«Que­re­mos que as em­pre­sas ve­xan co­mo al­go na­tu­ral con­tra­tar dou­to­res»

La Voz de Galicia (A Coruña) - Objetivo Innova - - Inversiones De Futuro - MA­NUEL VA­RE­LA Director da Axen­cia Ga­le­ga de In­no­va­ción

Ma­nuel Va­re­la é director da Axen­cia Ga­le­ga de In­no­va­ción, or­ga­nis­mo que se en­car­ga de po­ñer en va­lor o co­ñe­ce­men­to xe­ra­do en Ga­li­cia e fo­men­tar o I+D+i na co­mu­ni­da­de.

—Es­te pro­gra­ma pre­ten­de re­ter o ta­len­to. ¿Co­mo de­ci­di­ron po­ñe­lo en mar­cha?

—Pois xur­diu por va­rios si­tios. Pri­mei­ro por­que aín­da que hai re­cu­pe­ra­ción eco­nó­mi­ca e o pa­ro bai­xa, te­mos un­ha fe­ble­za eco­nó­mi­ca, que é o desem­pre­go xu­ve­nil, xen­te que re­ma­ta os seus es­tu­dos e non ato­pa tra­ba­llo. Por ou­tra ban­da, a Axen­cia ta­mén que­re con­se­guir que as em­pre­sas em­pre­guen a I+D+i, es­pe­cial­men­te as pe­mes e por aí sae a idea: re­cén ti­tu­la­dos que se po­den in­cor­po­rar no no­so te­ci­do pro­du­ti­vo e me­llo­rar as ca­pa­ci­da­des das em­pre­sas.

—O pro­gra­ma ao prin­ci­pio es­ta­ba pen­sa­do pa­ra 200 in­ves­ti­ga­do­res.

—Si, pe­ro co­mo Ga­li­cia cum­priu o dé­fi­cit ti­ve­mos un plus de fi­nan­cia­men­to por par­te do Go­berno e pui­de­mos am­pliar a ac­tua­ción a 300 per­soas.

—Os mo­zos in­ves­ti­ga­do­res po­den ser con­tra­ta­dos tan­to por or­ga­nis­mos pú­bli­cos co­mo por em­pre­sas pri­va­das, ¿non?

—O ver­da­dei­ro ob­xec­ti­vo des­te pro­gra­ma son as per­soas, fa­vo­re­cer a empregabilidade, que con­si­gan o seu pri­mei­ro em­pre­go. E se ade­mais se for­ta­le­cen as no­sas em­pre­sas moi­to me­llor.

—¿Con­tri­búe a ver co­mo al­go nor­mal a un dou­tor tra­ba­llan­do nun­ha em­pre­sa pri­va­da?

—En Ga­li­cia hai exem­plos de em­pre­sas que te­ñen un 20 ou 30 % de dou­to­res no ca­dro de per­soal, pe­ro é cer­to que a maio­ría das em­pre­sas non tra­ba­llan así e so­bre to­do as pe­mes non se plan­te­xan moi­to a I+D e me­nos un dou­tor. Que­re­mos que os dou­to­res for­ma­dos en Ga­li­cia non mar­chen fó­ra e fo­men­tar esa cul­tu­ra de que as em­pre­sas ve­xan co­mo na­tu­ral con­tra­tar a un dou­tor.

«O VER­DA­DEI­RO OB­XEC­TI­VO DES­DE PRO­GRA­MA SON AS PER­SOAS, FA­VO­RE­CER A EMPREGABILIDADE»

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.