«As po­lí­ti­cas de trans­for­ma­ción en Fe­rrol ou A Co­ru­ña non se per­ci­ben»

La Voz de Galicia (Monforte) - - GALICIA - MAITE RODRÍGUEZ

Fran­cis­co Gar­cía dei­xa­rá de ser al­cal­de de Allariz ho­xe, des­pois de 18 anos con­ti­nua­dos no car­go. De­fen­de a trans­for­ma­ción do con­ce­llo fei­ta bai­xo o go­berno do BNG.

—Co­mo fo­ron as reac­cións ao seu anun­cio de re­nun­cia, tan­to en Allariz co­mo no BNG?

—Que­ro agra­de­cer as men­sa­xes que me fo­ron che­gan­do, co apre­cio dos ve­ci­ños polo la­bor rea­li­za­do. En­tén­de­se que hai un ci­clo e que se inicia un no­vo impulso en Allariz, cun­ha no­va xe­ra­ción, en­ca­be­za­da por Cristina Cid, que nos per­mi­ti­rá ter un­ha al­cal­de­sa por vez pri­mei­ra da man do BNG.

—Dei­xa os car­gos no Con­ce­llo, pe­ro asu­mi­rá res­pon­sa­bi­li­da­des po­lí­ti­cas a ni­vel au­to­nó­mi­co?

—For­mo par­te do con­se­llo na­cio­nal do BNG e te­ño un­ha im­pli­ca­ción di­rec­ta nas cam­pa­ñas xe­né­ri­cas e na to­ma de de­ci­sións. Ta­mén es­tou in­te­gra­do no con­se­llo lo­cal de Allariz e non vou des­co­nec­tar da mi­ña ac­ti­vi­da­de no BNG. Es­ta­rei cos com­pa­ñei­ros do gru­po de go­berno.

—Allariz amo­sou ser un exem­plo de co­mo afron­tar o des­po­boa­men­to do in­te­rior ou é un­ha illa den­tro do pa­no­ra­ma de arre­dor?

—É un mo­de­lo e un exem­plo de co­mo a po­lí­ti­ca po­de in­ci­dir no cam­bio e na trans­for­ma­ción da rea­li­da­de. Allariz, sen a re­vol­ta de 1989, se­ría ago­ra un con­ce­llo de tres mil ha­bi­tan­tes, co­mo Via­na ou Ma­ce­da, co­mo tan­tos ou­tros. Nós ga­ña­mos mil ha­bi­tan­tes men­tres ou­tros per­de­ron un ter­zo da súa po­boa­ción. E foi po­las po­lí­ti­cas mu­ni­ci­pais que se pu­xe­ron en mar­cha. Iso vai crean­do un sen­ti­men­to de or­gu­llo nos ve­ci­ños. Non é ca­sua­li­da­de nin un­ha illa. O de Allariz es­tú­da­se co­mo un ca­so em­pí­ri­co de trans­for­ma­ción da rea­li­da­de.

—Co­mo va­lo­ra a re­per­cu­sión pa­ra Ga­li­cia e pa­ra a pro­vin­cia dos cam­bios a ni­vel na­cio­nal?

—Es­tán in­ci­din­do xa. Des­de a pers­pec­ti­va do BNG, la­men­ta­mos que Ga­li­cia es­tea au­sen­te do de­ba­te e sen ca­pa­ci­da­de de con­di­cio­nar as de­ci­sións. A al­ter­nan­cia PP e PSOE non ten fa­vo­re­ci­do os in­tere­ses do no­so país.

—Que pers­pec­ti­vas lle ve ao BNG nas vin­dei­ras elec­cións mu­ni­ci­pais? Cre que re­cu­pe­ra­rá pre­sen­za nas ci­da­des?

—O BNG es­tá en tra­xec­to­ria as­cen­den­te des­pois das elec­cións galegas e co li­de­ra­do de Ana Pon­tón. O no­so tra­ba­llo nas ci­da­des é re­co­ñe­ci­do e ta­mén on­de go­ber­na­mos, co­mo Pon­te­ve­dra, Allariz, Car­ba­llo, To­mi­ño ou Moa­ña.

—Re­for­zou­se o BNG des­de que es­tá á fron­te Ana Pon­tón?

—Saíu moi re­for­za­do co seu li­de­ra­do e co tra­ba­llo que desen­vol­ve a exe­cu­ti­va en te­mas co­mo a trans­fe­ren­cia da AP-9 ou a ta­ri­fa eléc­tri­ca ga­le­ga. O BNG re­to­mou o pul­so da rúa.

—Co­mo va­lo­ra os go­ber­nos das ma­reas?

—No BNG fi­xe­mos un­ha opo­si­ción cons­tru­ti­va, apoian­do pro­pos­tas que po­dían ser po­si­ti­vas. Pe­ro as po­lí­ti­cas de trans­for­ma­ción en lu­ga­res co­mo A Co­ru­ña ou Fe­rrol non se per­ci­ben, co­mo si acon­te­ce en Pon­te­ve­dra.

—Ve po­si­ble un acor­do con esas for­zas, da­da a súa di­vi­sión ac­tual no Par­la­men­to, e con ou­tras nun es­ce­na­rio de re­tor­nar ao po­der na Xun­ta?

—A al­ter­na­ti­va ao PP ten que ser plu­ral e cun pe­so es­pe­cí­fi­co das for­zas na­cio­na­lis­tas. Moi­tos plans do BNG po­dían ser tras­la­da­dos á Xun­ta, pa­ra non fa­cer só un­ha po­lí­ti­ca ad­mi­nis­tra­ti­va. O BNG ten ex­pre­sa­do que non é un­ha op­ción sub­al­ter­na a ou­tras.

—No ca­so de che­ga­ren á Xun­ta, que te­rían que fa­cer di­fe­ren­te pa­ra non co­me­ter os erros do an­te­rior bi­par­ti­to?

—Se­rán ou­tros tem­pos e ou­tras cir­cuns­tan­cias. Hai moi­tas po­lí­ti­cas apro­vei­ta­bles, ade­mais de­sa ex­pe­rien­cia, nos ei­dos so­ciais, do me­dio ru­ral ou do mo­de­lo te­rri­to­rial. Hai que apren­der dos erros da­que­la eta­pa. O BNG fi­xo un­ha aná­li­se e é cons­cien­te dos te­mas nos que de­be in­ci­dir. O PP non o es­tá a fa­cer, é un de­le­ga­do do Go­berno do Es­ta­do. Hou­bo fal­ta de trans­fe­ren­cias de com­pe­ten­cias nes­te man­da­to, máis dé­be­da e caí­da de­mo­grá­fi­ca. De­be­mos fa­cer un es­for­zo gran­de pa­ra co­nec­tar cos sec­to­res aos que se di­ri­xe o BNG e de di­vul­ga­ción das pro­pos­tas.

—Pen­sa que a mar­cha de Feijoo de­bi­li­ta­ría ao PP elec­to­ral­men­te en Ga­li­cia ?

—O Go­berno do PP ten si­do moi ne­ga­ti­vo pa­ra Ga­li­cia. É ur­xen­te un cam­bio na Xun­ta. Se Feijoo vai asu­mir fun­cións no par­ti­do, non cam­bia­rá o pa­pel sub­si­dia­rio e se­gui­dis­ta do PP­deG res­pec­to ao Go­berno de Madrid.

MI­GUEL VI­LLAR

Fran­cis­co Gar­cía dei­xa ho­xe a al­cal­día de Allariz.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.