A ban­da pre­sen­ta o tra­ba­llo en Ga­li­cia coa vis­ta pos­ta na súa ex­ten­sa xi­ra in­ter­na­cio­nal

La Voz de Galicia (Monforte) - - CULTURA - DO­LO­RES VÁZ­QUEZ

Pa­sa­tem­po, o no­vo ál­bum de Ra­dio Cos, che­ga a Ga­li­cia co pu­lo do éxi­to aca­da­do nas pre­sen­ta­cións en Ma­drid e Bar­ce­lo­na, os pa­ra­béns da crí­ti­ca es­pe­cia­li­za­da e coa vis­ta pos­ta no ex­te­rior, xa que te­ñen com­pro­me­ti­da un­ha xi­ra in­ter­na­cio­nal con pa­ra­das en Ca­na­dá, Ma­lai­sia, Re­pú­bli­ca Che­ca, Li­tua­nia e EE.UU., que ava­la un tra­ba­llo de anos e ta­mén a ca­pa­ci­da­de co­mo es­ca­pa­ra­te in­ter­na­cio­nal que su­pu­xo a súa par­ti­ci­pa­ción no úl­ti­mo fes­ti­val Wo­mex. «Abor­da­mos es­te dis­co des­de un­ha pers­pec­ti­va de mú­si­cas do mun­do, pe­ro des­ti­la o me­llor da no­sa esen­cia, é un tra­ba­llo máis en­xe­bre», re­su­me Xur­xo Fer­nan­des, can­tan­te e per­cu­sio­nis­ta, xun­to con Qui­que Peón, dun­ha for­ma­ción in­te­gra­da ade­mais po­los mú­si­cos Pe­dro La­mas (gai­ta e sa­xo so­prano), Ni­ko­lay Ve­li­kov (vio­lino) e Xan Pam­pín (acor­deón).

O fío con­du­tor e es­té­ti­co des­te dis­co xo­ga co par­que do Pa­sa­tem­po de Be­tan­zos, on­de o seu crea­dor es­tam­pou re­cor­dos do que viu nas súas via­xes e que se to­ma co­mo pre­cur­sor dos par­ques te­má­ti­cos. Es­te se­gun­do tra­ba­llo de Ra­dio Cos pre­ten­de ser un per­co­rri­do po­las me­lo­días coas que le­van tro­pe­zan­do nos seus do­ce anos de xi­ras in­ter­na­cio­nais. «É un­ha via­xe con ou­tras cul­tu­ras, sem­pre con mú- si­cas de raíz», ex­pli­ca Fer­nan­des so­bre es­ta gra­va­ción de dez pe­zas que pre­sen­ta­rán ma­ñá no tea­tro Rosalía da Co­ru­ña e o día 3 de fe­brei­ro, no au­di­to­rio mu­ni­ci­pal de Vi­go.

«Non nos in­tere­sa non chei­rar a nós», pun­tua­li­za Peón, que dei­xa cla­ro que reivin­di­can a súa ma­du­rez mu­si­cal, mais sem­pre den­de a tra­di­ción, con le­tras po­pu­la­res, aín­da que con arro­deos que lles per­mi­ten tran­si­tar po­la In­dia no pri­mei­ro cor­te, San­ta Ma­ri­ñis­tán; por Áfri­ca, na pe­za 100 pe­sos; ou por Bul­ga­ria no Ala­lá-gho­ró. Fó­ra dis­to o pou­so de Ra­dio Cos se­gue mar­ca­do por un­ha lí­ri­ca po­pu­lar que con­si­de­ran «atem­po­ral» e po­lo tra­ba­llo de re­co­lli­da que fi­xe­ron en­tre a xen­te maior po­las al­deas, un le­ga­do do que se sen­ten es­pe­cial­men­te or­gu­llo­sos.

O gru­po só fai un­ha con­ce­sión en Pa­sa­tem­po fó­ra das le­tras tra­di­cio­nais e é no Adiós ríos, adiós fon­tes, ache­gan­do un­ha no­va mú­si­ca a es­ta pe­za de re­fe­ren­cia no re­per­to­rio ga­le­go. Ra­dio Cos abór­daa dun xei­to sin­gu­lar, cun­ha ver­sión dun can­to tra­di­cio­nal pa­sa­do a tan­go que su­pón un­ha co­ne­xión coa emi­gra­ción ade­mais dun­ha ho­me­na­xe á pro­pia Rosalía, quen sou­bo tras­la­dar a súa poe­sía ás le­tras po­pu­la­res.

Co eco vi­to­rio­so aín­da do an­te­rior tra­ba­llo e as boas pers­pec­ti­vas des­te, din, con re­tran­ca, que un «ten­se que con­for­mar can­do as cou­sas ve­ñen de ca­ra».

O gru­po pre­sen­ta­rá ma­ñá o seu tra­ba­llo no co­ru­ñés Tea­tro Rosalía e o día 3, no au­di­to­rio mu­ni­ci­pal de Vi­go.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.