«Co­ñe­ces pal­mo a pal­mo o ba­rrio e a xen­te»

La Voz de Galicia (Ourense) - Especial1 - - News -

Or­ga­ni­zar as gran­des fes­tas dun dos ba­rrios máis im­por­tan­tes de Ou­ren­se non é ta­re­fa fá­cil. O que máis que­bra­dei­ros de ca­be­za lle deu ós dous in­te­gran­tes da co­mi­sión «foi a pre­sen­ta­ción da do­cu­men­ta­ción, so­bre to­do a re­la­cio­na­da coa ti­ra­da de fo­gos ar­ti­fi­ciais», ase­gu­ran.

Con­tan que as fes­tas ven­se den­de ou­tra pers­pec­ti­va for­man­do par­te da co­mi­sión: «Co­ñe­ces pal­mo a pal­mo o ba­rrio e a súa xen­te. Aín­da que le­va­mos vi­vin­do aquí moi­to tem­po nun­ca das co­ñe­ci­do tan ben a zo­na co­mo can­do es­tás na co­mi­sión» apun­ta Ca­ba­lei­ro.

Ter un­ha pá­xi­na de Fa­ce­book con cer­ca de 2.000 se­gui­do­res axu­dou na co­mu­ni­ca­ción cos ve­ci­ños: «Pre­gún­tan­nos so­bre to­do po­los ho­ra­rios das ac­ti­vi­da­des e so­bre to­do on­de van a es­tar as or­ques­tras», con­tan.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.