Do ins­ti­tu­to a to­car en EE. UU.

A ban­da Ago­rap­ho­bia ofre­ce­rá un con­cer­to o sábado en O Bar­co

La Voz de Galicia (Ourense) - Especial1 - - ESPECIAL OURENSE EN FIESTAS - X. M. R.

Non son des­co­ñe­ci­das para o pú­bli­co da vila, xa te­ñen ac­tua­do no Sil­fest, aín­da que Ago­rap­ho­bia che­ga des­ta vol­ta como un­ha das ban­das cabeza de car­tel para as Fes­tas do Cris­to e cun­has can­tas ex­pe­rien­cias e re­co­ñe­ce­men­tos desde que pa­sa­ran por O Bar­co.

Ago­rap­ho­bia é un­ha ban­da de Boi­ro que le­va reivin­di­can­do o seu es­pa­zo e de­fen­den­do un pro­xec­to sin­gu­lar que lle ten apor­ta­do pre­mios como o Mar­tín Có­dax. Sa­be­la Sam­pe­dro (gui­ta­rra), Ais­linn Gar­cía (gui­ta­rra), Su­sa­na Saa­ve­dra (voz e per­cu­sión), Pau­la Re­go (ba­te­ría) e Lu­cía Fer­nán­dez (bai­xo) li­de­ran un pro­xec­to que na­ceu no ano 2006 e que ti­vo a súa ori­xe na ami­za­de e a pai­xón po­la mú­si­ca dun­has ra­pa­zas que eran com­pa­ñei­ras de ins­ti­tu­to. A súa pri­mei­ra ma­que­ta, au­to­pro­du­ci­da, ía po­los ca­mi­ños do punk, aín­da que a evo­lu­ción da ban­da —pa­rón tem­po­ral, vol­ta ao pro­xec­to e os cam­bios na for­ma­ción— asen­tou a Ago­rap­ho­bia como un gru­po de cin­co ro­quei­ras cun son ca­rac­te­rís­ti­co que lles ten ser­vi­do para aca­dar ga­lar­dóns e ser se­lec­cio­na­das para par­ti­ci­par nun fes­ti­val en USA. Lo­go da­quel pri­mei­ro tra­ba­llo, e de asen­tar­se no pa­no­ra­ma mu­si­cal como un gru­po de rock de ga­ra­xe, che­gou o seu pri­mei­ro tra­ba­llo a pre­sen­za no pa­no­ra­ma mu­si­cal e nos cer­ta­mes e o pre­mio que lle deu o re­co­ñe­ce­men­to ne­ce­sa­rio para un­ha maior pro­xec­ción: o Vo­da­fo­ne Yu Mu­sic Ta­lent con­se­gui­do no 2013. Un­ha xi­ra por di­fe­ren­tes pun­tos do es­ta­do e par­ti­ci­par na fei­ra SXSW, de Aus­tin (Te­xas), fo­ron as se­guin­tes eta­pas.

As ar­tis­tas de Boi­ro re­gre­san a O Bar­co de Val­deo­rras para dar un con­cer­to na praia flu­vial do Ma­le­cón du­ran­te as Fes­tas do Cris­to.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.