¿In­no­va­ción= már­ke­ting?

La Voz de Galicia (A Coruña) - Objetivo Innova - - Ideas Renovadas - XO­SÉ LUIS RE­ZA Pre­si­den­te de Mar­kea, Aso­cia­ción Ga­le­ga de Mar­ke­ting, e do Clus­ter da Co­mu­ni­ca­ción Grá­fi­ca de Galicia.

Hai máis dun ano, a Zo­na Fran­ca de Vi­go con­vi­dou­me a fa­lar de in­no­va­ción e már­ke­ting na súa Fac­to­ría de In­no­va­ción. Xa da­que­la nos plan­te­xa­mos a mes­ma pre­gun­ta que ti­tu­la es­te ar­ti­go de ho­xe: ¿É o mes­mo o már­ke­ting e a in­no­va­ción? E a res­pos­ta non po­de ser máis ga­le­ga… sí e non, ¡de­pen­de!

Nun­ha de­fi­ni­ción es­tric­ta da in­no­va­ción fá­la­se de que as «ideas só re­sul­tan in­no­va­do­ras lo­go de se­ren im­ple­men­ta­das co­ma no­vos pro­duc­tos, ser­vi­zos ou pro­ce­de­men­tos, que ato­pan un­ha apli­ca­ción exi­to­sa, im­po­ñén­do­se no mer­ca­do a tra­vés da di­fu­sión». É di­cir, un­ha idea se trans­for­ma nun pro­du­to exi­to­so só se cu­bre un­ha ne­ce­si­da­de do no­so mer­ca­do —os no­sos clien­tes—.

E así, xa es­ta­mos fa­lan­do das 4 P’s do már­ke­ting. Mo­de­lo xa ve­llo, pe­ro den­de o meu pun­to de vis­ta, ple­na­men­te vi­xen­te. Imos ver al­gún exem­plos que ilus­tran es­ta re­la­ción di­rec­ta.

A P de Pro­du­to: ¿Co­mo se po­de in­no­var na de­fi­ni­ción dun pro­du­to ou ser­vi­zo?

Te­mos que es­coi­tar ao no­so po­ten­cial clien­te e ato­par aque­les va­lo­res que lles preo­cu­pen ou que lles con­ven­zan… e tra­tar de in­cor­po­ra­los aos no­sos pro­du­tos ou ser­vi­zos. Eu sempre fa­lo de «Tan­xi­bi­li­zar o in­tan­xi­ble e in­tan­xi­bi­li­zar o tan­xi­ble».

Se en­ga­di­mos un­ha ga­ran­tía de 7 anos a un co­che co­reano que non nos aca­ba­ba de con­ven­cer, fun­da­men­tal­men­te po­la mar­ca país, e ade­máis o anun­cia un te­nis­ta cun­ha ima­xe de es­for­zo, de sol­ven­cia, de se­gu­ri­da­de… se­gu­ro que pou­co a pou­co co­me­za­mos a mi­rar con ou­tros ollos ese co­che. E vi­ce­ver­sa, se en­ga­di­mos ele­men­tos tan­xi­bles —co­ma po­de ser un pac­ka­ging cha­ma­ti­vo— a un­ha es­ca­pa­da de fin de se­ma­na a un­ha ca­sa ru­ral, o va­lor per­ci­bi­do de ese aga­sa­llo, que ata o de ago­ra en­tre­gá­ba­se só nun pa­pel im­pre­so da ofi­ci­na, in­cre­mén­ta­se, ¿non sí?

Pois pa­ra mín iso é in­no­var, e por su­pos­to, é o día a día da no­sa pro­fe­sión.

A P de Pre­zo: Es­ta par­te me re­sul­ta máis com­ple­xa, pe- ro ase­gú­ros­lle que se in­no­va e moi­to á ho­ra de de­fi­nir o pre­zo de al­go. E se non pre­gún­ten­se co­mo é po­si­ble que o seu bi­lle­te de avión se­xa máis ba­ra­to que o do seu acom­pa­ñan­te, ou que a mes­ma ha­bi­ta­ción do ho­tel que alu­gou nas va­ca­cións do ano pa­sa­do te­ña a un pre­zo desor­bi­ta­do nes­te agos­to. Non é ca­sual, e den­de lo­go res­pon­de a fac­to­res de­ter­mi­na­dos po­la de­man­da.

¿Co­mo se po­de in­no­var na P de dis­tri­bu­ción?

Se sa­be­mos quen é o no­so clien­te sa­be­re­mos ca­les son as súas cos­tu­mes, e por tan­to ca­be­ría pre­gun­tar­se se hai al­gún es­pa­zo on­de poi­da­mos ca­zar ao no­so clien­te. As mes­mas cai­xas ver­me­llas que nos le­van a un fin de se­ma­na ru­ral, ¿on­de se ven­den? ¿Nun­ha axen­cia de via­xes? Non, vén­den­se en gran­des al­ma­ce­nes e hi­per­mer­ca­dos. Al­go in­no­va­dor, ¿non si? Pois con es­ta ló­xi­ca ábren­se ca­da día res­tau­ran­tes en pra­zas de abas­tos, hai agri­cul­to­res que traen o seu pro­du­to á ca­sa, gan­dei­ros que abren xe­la­de­rías, pe­rru­que­rías que te­ñen ser­vi­zo nas ha­bi­ta­cións dos ho­teis…

¿E en co­mu­ni­ca­ción? Que se po­de di­cir da in­no­va­ción na co­mu­ni­ca­ción… se par­ti­mos da ba­se de que hai que ser di­fe­ren­tes pa­ra sor­pren­der e atraer ao con­su­mi­dor, a in­no­va­ción é al­go in­he­ren­te á co­mu­ni­ca­ción. Pu­bli­ci­da­de, co­mu­ni­ca­ción in­ter­na, re­la­ción con me­dios, RSC, bran­ded con­tent, re­des so­ciais, reali­da­de au­men­ta­da, mar­ke­ting de gue­rri­llas, seo, sem, mar­ke­ting pro­gra­má­ti­co, nur­tu­ring… Te­ño que con­fe­sar que es­tou abraia­do do rit­mo ao que se mo­ve es­te sec­tor. E apai­soa­do coas sor­pre­sas que nos ofre­ce es­te mun­do da co­mu­ni­ca­ción.

En de­fi­ni­ti­va, ¿a in­no­va­ción e o mar­ke­ting son a mes­ma cou­sa? Non, pe­ro te­ñen tan­tos ele­men­tos en co­mún que po­de­ría­mos di­cir que son ir­máns. Ao fin e ao ca­bo es­ta­mos fa­lan­do de xe­rar va­lor pa­ra os no­sos clien­tes e sa­tis­fa­cer os ocos non cu­ber­tos po­la no­sa com­pe­ten­cia. Es­ta­mos fa­lan­do de ser úti­les.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.