, o edi­fi­cio, cu­xa cons­tru­ción foi re­ma­ta­da en 2016, pa­sa­rá a ser de ti­tu­la­ri­da­de mu­ni­ci­pal. O Au­di­to­rio de Lugo dis­pón dun­ha su­per­fi­cie de 20.000 me­tros ca­dra­dos, que se re­par­ten en va­rias sa­las: a prin­ci­pal, con ca­pa­ci­da­de pa­ra 900 es­pec­ta­do­res; un­ha des­ti­na­da á ce­le­bra­ción de con­fe­ren­cias e con­cer­tos, con ca­pa­ci­da­de pa­ra 300 per­soas; lu­ga­res ha­bi­li­ta­dos pa­ra ac­ti­vi­da­des tea­trais, es­co­la de mú­si­ca e me­dia­te­ca; es­pa­zos de uso co­mún, cun­ha ca­fe­te­ría e zo­na de in­for­ma­ción e ven­da de en­tra­das; ade­mais dun­ha área des­ti­na­da a aco­ller con­gre­sos e ex­po­si­cións. Fei­jóo con­cluíu su­bli­ñan­do que es­te con­ve­nio, que se asi­na­rá ao lon­go das vin­dei­ras se­ma­nas, in­clúe ta­mén a cons­ti­tu­ción dun­ha co­mi­sión de se­gui­men­to que ve­la­rá po­lo cum­pri­men­to das obri­gas.

Po­lo de ago­ra o edi­fi­cio si­gue ba­lei­ro e sen vi­xi­lan­cia, po­lo que co­rre ris­co de que su­fra rou­bos ou ac­tos van­dá­li­cos.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.